Pecha Aduaneiros Sem Fronteiras baixo ameaza do avogado de Yolanda Castaño

"Sendo requiridos por Dom Pablo Carvajal de la Torre, representante legal de Dona Yolanda Castaño Pereira, a retirar do nosso site o desenho gráfico “Tu Quoque Iolanda?” e os comentários a ele adjuntos, baixo ameaça de demanda judicial por delitos de injurias com publicidade, e nom querendo ferir a delicada sensibilidade da nossa insigne poetisa (...), vimos de decidir fechar o nosso site em quanto o nosso legítimo direito à liberdade de expressom nom se veja a salvo de coacçons judiciárias fóra de lugar".
145 comentariosen gráfica
tags: aduaneiros, asf, humor, yolanda castaño karma: 350.00
votos de usuarios: 102, votos anónimos: 151

comentarios

  1. #1   

    AVISO: no caso de habelos, borrarei todos os comentarios que sexan inxuriosos, que despois xa vedes o que pasa...

    votos: 0, karma: 0
    escrito por berto hai 626 dias 6 horas 24 minutosberto
  2. #2   

    :-O :-O :-O :-O :-O :-O
    Estou flipando.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por lourixe hai 626 dias 6 horas 23 minutoslourixe
  3. #3   

    que barbaridade...

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Reidotoxo hai 626 dias 6 horas 23 minutosReidotoxo
  4. #4   

    Pois xa quedei sen fondo de escritorio, que quería baixar un de ASF. A última vez que estiven en casa tiven a oporunidade de ver á señorita Castaño facendo un papelazo co compañeiro de cifras e letras e o presentador que presenta o mesmo formato en Telemadrid. O programa estaba adicado a César Antonio Molina e pasaron todo o tempo louvando ao novo Ministro de Cultura do Gobierno de España. O espectáculo foi do máis lamentable e noxento que vin en TV en moito tempo.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por avisionperiferica hai 626 dias 6 horas 22 minutosavisionperiferica
  5. votos: 0, karma: 0
    escrito por avisionperiferica hai 626 dias 6 horas 17 minutosavisionperiferica
  6. #6   

    O peor é que nese comercio, hai 15 dias merquei un agasallo e ao envolvelo a etiqueta da tenda puña no enderezo "Rúa Real, La Coruña".

    P.D. O comentario relacionado "xugoso" é o deste link: www.xornal.com/commentShow.php3?sid=200703091021007

    votos: 0, karma: 0
    escrito por lourixe hai 626 dias 6 horas 15 minutoslourixe
  7. #7   

    #5 Relacionado en que? No mesmo ca esta, supoño: www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pNumEjemplar=28686

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Modesto hai 626 dias 6 horas 4 minutosModesto
  8. #8   

    por delitos de injúrias com publicidade ?!

    votos: 0, karma: 0
    escrito por one2 hai 626 dias 6 horas 2 minutosone2
  9. votos: 0, karma: 0
    escrito por berto hai 626 dias 6 horas 1 minutoberto
  10. #10   

    Um passo por diante: este comentário foi apagado antes de se escrever para evitar ser apagado após a sua escritura.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Sal hai 626 dias 6 horas 1 minutoSal
  11. votos: 0, karma: 0
    escrito por berto hai 626 dias 5 horas 57 minutosberto
  12. #12   

    Isto non ten moita diferencia co rapto da edición de El Jueves por parte daquel xuiz.

    Síntocho moito berto. Pero máis o a de sentir a liberdade de expresión neste país, á que lle acaban de dar unha boa patada na entreperna :-(

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Spaviladiyo hai 626 dias 5 horas 57 minutosSpaviladiyo
  13. votos: 0, karma: 0
    escrito por berto hai 626 dias 5 horas 57 minutosberto
  14. #14   

    Semella que está de (perversa) moda meterse cos debuxantes, xa sexa por facer debuxos de Mahoma, por debuxar ós prícipes de Borbón fodendo, ou a unha inculta literata.

    Imos mal.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por anxo hai 626 dias 5 horas 49 minutosanxo
  15. #15   

    Que fuerrrrrte!!
    O primeiro que me veu á cabeza foi rir ata escachar... despois parei e pensei: que chungo, tío!

    uk.youtube.com/watch?v=xWzkJzDwBE0

    votos: 0, karma: 0
    escrito por ifrit hai 626 dias 5 horas 48 minutosifrit
  16. #16   

    Que vai ser dos blogomillonanistas agora, pordiós!!!

    votos: 0, karma: 0
    escrito por nozzilla hai 626 dias 5 horas 42 minutosnozzilla
  17. #17   

    Os mitos caen... Liberdade de qué?

    Efectivamente, isto ten que ver co dos debuxos de mahoma porque os mesmos que agora censuran un debuxo antes censuraron a outros por "tomarse tan violentamente" un debuxo...

