Os concellos galegos son os que menos recadan do Estado

Os concellos galegos son os que menos recadan do Estado
E fano moi por baixo do que correspondería por renda: a metade dos seus homólogos españois. Velaquí o perigo do municipalismo galego: non cobrar aos veciños, pero a) carecer absolutamente de responsabilidade fiscal e de autonomía financeira, b) reforzar a dependencia das transferencias 'graciosamente' concedidas polas administracións de nivel superior (Deputacións, Xunta, Estado) -caciquismo-, c) asimilar o modelo urbanístico do 'ladrillo' para sustentar as arcas municipais, d) pospoñer a inevitable reforma do mapa municipal.
2 comentariosen política
tags: facenda, local, municipalismo, autonomía karma: 280.00
votos negativos 1, votos de usuarios: 37, votos anónimos: 14

comentarios

  1. #1   

    Um voto de irrelevante. Provavelmente emitido por alguém que ignora totalmente a importância desta questão que nos afecta a todos (a administração local é a de acção mais imediata... teoricamente).

    votos: 2, karma: 50
    escrito por gerardinho2000 hai 104 dias 7 horas 2 minutosgerardinho2000
  2. #2   

    Se os concellos galegos son os que menos recadan, en parte é porque queren: poderían cobrar máis en impostos, taxas e sancións, mais non o fan. Por exemplo, non todos os concellos cobran o Imposto sobre Veículos de Tracción Mecánica, mais todos están habilitados para cobralo se quixesen. Se ao Concello de Vigo lle dá por multar a todos os que esgarran ou cuspan na rúa, forrábase. O que hai que ollar é que xestionen eficientemente os seus recursos, e que non expolien innecesariamente aos cidadáns.

    votos: 0, karma: 9
    escrito por Xistral08 hai 104 dias 2 horas 25 minutosXistral08

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]