Os que fan política co odio

No entrañable blog de apoio ao candidato do Partido Galeguista á alcaldía da Coruña, "Coruñeses por Carlos Marcos" refírense a esta página de desinformación del BNG Chuza!, aos blogs independentistas O demo me leve e Andaime, ao adorador del peligro marxista de la II República Uxío-Breogán Diéguez, ao panfleto independentista A Nosa Terra e ao sembrador del odio Avelino Pousa Antelo, presidente da Fundación Castelao, de estar asustados pola "alternativa fuerte e inteligentemente construida que representa el PG".
13 comentariosen humor
tags: partido galeguista, política karma: 204.00
votos negativos 1, votos de usuarios: 27, votos anónimos: 12

comentarios

  1. #1   

    E nom é verdade? ;)

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Fer hai 817 dias 3 horas 33 minutosFer
  2. #2   

    eso é o que deben chamar:

    "Por un coruñesismo de bien" (sic)

    no fondo estes frikazos fan a campaña mooooito máis interesante

    votos: 0, karma: 0
    escrito por berto hai 817 dias 3 horas 30 minutosberto
  3. #3   

    xDXD

    Medo me dá os resultados que poidam obter estes frikis; ao cabo, estas chorradas som representativas do pensar de moitos "coruñeses de toda la vida"; convivo com eles, sei do que falo...

    votos: 0, karma: 0
    escrito por avelainha hai 817 dias 3 horas 13 minutosavelainha
  4. #4   

    #3
    Eu quero pensar que nom há tanta gente assim nesta cidade...

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Fer hai 817 dias 1 hora 54 minutosFer
  5. #5   

    Eu também quero mas, muitas vezes, nom podo...

    votos: 0, karma: 0
    escrito por avelainha hai 817 dias 1 hora 51 minutosavelainha
  6. #6   

    mirade o entusiasmo das mocidades galeguistas www.partido-galeguista.org/

    votos: 0, karma: 0
    escrito por hahaha... hai 817 dias 1 hora 46 minutoshahaha...
  7. #7   

    #6 "O que hai non mola", grande slogan. xD

    votos: 0, karma: 0
    escrito por postscriptum hai 817 dias 1 hora 44 minutospostscriptum
  8. #8   

    Non hai unha cidade se non dúas cidades superpostas... e a unha delas (que sempre esta a facer prácticas co coche) non hai por onde collela... (burguesía rancia, especulación urbanística, auto-odio, colonialismo mental, e outras repunancias) e a outra... como todas, ten as súas cousas bóas e a súas cousas malas. :-/

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Sheamais hai 817 dias 1 hora 43 minutosSheamais
  9. #9   

    [...] a unha delas (que sempre esta a facer prácticas co coche) non hai por onde collela... [...]
    xD xD xD

    E polo meu barrio.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Fer hai 816 dias 23 horas 8 minutosFer
  10. #10   

    Non sexades tan negativos. A cousa é que esta xentiña dalle un punto de divertimento ao choio este das eleccións e por outra parte os votos que tiren, sexan moitos ou poucos que a min tanto me ten, provirán de votantes PP ou PSOE así que nada se perde. Alomenos iso creo eu. Claro que se cadra eu son moi optimista. En todo caso son coma nenos.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por mouco hai 816 dias 22 horas 27 minutosmouco
  11. #11   

    #10 estes tíos son os Ciutadans galegos. Non teñas dúbida. E medo me da pensar que podan chegar lonxe.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por zavou hai 816 dias 22 horas 6 minutoszavou
  12. #12   

    #9 :-S non me estaba a referir ó teu precioso barrio xD se non a esa cidade que leva o L posto (La Coru) :-/ en contraposición á que non o leva (A Coruña)...

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Sheamais hai 816 dias 20 horas 43 minutosSheamais
  13. #13   

    Non sei por que chucei a nova, supoño que por sentido do humor: vale mais rir que chorar. Vaia sementeira de paiasos tristes hai na política deste país!

    votos: 0, karma: 0
    escrito por lourixe hai 816 dias 20 horas 21 minutoslourixe

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]