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Kandpalleiro hai 626 dias 5 horas 42 minutosKandpalleiro
  18. #18   

    eu polo de pronto teño o html desa páxina gardado e salvado, antes de que desaparecera. fódeme non ter feito o mesmo con todo o blog dos aduaneiros. ánimo, compañeiros. o vóso humor "fundará dinastías"!!

    votos: 0, karma: 0
    escrito por tolemicas hai 626 dias 5 horas 37 minutostolemicas
  19. votos: 0, karma: 0
    escrito por berto hai 626 dias 5 horas 36 minutosberto
  20. #20   

    Lamentable.
    Aduaneiros, Descansen no Bar

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Ghanito hai 626 dias 5 horas 35 minutosGhanito
  21. #21   

    E digo eu sin acritú, era necesario pechar o blog enteiro ou con eliminar (temporalmente ate novo aviso) esa entrada chegaria?

    votos: 0, karma: 0
    escrito por suevo hai 626 dias 5 horas 31 minutossuevo
  22. #22   

    #21 a resposta a esa pregunta está en esta liña: "questionando-nos até que ponto tem sentido continuar a fazer humor gráfico neste país e a desenvolver umha autocrítica da razom galega, vimos de decidir fechar o nosso site por enquanto o nosso legítimo direito à liberdade de expressom nom se veja a salvo de coacçons judiciárias fora de lugar."

    votos: 0, karma: 0
    escrito por berto hai 626 dias 5 horas 29 minutosberto
  23. #23   

    QUE!?

    votos: 0, karma: 0
    escrito por martinho hai 626 dias 5 horas 22 minutosmartinho
  24. #24   

    Non lin nin o requirimento nin os comentarios que o motivaron, pero ASF estaba sen moderar comentarios nin eliminar o spam desde hai moitísimo tempo (cando menos así era cando se publicou aquela chuzada da desaparición do dominio). Podía haber aí calquera cousa.

    Se había, que non o sei, algún comentario que denigraba a honra de calquera persoa coido que é evidente que a persoa afectada está no dereito de esixir a súa retirada e unha rectificación, nesta web ou en calquera outra.

    Se o que pasa é que o administrador pasa de moderar e xestionar iso xa é outro cantar. A liberdade de expresión ten límites até nos podereosos media tradicionais. Así que moito me temo que o que toca (e nos toca) é o que di medio en coña medio en serio Berto en #1.

    Se non hai medios ou recursos para controlar o que publicas, ou para evitar o abuso que terceiros fan da túa páxina, non queda outra que modular o que se di, botar o pecho ou afrontar as consecuencias.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Calidonia hai 626 dias 5 horas 22 minutosCalidonia
  25. votos: 0, karma: 0
    escrito por ifrit hai 626 dias 5 horas 19 minutosifrit
  26. #26   

    este comentario poñia o mesmo que #25

    votos: 0, karma: 0
    escrito por berto hai 626 dias 5 horas 19 minutosberto
  27. #27   

    #24 Oquei ao dos comentarios, baixo ningún concepto a gráfica.

    A risco de que me denuncien por lincar a caxé de google (anque primeiro deberían denunciar a google por gardar a caxé das cousas malas):

    64.233.183.104/search?q=cache:kmi29eqBLl0J:www.aduaneirossemfronteirasa

    votos: 0, karma: 0
    escrito por orsinia hai 626 dias 5 horas 15 minutosorsinia
  28. #28   

    #27 Si, completamente de acordo, por descontado. Tampouco me parece mal tirar proveito victimista en plan Jueves, pero eu deixaría o google ad-sense aí ao lado do comunicado :-D

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Calidonia hai 626 dias 5 horas 13 minutosCalidonia
  29. #29   

    Consoante o lido neste artigo, queremos engadir unhas cifras e letras:

    6728742845789

    Aduaneiros Sen Fronteiras, presos poéticos

    Estamos con La-peña

    O de Yolanda pasa de Pardo a Castaño

    Yolanda Castaño, castelanismo




    www.arredemo.info/arredrupal/node/90

    votos: 0, karma: 0
    escrito por martha hai 626 dias 5 horas 9 minutosmartha
  30. #30   

    Treme Archive.org!

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Calidonia hai 626 dias 5 horas 4 minutosCalidonia
  31. #31   

    As ameazas de Yolanda Castaño pechan os ‘Aduaneiros sem Fronteiras’

    galiciaconfidencial.com/?p=2056

    (con foto do censurado)

    votos: 0, karma: 0
    escrito por osusinho hai 626 dias 5 horas 2 minutososusinho
  32. #32   

    ui!, con esta reacción non tardarán en lle dedicar a festa hortera da radio Kalimera o ano que vén...

    votos: 0, karma: 0
    escrito por tolemicas hai 626 dias 4 horas 54 minutostolemicas
  33. votos: 0, karma: 0
    escrito por berto hai 626 dias 4 horas 51 minutosberto
  34. #34   

    Meu Deus!, agora o avogado de YC vai pechar o meu blogue!! :-D xD

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Ghanito hai 626 dias 4 horas 50 minutosGhanito
  35. votos: 0, karma: 0
    escrito por ifrit hai 626 dias 4 horas 47 minutosifrit
  36. #36   

    como pode ser?????????????
    (non podo entendelo)

    votos: 0, karma: 0
    escrito por oko hai 626 dias 4 horas 46 minutosoko
  37. #37   

    En vista da dimensión que seguramente colla o asunto, eu de ser Yolanda Castaño despediría xa o avogado. Non a aconsellou nada ben.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por orsinia hai 626 dias 4 horas 44 minutosorsinia
  38. #38   

    #37 é que con eses titulares que fas, é ir provocando un algo :-D

    votos: 0, karma: 0
    escrito por ascarida hai 626 dias 4 horas 44 minutosascarida
  39. #39   

    #38 joer, hai quen se sinte provocado con calquera cousa :-P

    votos: 0, karma: 0
    escrito por orsinia hai 626 dias 4 horas 33 minutosorsinia
  40. #40   

    Primeiro começamos com unhas caricaturas de nada... e assí acavamos!

    votos: 0, karma: 0
    escrito por peeler hai 626 dias 4 horas 32 minutospeeler
  41. #41   

    Que dispón de blog debería reproducir a imaxe e o texto que aparecía en aduaneiros. Que nos denuncie a todos. Si non é por iso, nos denunciarán por outra cousa.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por lampiao hai 626 dias 4 horas 10 minutoslampiao
  42. #42   

    A ver, sentidiño. Alguén non ten claro que a censura é polos comentarios e non polo deseño de Aduaneiros? Obxectivamente falando, non me entrar en disquisicións sobre que molestou máis a YC...

