www.vieiros.com/nova/67983/o-reino-unido-tera-que-...
enviado por Galegoman hai 567 dias 16 horas 11 minutos, publicado hai 567 dias 13 horas 26 minutos
Os británicos ou, cando menos, os representantes do Partido Conservador, están furiosos pola intromisión da Unión Europea, que decidiu suprimir a unidade de medida imperial de superficie, o acre, en favor da internacional hectárea. A norma entrará en vigor no ano 2010. Até agora, o Reino Unido gozaba dunha moratoria para usar as súas unidades de medida tradicionais fronte ao resto da Unión. Agora, os británicos teranse que afacer mentalmente a que unha hectárea son 2,471 acres.
comentarios
vivam os ferrados!!
Para combater as intromisións aconsello aos conservadores británicos que falen con estes www.fegamp.org/