www.anosaterra.org/index.php?p=nova&id_nova=8293
enviado por xindilo hai 195 dias 7 horas 29 minutos, publicado hai 195 dias 3 horas 44 minutos
George Ryskamp, profesor da Universidade de Brigham Young (Utah) nos Estados Unidos, é o maior experto en xenealoxía hispana en Norteamérica. Autor dunha ducia de libros sobre esta materia, moi popular nos EE.UU, ofreceu onte un relatorio no Instituto Padre Sarmiento sobre como buscar devanceiros coa axuda da rede.
comentarios
Muito interessante, mas gostaria que o senhor Ryskamp explicasse isso dos "apelidos canários"
Por outra parte, deveras a lei portuguesa permite escolher os apelidos entre os oito apelidos dos avós? Isso poderia ser muito interessante na Galiza para evitar a perda de muitos apelidos galegos (a lei espanhola actual também flexibiliza a escolha e ordem dos apelidos... o qual também beneficia nesse sentido).
#1 eu non sei se os portugas poden escoller entre os oito apelidos dos avós, pero si é ben certo que moitos deles teñen ata 4 apelidos.
#2 Um amigo meu apelida-se Perdigão Frutuoso Ramos Pereira
Que cantidade de paridas di este señor na entrevista, imos ver:
1. Os rexistros civís non son de comezos de 1800, senon exactamente de 1871. A súa entrada en vixencia.
2. A desgaleguización dos apelidos non foi por ser mais moderno, senon pola teima dos curas, escribáns... da época de eliminar a galeguidade dos mesmos, mostra disto é que na fala conservouse a súa forma galega. Mesmo nos documentos notariais o apelido españolizado que poñía o escribán non coincidía coa forma galega e lexítima do que aseinaba.
3. Que os libros de bautismo da Galiza estean en galego no XVI non o cré nin el, porque a meirande parte xa estaban na lingua do imperio, ou sexa en español.
4. Que é inaudito que este señor non saiba que unha das mellores páxinas de xenealoxia sexa galega e en galego: www.xenealoxia.org
Unha das webs xenealóxicas que mais usuarios ten na rede e considerada entre as 10 primeiras, xunto coa portuguesa: www.geneall.net/site/home.php