    É mexar fóra do testo falar de atentado contra a liberdade de expresión cando o que hai é unha autocensura do autor ou autores, pois un requirimento dun avogado non significa que haxa unha decisión xudicial nin que a xustiza estea por medio.

    Se eu estivese convencido de que me censuran un deseño, o publico igual e a xuízo. Se non coñecéramos aos aduaneiros até cabería falar de victimismo interesado en todo isto (ou de comodidade vamos).

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Calidonia hai 626 dias 4 horas 7 minutosCalidonia
  43. #43   

    #42 É uma suposiçom tua ou conheces o texto do requerimento que enviou o advogado de Yolanda?

    votos: 0, karma: 0
    escrito por postscriptum hai 626 dias 4 horas 6 minutospostscriptum
  44. #44   

    #42 Para deixalo claro: ofreceuselle borrar os comentarios inxuriosos e deixar a gráfica e a resposta foi que ou se quitaba todo ou ia a xuizo.

    sentidiño, si... :-)

    votos: 0, karma: 0
    escrito por berto hai 626 dias 4 horas 2 minutosberto
  45. #45   

    Berto, eu deixaría o deseño e a xuízo, téñoo claro. Se precisas financiamento para un avogado conta(de) comigo. Total, estaría gañado.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Calidonia hai 626 dias 4 horasCalidonia
  46. #46   

    O deseño orixinal, aquí:
    astuasbalas.com/2007/10/16/gila/

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Cesare hai 626 dias 3 horas 49 minutosCesare
  47. votos: 0, karma: 0
    escrito por mourullo hai 626 dias 3 horas 45 minutosmourullo
  48. #48   

    #46, pois veña, contra-campaña no blogomillo! :-)

    votos: 0, karma: 0
    escrito por suevo hai 626 dias 3 horas 43 minutossuevo
  49. votos: 0, karma: 0
    escrito por berto hai 626 dias 3 horas 43 minutosberto
  50. #50   

    #46 autobombo. Votación nos comentarios xa :-D

    votos: 0, karma: 0
    escrito por aluguer hai 626 dias 3 horas 42 minutosaluguer
  51. votos: 0, karma: 0
    escrito por mourullo hai 626 dias 3 horas 35 minutosmourullo
  52. #52   

    Unha cousa é criticar a alguén, que é completamente lexítimo e é algo que toda personaxe pública debe asumir como parte do seu traballo, e outra moi distinta aldraxar, humillar e soltar estupideces sobre calquera.

    Os comentarios da páxina eran ofensivos e ninguén os eliminou, e iso pasaba tamén noutras páxinas de Aduaneiros. Non sei por que carallo a xente atopa divertido insultar e espallar historias falsas sobre as persoas, e non creo que (se como di Berto, foron requeridos para eliminar eses comentarios e se negaron a facelo) haxa ningún atentado contra a liberdade de expresión.

    Ás veces este chuza parece un club de machos nacionatas, dígoo por moitos comentarios que vexo aquí e por outros que se poñen con noticias (?) sobre "galegas espidas" e temas do estilo.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Lidor hai 626 dias 3 horas 31 minutosLidor
  53. #53   

    #52 lee ben o que dixen... cando o avogado se puxo en contacto pediu eliminar os comentarios e a gráfica e o primeiro que se fixo foi responder ofrecendo a eliminación dos comentarios pero a ameaza xudicial non vairou, querian a eliminación de todo, ou denunciaban...

    votos: 0, karma: 0
    escrito por berto hai 626 dias 3 horas 29 minutosberto
  54. #54   

    Con aduaneiros. Únome á campaña.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por chimpin hai 626 dias 3 horas 29 minutoschimpin
  55. #55   

    #52 Lidor, aconsélloche que leas dúas veces o comentario #44. Entendíchelo ao revés.

    E que teñen que ver as galegas espidas (por outra parte admirábeis) con este asunto?

    votos: 0, karma: 0
    escrito por orsinia hai 626 dias 3 horas 27 minutosorsinia
  56. #56   

    #53 E déronse conta agora de que os comentarios eran impublicables? Vaia concepto de liberdade...

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Lidor hai 626 dias 3 horas 26 minutosLidor
  57. votos: 0, karma: 0
    escrito por besbellinha hai 626 dias 3 horas 20 minutosbesbellinha
  58. #58   

    #52 Lin os comentarios na caché do Google e non atopei ningún que merecera a contratación dun avogado... E despois de ler #44 é visto que ou o dos cometarios é unha excusa ou YC está mal aconsellada.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por ifrit hai 626 dias 3 horas 19 minutosifrit
  59. votos: 0, karma: 0
    escrito por mourullo hai 626 dias 3 horas 15 minutosmourullo
  60. #60   

    #55 Pois mira, teñen que ver que se o deseño de Aduaneiros podía ter ou non a súa coña, que aí nin me vai nin me vén, os comentarios eran machistas. Ninguén se mete nunca con Manuel Rivas nin con outros "bollos" machos da literatura, marquen paquete ou gasten en perruqueiros ou na estética que lles dea a gana. As galegas espidas non sei se son admirabeis, o que é pouco admirábel é que todo isto lle caia encima a unha muller por insistir, é cousa dela, nunha determinada estética. Daquela todo o mundo se cre autorizado a pasar do "está boísima" ou "é un callo" (unha apreciación persoal) a comentarios insultantes. Se a ti non che parece de machotes reprimidos, ti mesm@. Ocorre...

