www.amesanl.org/noticias/noticia_tipo.asp?IDNOTICIA=1210
enviado por Deposito hai 140 dias 2 horas 8 minutos, publicado hai 139 dias 23 horas 44 minutos
A Secretaría Xeral de Política Lingüística presenta unha nova campaña (En galego tes todo por vivir. Tócache!), que consiste, basicamente, en publicidade con carteis, anuncios na tele, na radio, etc., e nuns xogos e concursos (www.palabrasencadeadas.com). Mentres, a Mesa reclama “a suspensión inmediata” desta campaña e que o diñeiro previsto se reinvista en introducir o galego en diferentes ámbitos nos que está excluído.
“Hoxe non é posíbel vivir en galego, mais ese problema non se resolve con propaganda nin con autobombo”
comentarios
E por enriba a campaña parece que vai en bilingüe...
Rexistreime no xogo da campaña (www.palabrasencadeadas.com) e mándanme ao correo electrónico a seguinte castrapada, textualmente:
"Benvido o xogo da palabra.
Nos ponernos en contacto contigo para que confirmes tu solicitud de usuario.
¡Disfruta do xogo!"
(sic)
Ademais, no proceso de rexistro a listaxe de países tamén está en español (Ciudad del Vaticano, Isla de Navidad, Nueva Zelanda, Japón...).
En fin!
Era moito hora de que alguén do seu ámbito lles comezase a dicer as cousas un pouquiño claras...
Iso, iso, implantación!!
(agora habería que saber como...)
Este é o mesmo argumento demagóxico ca cando alguén di que por que se gasta en televisión cando hai persoas a morreren de fame en Somalia...
Pois si, por fin se escoita dicir o que moitos pensabamos da propaganda "a favor do galego".
En vez de gastar cartos dicindo "Podes falar en galego, non che hai problema ningún", que gasten o diñeiro en atacar a eses problemas. Que por suposto si que existen.
Tóchache ??? Toca-me!!! E muito, ademais!!! O que nom vou dizer aqui é o quê!!! Porrr favorrr!!!
Eu participei nunha reunión con outras sete persoas en vigo na que nos puxeron imaxes desta campaña para que a avaliaramos e opináramos sobre ela. Os galego falantes a consideramos unha chorrada. Os bilingües nen fu nen fa. E os castelán falantes gostaron dela. O mellor e que me pagaron 40 euros. Por certo fixen fincapé en que deberían promocionala a traverso das redes socias na internete. Osease Chuza.