www.xunta.es/linguagalega/arquivos/pregostecndicio.pdf
enviado por rufus hai 659 dias 11 horas 38 minutos, publicado hai 659 dias 7 horas 18 minutos
Política lingüistica esixe o uso do formato privativo .doc no prego ténico de adxudicación do concurso dun dicionario en liña castelán, protugués e inglés. requirese que a aplicación funcione sobre plataforma libre e cumplir estandares (.net ou .asp) pero non di nada de que a aplicación vaia ser de código aberto. Esta mesma situación producese na adxudicación do concurso dun tradutor galego--inglés, castelán--galego onde ainda requerindo o cumplimento de estandares, non se esixe en nengún momento que a aplicación sexa libre.
comentarios
Tradutores castelán<-->galego xa hai varios, algún en código aberto: www.opentrad.org/demo/
Máis en: www.xunta.es/linguagalega/contratacions
Deve ser que em formato fechado nom entram moscas...
Primeiro custou-lhes reconhecer os direitos dos/as trabalhadores/as,
após custou-lhes reconhecer direito das mulheres,
após custou-lhes reconhecer direito ao uso da própria língua,
agora custa-lhes reconhecer direito ao software livre e o conhecimento humano sem limites e patentes...
mm coido que tamém admitem pdf... de tôdolos jeitos si é certo que nom falam nada de que vaia ser aberto
.doc?????????? Noooooooooooooon estes panocos non se enteran o que esta agora de moda é ooxml, serán castigados por tan grande agrabio contra Spectra.
Esta claro que os politicos non se enteran de nada, con xentuza así no poder xa me diredes de que sirve ter estandares se eles usan e esixen o que lles manda a súa ignorancia.
Señores politicos hai xente preparada que os pode asesorar sobre estes casos.
Claro agora van e asesoaranse en 'agestic' que só hai que ver o deseño da web e o pasado do seu creador para entender que son uns autenticos iluminados do coñecemento.
Lamentable!!
Ese concurso vai ser moi polémico, porque como dixo #1 xa hai apertium, e pola cantidade que se levará a empresa, uns 50 "kilos", por algo que, en parte, xa está feito.
Máis en galiciaconfidencial.com/?p=2000
p.d.: algún recorda o q pasou coa traducción do OpenOffice?
No páxina 3 di:
3. O proxecto de execución presentarase en papel e en soporte electrónico
(formato de arquivo Word ou PDF).
A verdade é que o de galego-castelám nom sei a que vém mais tamém é certo que um tradutor inglês-galego-inglês nom se pode comparar, pois som línguas moito máis separadas.
Total, sempre que a Polícia Linguística, perdão, Política Linguística adjudica algo assim de grande, vai para os 'amigotes'. Não digo que aconteça sempre, mas dá-se essa terrível 'coincidência' com demasiada frequência.
É denunciable que non se esixan estándares e formatos abertos, como é denunciable que non se libere o produto, como o é tamén que non se teña en conta que xa existe unha boa parte do traballo feito.
Non teño datos nin coñecemento para saber se 1 ano é pouco tempo ou non, supoño que dependerá da cantidade de traballo que se lle poña enriba. Tampouco sei se vale de algo o mínimo corpus galego-inglés que xa ten feito o SLI da Univeridade de Vigo.
Supoño tamén, quizá demais, que o que xa está feito galego-castelán/castelán-galego serve para algo, como supoño que xa haberá moitas cousas por aí (libres ou non) para castelán-inglés/inglés-castelán,e quero supoñer q...
» ver todo o comentario
Oh my god, en .doc! a onde imos chegar, se o Microsoft Word non o utiliza ninguén! documentación en TXT e sen saltos de liña! ... en serio, NON SE ESIXE o formato .doc xa que tamén #6 dan a posibilidade de enviar a documentación en PDF (que ten licenza aberta)
Outra cousa é pagar eses cartos a unha empresa privada por unha cousa que xa existe sli.uvigo.es/tradutor/
#10 esixese dende o momento que se di que o formato editabel do documento ten que estar en formato .doc; senón so se especificaría un único formato , que podería ser por exemplo .pdf (que non é editabel ou outro calquera).
Conclusión: a Secretaría Xeral esixe que o formato editabel do documento se entregue en .doc; o formto non editabel en PDF.
Nota: incribel por outro lado que se permita o envio dun formato editabel para un concurso.
temos que montar aqui nós um grupo e ir ò concurso
#11 O PDF tampouco é 100% ineditável...
#13 fectivamente e o DOC podese protexer contra as edicións
#11 Nas bases non vexo iso que dis pon "O proxecto de execución presentarase en papel e en soporte electrónico (formato de arquivo Word ou PDF)." nada de editábel ou non. Tampouco vexo por que tanta polémica, guste ou non o .doc non deixa de ser un estandar de feito no mundo ofimático.