    » ver todo o comentario

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Lidor hai 626 dias 3 horas 12 minutosLidor
  61. #61   

    #58 Dubido que o avogado discernira entre borrar os comentarios e deixar o deseño, ou quitar todo. Polo tanto, é evidente que está mal aconsellada.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Calidonia hai 626 dias 3 horas 12 minutosCalidonia
  62. #62   

    #55 Pregunta: ¿Porqué non espuxeches este razoamento nos comentarios dispostos a tal uso no post que había en Aduaneiros? ¿E que gostas de facer ferida agora que pasou isto?

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Spaviladiyo hai 626 dias 3 horas 11 minutosSpaviladiyo
  63. #63   

    #55 chamarlle 'cambiachaquetas' a YC por aceptar un traballo en Sargadelos despois de apoiar a Díaz Pardo non sei eu que teña que ver co machismo. E se o que querían era a retirada de todo, incluindo o deseño, o poblema non era de inxurias, senon de pouco sentido do humor, ou de YC ou do seu avogado.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Ghanito hai 626 dias 3 horas 7 minutosGhanito
  64. votos: 0, karma: 0
    escrito por ifrit hai 626 dias 3 horas 4 minutosifrit
  65. #65   

    Por certo, se tes pasado por aquí algunha vez, seguro que leerias máis dalgún comentario meténdose con Suso de Todo ou Manolito Rivas...Pero o dito, tentar facer leña do árbol caído agora é bastante deleznable, ruín, patético...

    Alguén que avise a YC para que me chive algún sinónimo máis

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Spaviladiyo hai 626 dias 3 horas 4 minutosSpaviladiyo
  66. #66   

    #63 Non desvíes a cuestión, aquí ninguén fala de críticas lexítimas, senón de insultos. E repito que é unha irresponsabilidade abrir unha páxina e non controlar as babosadas que solta a xente sen poñer o seu nome debaixo.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Lidor hai 626 dias 3 horas 3 minutosLidor
  67. #67   

    #65 lamentabel: 10 letras

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Ghanito hai 626 dias 3 horas 3 minutosGhanito
  68. #68   

    #66 Querer limitar a liberdade de expresión por vía xudicial (e non falo de permitir inxurias) é moi grave. O dereito penal é a última medida legal.
    O que plantexou ese requerimento queda claro que vai contra a crítica, ó pedir que se retire todo e non só que se apaguen os comentarios en maior ou menor medida inxuriosos (como conta Berto que aceptaron facer).

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Ghanito hai 626 dias 3 horasGhanito
  69. #69   

    #60 Eu o que penso é que os insultos só definen a quen os fai. E a maneira de levalos define o insultado. Fronte ás aldraxes en internet as escritoras galegas están tan desprotexidas como calquera, haberá a quen lle afecten moito e haberá a quen lle dean igual. Pero da súa propia metedura de pata ao contratar un avogado de todoacen para que a defendera da peor maneira, diso quen a defende?

    votos: 0, karma: 0
    escrito por orsinia hai 626 dias 2 horas 53 minutosorsinia
  70. #70   

    #69 prégolle que retire ese comentario de avogado de todoacen que considero inxurioso, dona Orsinia :-D xD

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Ghanito hai 626 dias 2 horas 48 minutosGhanito
  71. #71   

    #60 Se algo caracterizou de sempre ao feminismo foi o nom usar da censura para se defender. A censura só foi usada para o atacar. Há armas que as pessoas que defendemos a igualdade de gênero deveriamos renunciar a utilizar, sobre todo quando afectam a algo tam básico como a liberdade de expressom. É certo que muitos comentários sobre a Yolanda som sexistas, mas ela tem o dom da palavra e o acesso a meios de comunicaçom de massas para lhes responder como outras nom podemos. Recorrer a medidas de tipo judicial -ou ameaçar com fazê-lo- é o mais fácil mas também o mais perigoso: a arma pode revirar-se e acabar por danar a quem a empunhou.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por farangulha hai 626 dias 2 horas 38 minutosfarangulha
  72. #72   

    #70 Vaia por diante que non coñezo de nada a Pedro Carvajal, que os seus bos euros cobrará. A Yolanda si e cáeme ben, por iso me fastidia que se metera neste berenghenal que non a beneficia para nada. É o que ten matar moscas a canonazos.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por orsinia hai 626 dias 2 horas 37 minutosorsinia
  73. votos: 0, karma: 0
    escrito por chimpin hai 626 dias 2 horas 37 minutoschimpin
  74. #74   

    Máis autobombo, xa que estamos niso: chantosnachaira.blogspot.com/2007/10/sangue.html
    xD xD

    votos: 0, karma: 0
    escrito por lourixe hai 626 dias 2 horas 33 minutoslourixe
  75. votos: 0, karma: 0
    escrito por suevo hai 626 dias 2 horas 31 minutossuevo
  76. #76   

    Poñede, poñede, que eu vou actualizando os lazos do meu blog. :-)
    Estou a poñervos a todos, non vos queixar.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por chimpin hai 626 dias 2 horas 31 minutoschimpin
  77. votos: 0, karma: 0
    escrito por ifrit hai 626 dias 2 horas 16 minutosifrit
  78. #78   

    Non pode ser certo!!. É o día dos inocentes?

