www.lavozdegalicia.es/sociedad/2007/11/23/0003_6341879.htm?idioma=galego
enviado por Pirixel hai 809 dias 9 horas 50 minutos, publicado hai 808 dias 23 horas 1 minuto
Os quince concellos españois de máis de 2.000 habitantes coa poboación máis envellecida son galegos: dez de Ourense e cinco de Lugo. Pero a estatística é aínda máis sanguenta se se atende ás porcentaxes. Por exemplo, o 47,35% do censo do municipio lucense de Sober, que encabeza este particular ranking, ten máis de 65 anos. Números parecidos son os que ofrece O Irixo, Pantón, Ramirás ou A Pobra do Brollón e tampouco sae moito mellor parado Xunqueira de Ambía, que pecha a lista negra cun 38,67% dos seus veciños na terceira idade.
comentarios
E cales son os quince? Na nova só falan de seis: Sober, O Irixo, Pantón, Ramirás, A Pobra do Brollón e Xunqueira de Ambía.
Por certo, no titular de La Voz de Galicia (reproducido na chuzada) fálase de que "Os quince concellos con máis vellos de España están en Galicia" e logo de que "Os quince concellos españois de máis de 2.000 habitantes coa poboación máis envellecida son galegos". Vai ser que unha cousa é unha cousa, e outra outra.
Ahí estamos os de Xunqueira!! Ese Gavilanes fodendo o concello dende fai máis de 20 anos!!
E os quince concellos con máis vellos de España non terian que estar en España?