Os veciños da Illa de Ons van ir para-las máquinas de derribo

Os veciños da Illa de Ons van ir para-las máquinas de derribo
Hoxe mesmo sairá un barco dende o porto buenense con illeus a bordo para vixiar que as máquinas desprazadas hai unha semana ó arquiipélago non comecen a traballar. Será só unha avanzadilla porque mañán martes fletarase outra embarcación que trasladará á illa a máis dun centenar de persoas, dispostas a concentrarse diante dos inmobles afectados e da propia maquinaria para impedir os derribos. A directora do colectivo veciñal,María Jesús Otero Acuña, lanzou unha advertencia ás autoridades e chamou á unidade veciñal.
17 comentariosen denuncia
tags: ons, bueu, massó, maquinas karma: 240.00
votos de usuarios: 29, votos anónimos: 14

comentarios

  1. #1   

    tag: "colonos" :-D

    votos: 3, karma: 61
    escrito por raxozorza hai 78 dias 22 horas 2 minutosraxozorza
  2. #2   

    O que acontece no Parque Illas Atlánticas é moi peculiar; que rapidez para darlle polo saco ós vecños... O mellor do asunto e que poñen a traballar a Excongal na ampliación do peirao das Cíes. O raposo a cuidar do galiñeiro...

    galizanonsevende.org/?p=814 e federacionecoloxista.blogsome.com/2007/10/02/excongal-agrede-o-parimon/

    votos: 1, karma: 16
    escrito por zutabe hai 78 dias 21 horas 50 minutoszutabe
  3. #3   

    Oxalá triunfen. A miña avoa era de Ons... Vai haber que sair de Massó un pouco, agora que a cousa vai un pouco máis controlada, e ir aló a botarlles unha man...

    votos: 1, karma: 16
    escrito por Bolxevique hai 78 dias 20 horas 45 minutosBolxevique
  4. votos: 2, karma: 35
    escrito por FULANO hai 78 dias 20 horas 43 minutosFULANO
  5. #5   

    O mellor de todo é que apoiaron a Feijóo nas eleccións e agora págalles con esto. xD xD

    votos: 4, karma: 53
    escrito por andresrguez hai 78 dias 20 horas 23 minutosandresrguez
  6. #6   

    #0 'Parar as'

    votos: 4, karma: 1
    escrito por serna hai 78 dias 19 horas 9 minutosserna
  7. #7   

    "Para-las obras". Algho que disir?? Vive e deixa vivir.

    votos: 11, karma: 18
    escrito por Bolxevique hai 78 dias 18 horas 25 minutosBolxevique
  8. #8   

    Polo visto a confraría de mariñeiros de Bueu vai apoiar as movilizacións posto que, por unha banda, moitos mariñeiros teñen as suas orixes na Illa e, por outra, cren que lle van prohibi-LA pesca de aquí a un pouco.
    Ánimo, a por eles!!!

    votos: 4, karma: 8
    escrito por Bolxevique hai 78 dias 18 horas 23 minutosBolxevique
  9. #9   

    #7 Tenho de dizer que se escreves com essa segunda forma do artigo tendo o objecto direto a continuação, é porque um asturiano, Constantino García q.e.p.d., inventou esse esperpento.

    Para-las obras. = Come-lo caldo -> patente de Cont. García.
    Para-las. -> Correto.

    Escreve como quiseres: como te digam.

    votos: 7, karma: 47
    escrito por serna hai 78 dias 11 horas 39 minutosserna
  10. #10   

    Nom sei como etá o tema, mas se anda essa tipa polo meio... mal rolho :-S

    votos: 0, karma: 8
    escrito por chimpin hai 78 dias 11 horas 36 minutoschimpin
  11. #11   

    Non entendo. Non as tiran por estar a estragar o entorno? Porque todo o mundo está aqui a favor dos (presuntos) infractores? Non é por provocar, realmente non conheço o caso.

    votos: 3, karma: 32
    escrito por estevo hai 78 dias 11 horas 23 minutosestevo
  12. #12   

    #9 Tamén pode que o escreva assi porque é como se di.

    votos: 1, karma: 26
    escrito por estevo hai 78 dias 11 horas 21 minutosestevo
  13. #13   

    #9 Tampouco creio que seja isso, pois em galego medieval já se escreviam cousas como «todolos».

    votos: 0, karma: 11
    escrito por one2 hai 78 dias 11 horas 9 minutosone2
  14. #14   

    Berto's law rulz

    votos: 0, karma: 8
    escrito por chimpin hai 78 dias 10 horas 52 minutoschimpin
  15. #15   

    #13 É isso: a 'segunda forma do artigo'. 'todolos' não leva hífen.

    votos: 0, karma: 9
    escrito por serna hai 78 dias 9 horas 1 minutoserna
  16. #16   

    Despois de dez anos sem recalar em Ons, por fim visitei a ilha este verão. As construções dos "colonos" são verdadeiramente impresentabeis, o ruido dos geradores eléctricos insoportabel, o feismo, a turistificação e a falta de respeto a identidade da ilha é clamorosa. Os dos bares, os dos barcos e os presuntos colonos são uma pequena mafia. Só tenho simpatia pelos resistentes da acampada livre.

    votos: 1, karma: 16
    escrito por Ronaldinho hai 78 dias 8 horas 21 minutosRonaldinho
  17. #17   

    #15 Pois isso, só se trata de como representar a 2ª forma do artigo.

    votos: 0, karma: 11
    escrito por one2 hai 78 dias 8 horas 15 minutosone2

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]