    E esta Yolanda quen se cre que é a Raiña de Galicia??

    votos: 0, karma: 0
    escrito por xonas hai 626 dias 2 horas 15 minutosxonas
  79. votos: 0, karma: 0
    escrito por mourullo hai 626 dias 2 horas 12 minutosmourullo
  80. votos: 0, karma: 0
    escrito por zerovacas hai 626 dias 1 hora 58 minutoszerovacas
  81. votos: 0, karma: 0
    escrito por petopitopato hai 626 dias 1 hora 54 minutospetopitopato
  82. #82   

    Eu xa o porei no blogue mañá, que agora estou na cama e non me apetece poñerme con esas lerias... :-D

    Avante Alfandegarios!!! www.culturagalega.org/imaxes/edicion/tem_4795.jpg

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Galegoman hai 626 dias 1 hora 50 minutosGalegoman
  83. #83   

    #81 duplicada :-D #47

    votos: 0, karma: 0
    escrito por ifrit hai 626 dias 1 hora 50 minutosifrit
  84. #84   

    ifrit... ben se che da o searching :-) so é para os que non gosten de ler toda-las entradas... ;)

    votos: 0, karma: 0
    escrito por petopitopato hai 626 dias 1 hora 41 minutospetopitopato
  85. #85   

    #84 teño memoria para cousas estúpidas e irrelevantes :-D

    votos: 0, karma: 0
    escrito por ifrit hai 626 dias 1 hora 39 minutosifrit
  86. #86   

    Pois eu estou coa poeta. Se nom quer aparecer em Aduaneiros, pois já com isso chega.
    O de fechar a totalidade do website nom era preciso; eu vejo-o mais como umha desculpa para deixar de actualizar algo que já andava bastante morto. Em qualquer caso, Aduaneiros foi grande!

    votos: 0, karma: 0
    escrito por malpocado hai 626 dias 1 hora 37 minutosmalpocado
  87. #87   

    #86 Facédenos rir pero non molestedes, ou algo así, non? puf!

    votos: 0, karma: 0
    escrito por ifrit hai 626 dias 1 hora 34 minutosifrit
  88. #88   

    #87 Nom, melhor deixade que me chamem putinha, mas nom se passa nada... era brincadeira, nom? puf! :-P

    votos: 0, karma: 0
    escrito por malpocado hai 626 dias 1 hora 30 minutosmalpocado
  89. #89   

    #88 que os Aduaneiros chamaron 'putinha' a YC?! coido que non te estás enterando de nada... non serás ti o avogado dela ou un dos seus conselleiros?

    votos: 0, karma: 0
    escrito por ifrit hai 626 dias 1 hora 25 minutosifrit
  90. #90   

    #89 A ver, te ex-pli-co las co-sas. Lo de pu-ti-nha no e-ra li-te-ral...

    Pois sim, se calhar nom me entram as cousas tam facilmente, é que devo ser parvo por discrepar. Ainda assim, lembro a tónica dos comentários que ali havia e nom eram precisamente exemplo de respeito.

    E havia que fechar todo o site, ou é que somos mártires e impacta mais o de "Pechado por pré-ordem judicial"...

    votos: 0, karma: 0
    escrito por malpocado hai 626 dias 1 hora 18 minutosmalpocado
  91. #91   

    Concordando com #90. Som simpáticos estes de Aduaneiros. Sabiamos que nom estavam com vontade de trabalhar muito mais no projecto (algo absolutamente respeitável e até lógico, pois é sempre dificil manter a imaginaçom e criatividade ad eternum). Mas, o que fazem agora, aproveitam essa ameaça (que nom entro a valorar) para culpar a outros dum feche anunciado há meses e da falta de ganas de continuar com o chiringuito. Sejamos honestos caralho. Fechamos porque queremos fechar e ponto!!! Típico galaico botar a culpa aos outros dos nossos problemas.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por MaisUm hai 626 dias 1 hora 4 minutosMaisUm
  92. #92   

    Tudo o capital simbólico ganhando por esse projeto ao longo do tempo ficou diluído agora dum dia para outro com essa absoluta falta de honestidade.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por MaisUm hai 626 dias 56 minutosMaisUm
  93. votos: 0, karma: 0
    escrito por pinheiro hai 626 dias 42 minutospinheiro
  94. #94   

    Ese avogado é un tollemerendas e un pingalasverzas. Que contrate a Rodríguez Menéndez xa!!

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Cesare hai 625 dias 22 horas 18 minutosCesare
  95. #95   

    tollemerendas: 13 letras
    pingalasverzas: 14 letras

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Cesare hai 625 dias 22 horas 17 minutosCesare
  96. #96   

    #91 Mellor dito, que despida a este avogado e tamén a Rodríguez Menéndez e que contrate a MaisUm: a apoteose do delirio...

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Cesare hai 625 dias 22 horas 15 minutosCesare
  97. #97   

    Xa falan disto na galipedia: gl.wikipedia.org/wiki/Yolanda_Casta%C3%B1o

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Ghanito hai 625 dias 19 horas 29 minutosGhanito
  98. #98   

    Non sei quen dixera que a categoría obituarios (que por certo, esta nova non está, pero coma se estivera) era un un karma-maker, pero o caso é que moita razón ten... máis de 114 chuzadas en pouco máis de 12 horas... e subindo...

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Reidotoxo hai 625 dias 17 horas 50 minutosReidotoxo
  99. votos: 0, karma: 0
    escrito por berto hai 625 dias 17 horas 36 minutosberto
  100. #100   

    ah... 100!!!

