Os médicos que piden o plus de exclusividade ameazan coa folga indefinida

A Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (Cesm-Galicia) e a Organización de Médicos de Galicia Independentes (O'Mega) ameazan cunha folga indefinida a partir do martes 21 se a Consellería de Sanidade segue negándolles o cobro do complemento de exclusividade. Baixo o lema "Igual traballo, igual salario", estes 949 facultativos esixen percibir os 794,13 euros cos que o Servizo Galego de Saúde complementa o soldo dos médicos que só traballan na sanidade pública.
14 comentariosen denuncia
tags: médicos, sergas, folga, complemento karma: 250.00
votos de usuarios: 33, votos anónimos: 7

comentarios

  1. #1   

    Menudo morro!!

    votos: 3, karma: 57
    escrito por ifrit hai 37 dias 20 horas 9 minutosifrit
  2. #2   

    A Lei da función Pública dí que o complemento de exclusividade (como o sue propio nome indica) só pode ser cobrado por aqueles funcionarios que teñen dedicación exclusiva a seu posto de traballo na función pública. Calquer funcionario pode pedir a excedencia para traballar na empresa privada. O que non é ético, e pode dar a corrupción, é que se permita "atender" aos mesmos doentes pola mañán (na pública) ou pola tarde na consulta privada cobrándolles

    votos: 3, karma: 44
    escrito por Xalo hai 37 dias 20 horas 7 minutosXalo
  3. #3   

    A cousa é ben sinxela, se queren o plus que deixen de traballar na privada. Menudo chollo! menos traballo e máis cartos! Outra cousa serán as contas que fagan eles...

    votos: 0, karma: 7
    escrito por ifrit hai 37 dias 20 horas 4 minutosifrit
  4. #4   

    E que sería de relacións "comerciais" tan galegas como aquila baseada en algo así como: "-Tal médico é un túzaro -Ai, pois na casa aténdete que dá gusto"...

    votos: 0, karma: 8
    escrito por OXirarei hai 37 dias 19 horas 41 minutosOXirarei
  5. #5   

    Aos quatro comentários anteriores: 100% de acordo convosco. Estes corporativistas são uns cara-lavadas... Por certo, que o complemento de exclusividade tampouco é tal, pois forma parte de um complemento genérico que retribui vários conceitos (entre eles a própria exclusividade), mas não figura desglosado. O importe total do dito complemento é de mais de 700 euros ao mês... botai contas, mas não admira que não queiram renunciar a ele (chamai-os de parvos :-P)

    votos: 1, karma: 24
    escrito por gerardinho2000 hai 37 dias 19 horas 23 minutosgerardinho2000
  6. #6   

    A mim nom me parece mal que determinados senhores e senhoras decidam continuar trabalhando no seu tempo livre (cada um desfruta como quer ou sabe) nem sequer me parece mal que reclamem o plus de exclusividade enquanto seja certo que cumprem rigorosamente o seu horário no Sergas. O plus de exclusividade foi algo “sacado da manga” polo Sergas para evitar derivar doentes à privada, quando a mim isso nom me parece o mais grave. O denunciável som aqueles especialistas que vêm doentes na privada mas “colam” provas (analíticas, ressonâncias, e incluso actos cirúrgicos nos hospitais públicos que a seguir cobram como actos na sua privada, quer dizer, pagamo-los todos mas cobram ele...

    » ver todo o comentario

    votos: 3, karma: 26
    escrito por forcadanameda hai 37 dias 19 horas 7 minutosforcadanameda
  7. #7   

    #6 Pois a min si me parece de extrema gravidade. Lembremos que os seus salarios no seu tempo ao servizo público están pagados por todos os galegos, utilizar parte dese tempo para tratar de desviar doentes á privada é mesmo ás súas propias clínicas -en definitiva, para facer negocio- é unha clara malversación de fondos públicos.
    Por outra parte tamén me consta algún doutor que goza de moitísima mellor fama nas súas consultas privadas que no seu tempo ao servizo público... Dr. Jeckyll e Mr. Hyde? Ou simplemente uns aproveitados sen escrúpulos?
    Un plus a esta xente para que? Para que sigan mellorando millonariamente a equipación médica da súa propia consulta mentres os centros de saúde públicos do rural morren de noxo ou simplemente se van pechando por non ser sostíbeis?

    votos: 2, karma: 46
    escrito por maceirax hai 37 dias 18 horas 20 minutosmaceirax
  8. #8   

    @7 Maceirax, gostemos ou nom deste sistema, a cousa é assim. É como se eu trabalho de docente na escola pública e cumpro escrupulosamente o meu horário e além disso sou um boíssimo professor. Bom, chego à casa e ali tenho a minha escola privada e continuo a trabalhar, pagando religiosamente os meus impostos por isso. Outra cousa é que deixe parte do meu tempo na escola pública para me ir à minha privada. Ninguém dixo isto.

