www.vieiros.com/nova/68838/os-sectores-criticos-do-bng-non-acudiran-a-...
enviado por alema hai 74 dias 4 horas 25 minutos, publicado hai 73 dias 23 horas 16 minutos
O vindeiro 5 de outubro o BNG celebra unha Asemblea Nacional extraordinaria para elixir o candidato á presidencia da Xunta. O que en principio semellaba unha cita de trámite para Anxo Quintana pode mudar significativamente. Os sectores críticos coa dirección nacionalista, nucleados basicamente arredor do Encontro Irmandiño e do Movemento pola Base, non participarán no proceso asembleario se non se abre a toda a militancia.
comentarios
A táctica máis efectiva ao longo de toda a historia das protestas foi o boicot. Éxito tras éxito, os países que deixaron de acudir a uns Xogos, os partidos que non se presentan a unhas eleccións, os que se ausentan das xuntanzas... triunfaron rotundamente.
Eh eh !! Cesare no seu comentario faltan as risiñas
ou
ou o
necesito unhas clases de protocolo xa!!

#2

Paréceme interesante a chuza e tamén que vieiros informe, pero mosquéame que La Voz tamén o faga na edición impresa.
De onde sae unha "filtración dun acordo" que na propia nova se di que os autores non a queren facer pública?
Non será máis ben unha conxectura interesada do "aparato do BNG" independentemente de que sexa ou non certo o acordo.
Teño dúbidas.
#4 conspiranoiaaa, lalalalalalá
Hai quen non sabe xogar cando perde ...e pasan estas cousas, se pasan...agora só fai falta que se escindan haber se lle deixan marxe a Feijoó e Rosiña
Pereceme ben a nova pero cheira a filtración interesada como dí merlyn.
Ao cesare sobranlle adxetivos nas súas mensaxes
#7 adxectivos?
Eu pola miña banda non penso participar nesta tomadura de pelo: que vaian eles, que se elixan e aplaudan, que paguen a cota extraordinaria, que peguen os papeis.... viva a aristocracia nacionalista!!!
Con todas as criticas que se queiran facer ao BNG, a Quintana, etc,etc, o de "pois eu non xogo" dos críticos non me gusta nada. Se non estan dacordo co sistema de delegados terán que cambialo nunha asemblea.
Isto cheira a unha filtración para viciar o proceso que se inicia esta semana no BNG. Quérese predispoñer aos militantes do bloque en xeral contra uns presuntos boicoteadores internos que se inventan historias para facer mal. De momento o único que hai é que dous colectivos pediron que para un mellor arroupe do candidato acudan todos os militantes a aclamalo, mediante a fórmula 1 militante 1 delegado. O que non quita dicir o que haxa que dicir para iso no bloque hai democracia interna. Faltaría máis. Pero se de antemán o "aparato", como dicía algún aí arriba, se empeña en demonizar a discrepancia por mal camiño imos, porque hai que ter moitos bemoles cando se despreza ao discripante e ao mismo tempo se lle esixe "lealtade".
Eu nom entendo que teimem em chamar-lhe asemblea ao congreso.
Caghiná!!! 300 sinaturas para someterse a votación, será tanto acadar? ou hai quen quere mandar sen apoio da maioría, non vexo o problema
Non entendo moi ben a postura destes sectores críticos. O tema dos delegados non foi decidido por maioría nunha asemblea?
o povo é quen mais ordea,
e ordeou esto, o que non estea de acordo OU NON SEXA CAPAZ DE QUE O ELIXAN COMO DELEGADO POLAS ANTIPATIAS QUE LEVANTA, que quede na casa.