    #92 poderemos vivir con iso :-D:-D:-D

    votos: 0, karma: 0
    escrito por berto hai 625 dias 17 horas 13 minutosberto
  101. #101   

    Pero con todo isto hai publicidade a esgalla tanto para Iolanda coma para os Aduaneiros. Agora só hai que rendibilizala.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por spider hai 625 dias 17 horas 11 minutosspider
  102. votos: 0, karma: 0
    escrito por berto hai 625 dias 16 horas 51 minutosberto
  103. #103   

    Mágoa.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por gerardinho2000 hai 625 dias 16 horas 40 minutosgerardinho2000
  104. #104   

    #91 MaisUm tem razom, isso foi o que me pareceu de primeiras, mais a verdade é que eu nom tenho seguido moito aduaneiros, polo que nom sei exatamente como ia a cousa :-P

    votos: 0, karma: 0
    escrito por one2 hai 625 dias 16 horas 30 minutosone2
  105. votos: 0, karma: 0
    escrito por berto hai 625 dias 16 horas 27 minutosberto
  106. #106   

    #85 ... pois ben mal que a usas... :-)

    votos: 0, karma: 0
    escrito por petopitopato hai 625 dias 15 horas 33 minutospetopitopato
  107. #107   

    #106 ei! eu non che teño culpa, eu non a elexín, xa viña así de fábrica :-P

    votos: 0, karma: 0
    escrito por ifrit hai 625 dias 15 horas 28 minutosifrit
  108. votos: 0, karma: 0
    escrito por choutos hai 625 dias 15 horas 1 minutochoutos
  109. votos: 0, karma: 0
    escrito por zerovacas hai 625 dias 14 horas 16 minutoszerovacas
  110. votos: 0, karma: 0
    escrito por petopitopato hai 625 dias 13 horas 39 minutospetopitopato
  111. votos: 0, karma: 0
    escrito por Reidotoxo hai 625 dias 13 horas 33 minutosReidotoxo
  112. #112   

    A Yolanda Castaño actúa de mala fé porque non se pode ameazar nin con avogados nin doutra maneira con denunciar a un web por publicar contidos orixinais. Por outra parte, a actitude de Aduaneiros sem Fronteiras semella un pouco victimista, autopecharse por unha ameaza duns avogados é demasiado.. esperemos que o peche sexa temporal e non se aproveite a cousa para pechalo site e dicir que foi culpa da Yolanda. Que volvan a actividade xa e que lle resten importancia ás ínfulas da Yolanda ou loiten nos xulgados, pero se queren pechar que non o fagan deste xeito, xa que sería indigno para a calidade deste web.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Cleoninha hai 625 dias 13 horas 29 minutosCleoninha
  113. #113   

    #112 penso o mesmo ca ti cleoninha, era o que queria expresar en #21.
    A decisión é bastante radical e poderia ter outro trasfondo como di maisun en #91, tamén é certo que se fose eu o "demandado" igual facia o mesmo por evitar historias xudiciais (xulgados e todo iso)

    votos: 0, karma: 0
    escrito por suevo hai 625 dias 11 horas 57 minutossuevo
  114. #114   

    #113 , #112 e #21 Eu coido que é a mellor solución que puideron dar. Se o manteñen aberto de seguro que se caían axiña os avogados de Fraga, os de Lego, a xente que represtenta a película de Piratas do Caribe, Fadesa... (ou tantos outros cos que fixeron humor).

    O feito de pechar o site non creo que fose só pensado en forma de protesta, senón seguramente tamén como precaución. ;)

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Spaviladiyo hai 625 dias 11 horas 50 minutosSpaviladiyo
  115. #115   

    E digo eu.. pregunto, que houbera pasado si en lugares de ameazar cunha demanda houbera demandado directamente?

    votos: 0, karma: 0
    escrito por charamelas hai 625 dias 11 horas 37 minutoscharamelas
  116. #116   

    Eu penso que a Yolanda ten moi pouca vergonza, sendo unha poetisa, creadora.. e que lles intente impedir aos Aduaneiros que fagan a súa laboura creativa! A vergonza para este país é que haxa personaxes de relevancia pública coma Yolanda e fagan este tipo de cousas.
    #113 #114 Por outra banda, non sei se os Aduaneiros teñen capacidade para meterse en xuízos... En todo caso, eu apoio aos Aduaneiros en canto a súa indignación porque a Yolanda fixera iso.. en canto as medidas que tomaron e todo iso.. non sei... o tempo dirá.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Cleoninha hai 625 dias 11 horas 30 minutosCleoninha
  117. #117   

    se agardassem á sentenza a coissa tería máis glamour "yolandiano" e dende logo que bastante máis repercussiom, dende logo que é umha putada perder o resto dos posts por, a o meu parecer, umha arroutada divadiana da Casatanho mal aconselhada...co pulo que isto lhe dará á súa imagem...:-);)...eu deixo patente tambem o meu apoio na rede a o dereito a facer humor sem coaccçom...
    paraxedoincordio.blogspot.com/2007/10/et-tu-yolanda.html

    votos: 0, karma: 0
    escrito por txari hai 625 dias 11 horastxari
  118. #118   

    O meu modesto grão de areia, um formulário-protesta:

    caminhos.gzpt.org/index.php/liberdade-para-os-aduaneiros/

    votos: 0, karma: 0
    escrito por gerardinho2000 hai 625 dias 9 horas 14 minutosgerardinho2000
  119. #119   

    #30 Interessadas/os, já sabeis: a saquear a saco web.archive.org/web/*/http://www.aduaneirossemfronteiras.org

    Treme! Treme!

    votos: 0, karma: 0
    escrito por gerardinho2000 hai 625 dias 9 horas 5 minutosgerardinho2000
  120. #120   