    Os doentes estám-se a desviar igual.
    Haveria que eliminar pois esse plus? Esse é o assunto.

    votos: 2, karma: 10
    escrito por forcadanameda hai 37 dias 18 horas 8 minutosforcadanameda
  9. #9   

    #8 Eliminar ese plus? E o dos doentes que comezan os seus tratamentos no centro público e o rematan na privada honorario mediante, e o dos acordos coas grandes farmacéuticas por receitar os seus medicamentos moito máis caros mais sen ningunha vantaxe comparativa...

    votos: 2, karma: 11
    escrito por maceirax hai 37 dias 17 horas 59 minutosmaceirax
  10. #10   

    Case ninguén que non tome "raias" é tan productivo e inocente como para ter esa devoción ao traballo, non se rende ben no traballo con xornadas de 15 ou 14 horas, non está permitido por ley traballar esas horas (por certo unha reclamación dos neocóns para acadar a "liberdade total", a realidade ven sendo que estes superdotados aproveitan as horas na pública para descansar e revisar os casos da privada e loxicamente o mellor é cortar o problema de raiz para evitar a inchume, non esquezan que especialmente estes profesionais deben de adicar moitas horas do ano a formación e estudo para actualizar coñecementos que repercuten na súa/nosa atención, un home con tantas horas de traballo no lombo, dispón integramente da súa capacidade para diagnosticar ou (peor) para operar???? NON polo xeral, Non para facermo a min.

    votos: 4, karma: 48
    escrito por doceasubio hai 37 dias 17 horas 6 minutosdoceasubio
  11. #11   

    Trabucadesvos nunha cousa; cando se dan as prácticas de abuso son no sentido inverso... Tes un problema, precisas unhas probas e unha consulta... Na pública tes que esperar... ves por aquí, cobro a consulta, pagas as probas (ó meu colega de diagnóstico e á nosa clínica) e logo, coa diagnose xa feita: porta rápida na pública para o tto. tal que é moi caro e non o podes pagar. Só habería que ver cantas probas de clínicas privadas se 'aportan' en primeiras consultas...

    Para recetar "marcas" non fai falla ir á privada, a "liberdade clinica" permite eso; outra cousa mais efectiva sería que a administración NON financiara o sobrecusto, isto é, si quere vostede a marca que lle r...

    » ver todo o comentario

    votos: 1, karma: 32
    escrito por Kandpalleiro hai 37 dias 12 horas 8 minutosKandpalleiro
  12. #12   

    @10 Ó pá! Devoçom ao trabalho nom... devoçom ao dinheiro!! Nom está permitido por lei essas horas, mas até chegarem a essas horas... Ora, o dos cursos nom é assim, acho: um hospital está obrigado a dar dias livres para a docência do pessoal sanitário e aliás essa formaçom nom está regrada, quer dizer que eu estudo quando quiger na minha casinha para me pôr ao dia em conhecimentos, nom vou a qualquer universidade ou o que for.

    O que eu tentava dizer é que se existe esse plus na sanidade (SÓ PARA OS MÉDICOS! alguém me di porquê?) também deveria existir no ensino e demais, ou nom? Nom poderia um mestre "desviar" um aluno -suspendendo-o- à sua "consulta" privada??

    Olha...

    » ver todo o comentario

    votos: 1, karma: 32
    escrito por forcadanameda hai 37 dias 7 horas 8 minutosforcadanameda
  13. #13   

    #8 / #12 As persoas docentes da pública, entanto funcionárias do estado, também temos esse complemento de exclusividade e, de querermos pór escola pola tarde, ou darmos pasantías, ou preparar opositores, excedendo as x horas semanais já marcadas como susceptíveis de ser colaboraçons esporádicas, podemos fazê-lo, ninguém proíbe, mas temos que renunciar a tal complemento.
    E penso que umha das razons, entre outras, pola que colocam tal complemento é essa: que eu nom reprove um aluno para que vaia à minha pasantia depois da escola.
    Eu tenho ideia de que esse complemento rege para todo o funcionariado, por isso penso que o que tenhem esses sindicatos é um algo de caradura.

    votos: 0, karma: 6
    escrito por farangulha hai 37 dias 23 minutosfarangulha
  14. #14   

    #13 Tá bem. Descarto ló o exemplo do ensino, mas NOM rege para todo o funcionariado: o resto do pessoal sanitário (que acho também som funcionários e funcionárias) nom tenhem tal complemento.
    Aliás eu nom defendo esses sindicatos nem muito menos.

    votos: 0, karma: 16
    escrito por forcadanameda hai 37 dias 4 minutosforcadanameda


quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]