    Nas páxinas de Aduaneiros propuñan boas ideas, humor e reflexión .Respondíase co mesmo e con baba, envexa, ignorancia e falta de educación. Faltaba edición ou administración dos comentarios (censura e autocensura precisas cando se entra na casa dos outros sin respetar). Si triste é pensar que se precisa a censura máis triste é ver até que nivel se pode reducir a intelixencia humana, abusando da hospitalidade e deitando insultos e mexericos sen conto para suxar aos outros.
    A Yolanda Castaño sóbralle espello e embigo e parece que diñeiro para advogados, pero ten dereito a defenderse como millor lle pareza até penso que puido ser ruín e por denuncia na mesma.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por xisbe hai 625 dias 8 horas 14 minutosxisbe
  121. #121   

    #118 Gerardo, non dou comentado no teu blog: penso que non é unha boa idea pregarlle a YC que permita o regreso dos aduaneiros, porque ela non lle obrigou a pechar o blog a ninguén. Se vos pareceu moi drástica a medida dos aduaneiros protestádelles a eles, convencédeos de que si que paga a pena facer humor en GZ. Con Yolanda ou sen ela. Non creo que deades, pero polo menos se queredes que a interesada vos tome en serio non a acusedes de algo que non fixo.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por orsinia hai 625 dias 7 horas 51 minutosorsinia
  122. #122   

    Isto é como envolver peixe nun xornal. Para os aduaneiros a súa páxina perdeu o interese, coma un xornal que xa liches e do que cansaches. Así atópanlle unha nova utilidade. Inmólanse coma no seu día fixera a Va-Ca.
    Mágoa, porque o resto ainda non cansaramos do seu proxecto.
    E neste caso a actitude de Iolanda é coma o peixe: fede. Ten un cheiro a falta de humor que bota pra atrás.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Ghanito hai 625 dias 7 horas 39 minutosGhanito
  123. #123   

    #121 Bom, dela foi a ideia de mandar o advogado. Aos AsF não creio que seja necessário pedir-lhes nada, já que se eles vissem que o monte não tem cancelas, ali poderiam seguir. Mas se a Sra. YC lhe-las colocou, terá de ser ela quem as retire, digo eu.

    Em Código Cero devem pensar mais ou menos o mesmo, já que também comentam de que o facto pode ter repercussões na imagem da 'musa'.

    www.codigocero.com/spip.php?article2572

    Parece así que a busca dunha musa para o Blogomillo vai ter que volver a comezar, dado que o incidente que levou ó peche voluntario de Aduaneiros podería ensombrecer a imaxe pública da poeta, máis coñecida actualmente pola súa labor como presentadora dun concurso da TVG.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por gerardinho2000 hai 625 dias 7 horas 35 minutosgerardinho2000
  124. #124   

    Nova marca de chuzadas, no entanto...

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Calidonia hai 625 dias 7 horas 28 minutosCalidonia
  125. votos: 0, karma: 0
    escrito por Galegoman hai 625 dias 6 horas 58 minutosGalegoman
  126. #126   

    Aduaneiros Sem Fronteiras... outra vaca no paraíso dos mártires do humor! Os meus pêsames, os meus parabéns e o meu mais sincero obrigado a Bertez e Panchez por tudo! :-)

    votos: 0, karma: 0
    escrito por osanma hai 625 dias 6 horas 50 minutososanma
  127. #127   

    #124 e achegandose a grande velocidade ó número de comentarios da fuga de Ugio

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Ghanito hai 625 dias 6 horas 42 minutosGhanito
  128. #128   

    En resposta a algún comentario que vin por aquí contra os aduaneiros, como se fosen os culpábeis en vez das vítimas, pego o que puxen no meu blog:

    "Coido que nin os aduaneiros nin ningún blogueiro ten a obriga de postear periodicamente se non o desexa (e falo por min, está claro :-D). Supoño que a medida tomada polos responsábeis do blog de pechalo non se debe nin ás poucas ganas de traballar, nin á pasividade, nin aos morritos, senón que é, en si mesma, outra medida de presión".

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Modesto hai 625 dias 6 horas 4 minutosModesto
  129. #129   

    Deveriam dar umha rolda de prensa as partes implicadas.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por peeler hai 625 dias 5 horas 51 minutospeeler
  130. #130   

    o que está claro é que o país perde un dos seus máximos referentes do deseño gráfico e do humor.

    o que me extraña é que sexa agora cando este avogado poña os aduaneiros entre a espada e a parede, tendo sido publicado o gráfico fai ben tempo.

    evidentemente, a creatividade destes artistas non remata por decidiren pechar a web. creo que iso é o único bo, xunto coa enteireza e a testa ben erguida de poren eles o fin ante ese ataque á intelixencia por parte do letrado e da "ofendida".

    confío en que o peche sexa temporal e que nos sorprendan con algunhas das súas pérolas ben pronto. (tamén sei que é difícil)

    non sei se recollo o sentir de moitas e moitos galegos e ...

    » ver todo o comentario

    votos: 0, karma: 0
    escrito por araldeira hai 625 dias 5 horas 27 minutosaraldeira
  131. #131   

    O Clube de Fans de Os da Ría tamén se solidarizou cos Aduaneiros (presos poéticos)
    clubedefansdosdaria.blogspot.com/

    votos: 0, karma: 0
    escrito por martha hai 625 dias 5 horas 5 minutosmartha
  132. votos: 0, karma: 0
    escrito por tolemicas hai 625 dias 5 horastolemicas
  133. #133   

    inseminario dixit: "super a prol de Io Landa" inseminario.blogspot.com/

    votos: 0, karma: 0
    escrito por tolemicas hai 625 dias 4 horas 58 minutostolemicas
  134. #134   

    Voltarán

    Aduaneiros Aurrera! :-D

    votos: 0, karma: 0
    escrito por xurxo hai 625 dias 4 horas 35 minutosxurxo
  135. #135   

    "cando deixo de ser flor molesto/que eu contraese unha grave doenza favoreceria grandemente a miña proxección literaria/como non teña traballo/ marcho para Las Vegas/ nos Estados Unidos son máis guapa que en ningún sitio/pero teño sido agre e pretenciosa/teño sorrido por interese propia/a axetreada capitalista sexy/ser é o difícil/ cando falei só contemplaron os meus labios/se me tomo un descanso iso farame irresponsable/se son vulnerable serei pisoteada/se me fosen peor as cousas quereríadesme máis?... segue aquí:bvg.udc.es/paxina.jsp?id_obra=%28R++++++11

    votos: 0, karma: 0
    escrito por tolemicas hai 625 dias 4 horas 34 minutostolemicas
  136. votos: 0, karma: 0
    escrito por chimpin hai 625 dias 4 horas 19 minutoschimpin
  137. #137   

    a paciencia dos usuarios ten un límite, isto evidente non ó entenden os web(on) master. Os usuairos debemos aceptar ser insultados e ameazados sen que fagan ren. Mesmo en chuza hai usuarios que foron ameazados e insultados sen que bertiño mova un dedo pra defendelo
    Ben pola iniciativa de Yolanda, está no dereito de defender os seus intereses. Non ten porque aguantar nen permitir crítica algunha da súa persoa. Non é unha política nen unha persoa que estea na polémica diaria Podemos ou non estar de acordo con ela. Pero é o seu nome o que se cita nese blog e iso dalle dereito a defenderse
    Paréceme que moitos dos que aquí falan sen cancelas non din ren cando é outra persoa a atacada. É bertiño, se non fose o web(on) master de chuza candos se posicionarían do seu lado?
    Xa che digo eu a resposta: NENGÚN
    Ah, e lembremos que foi BERTIÑO quen pechou aduaneiros NON Yolanda

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Nemigo hai 625 dias 2 horas 15 minutosNemigo
  138. #138   

    A culpa é de Ibarretxe!!

    votos: 0, karma: 0
    escrito por superxis hai 625 dias 1 hora 6 minutossuperxis
  139. #139   

    E se nemigo fechara o seu bló por presións doutro troll quen o defendería? Voltaire?

    votos: 0, karma: 0
    escrito por ifrit hai 625 dias 26 minutosifrit
  140. #140   

    #137 tes algo de razón, Nemigo. Ás veces aturar os trolls sen que ninguén faga nada por moderalos é unha cruz.

    Pero iso non é o mesmo que aceptar críticas realizadas dun xeito correcto por moito que nos amolen. O deseño non era insultante. Chamarlle cambiachaquetas por cambiar de idea en tan pouco tempo non lle tiña que parecer tan mal. Se ela cre que a súa decisión foi correcta debería aceptar as críticas sen mais e non darlles importancia. Igual o que pasa é que lle amola porque non ten a conciencia tranquila de todo e no fondo, moi fondo sabe que levan razón os que a critican. Ou igual é por algo completamente diferente. ¿Por que non fala ela para aclararnos a súa postura?

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Ghanito hai 624 dias 19 horas 15 minutosGhanito
  141. #141   

    #137 Que os Aduaneiros fechassem por pressão do advogado da Castaño é quase o mesmo que dizer que a YC em pessoa forçou o feche, já que o advogado em si não pinta nada.

    E a YC não será um político, mas é um personagem público e, como tal, deve assumir as críticas, mormente quando no caso aduaneiro serviam para retratar (de forma algo estrambótica) a sua incoerente mudança de posições na esfera pública.

    Decerto que o feche foi uma medida apresurada, já que com o actual enquadramento legal não havia muitas possibilidades de uma demanda prosperar (existe jurisprudência que permite as paródias e que ampara a liberdade de expressão).

    Claro que após questões como o...

    » ver todo o comentario

    votos: 0, karma: 0
    escrito por gerardinho2000 hai 624 dias 15 horas 20 minutosgerardinho2000
  142. #142   

    creo que non paga a pena pechar todo o 'site' por un problema puntual cunha persoa en concreto. o proxecto non merece morrer así.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por alema hai 624 dias 15 horas 18 minutosalema
  143. votos: 0, karma: 0
    escrito por besbellinha hai 624 dias 12 horas 33 minutosbesbellinha
  144. #144   

    E agora que vai ser das aduaneiras??? :-D:-D

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Kiko_das_leiras hai 623 dias 23 horas 26 minutosKiko_das_leiras
  145. #145   

    opinión do blog brétemas sobre o asunto: bretemas.blogspot.com/2007/10/iv-simposio-o-libro-e-lectura.html#commes

    Brétemas said...

    Lamento, mais descoñecía a polémica, xa que levo varios días moi apurado. Enterareime. En todo caso, creo na liberdade de expresión dos humoristas gráficos, como de todos os cidadáns. Faise difícil crer que a viñeta (que si coñezo) de Aduaneiros poida ser considerada inxuriosa; cousa ben diferente son algúns comentarios que non podo mais que lamentar. Non é un bo camiño para as internautas encher o blog desas trapalladas.
    11:10 PM
    Brétemas said...

    Despois de informarme en varios sitios sobre a cuestión, parécem...

    » ver todo o comentario

    votos: 0, karma: 0
    escrito por tolemicas hai 621 dias 1 hora 25 minutostolemicas

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]