ivanpuentes.com/2006/09/25/orzamentos-en-fene/
enviado por ender hai 1009 dias 19 horas 59 minutos
Dos 2 millóns de euros presupostados para obras só se investiron ó final do exercicio 420.000 euros, é dicir, nada máis que o 20%, máis ou menos, do previsto.
comentarios
GENERAL DISCLAIMER: Hehehe... ler con coidado
Como mínimo non sabe do que fala e debería calar. Non ten nin idea do que é un remanente de tesouraría e o equipara á débeda acumulada. Tamén confunde taxa da auga con canon da auga.
Como mínimo ten moi mala idea no que pretende transmitir. Non se pode atrasar adrede a aprobación duns orzamentos até Marzo e pretender executalos en 6 meses hábiles que restan no ano.
Pero como mínimo o mellor é o que non se di:
- Grande parte do financiamento do investimento non executado procede doutras Administracións, Deputación e Xunta, que, como mínimo, están cogobernadas polo seu partido político (ben, en realidade as áreas de i...
» ver todo o comentario
Ah, e un saúdo a ender, que me estará a ler... hehehe
Um, se un concello leva 20 anos aprobando tarde os seus orzamentos, e executa so un 20 % do que prevé, tendo maioria absoluta ou sen ela, moi bo equipo de goberno non debe ter non?.
Calidonia, non nos coñecemos, pero un saudo, ah e estaria ben que entrases no fondo da nova,non ?
Unha pregunta, os nacionalistas estades a favor da privatización de astano, Non si?
En Chuza! non hai nacionalistas! eiquí somos todos boa xente
moi boa, moi boa Kiko
Xa entrei, expliquei o porqué das cousas que se din no blog do "candidato", e tu non respondeste ao que eu dicia. Se se aproban tarde os orzamentos agora, estes anos, é porque o PSOE xoga nin a comer nin a deixar comer, non quis entrar no governo e xoga a facer oposición aproveitándose dun goberno en minoría, en vez de asinar pactos e colaborar minimamente como na maioría dos concellos galegos nos que a maioría da esquerda se corresponsabilizou na governanza municipal. Comprendes agora?
), polo do estaleiro: normalmente cuando tu fas algo malo e non o solucionas xa esperas a criticar a outro que intenta emendarte a plana?
Outra pregunta, ender, que si que nos coñecemos (cremo
POis non amigo, nin son de Fene nin sequera da tua comarca. Ainda que me gusta bastante, pero a primeira vez que fun a Fene debeu ser polo ano 2000.
Un saudo
Non creas, eu tamén viaxo, ás veces tamén emigro. Vímonos noutro lugar.
Un saúdo. E benvido a Chuza! hehehe
Se me coñeces estaria abraido, non debo coñecer máis de 6 persoas de Fene, e non cadras co perfil de ningunha, polo que vin na tua web, debes de ser militante do BNG, e prométoche que non coñezo a ninguén do BNG de Fene, excepto ó alcalde que o vin unha vez en Zas, pero non nos presentaron nen nada, pero bueno.
"nacionalista", "militante do BNG"... eu non dixen que ti foras do PSOE, non si? Tranquilidá. E foi en Santiago, aínda que podo equivocarme (os caras-de-pau tamén nos equivocamos
)
Trabucaste, pero nada non era ese o tema. Un saudo.
Calidonia, ah! acabo de darme conta de con quen me confundes? ese amigo teu está no goberno PSOE-BNG da Xunta. Teño que falar con el que xa fai que non quedamos, pero non traballa pola tarde.
Resulta que non nos coñecemos pero temos un coñecido común...
Un saudo.
pd: Si oín falar de ti e o teu amigo fala ben de ti.
Iso de dicirlle ao interlocutor que ten amigos na Administración o acabo de ler eu en algún lugar, onde...? Ai si, nese manifesto contra os de Nunca Máis. Moi no estilo Losantos... O caso é que falen de un, non? Diso o seu outro amigo sabe moito...
Eh non ten enfades, Calidonia, solo che decia que me confundias cunha persoa que os dous coñecemos, e non me dera conta deso, e que se non sabias que era da sua vida darche unha nova.
Perdoa se te ofendin, un saudo.
Pd: creo que é público o teu nome, pero se non é así, volvo a pedirche disculpas. Non estaba no teu ánimo ofenderte nin moito menos.
Non ofende quen quer senón quen pode. Un saúdo.
Pero xa que estamos, non me parece ben que un concelleiro de facenda, ante os ataques polos orzamentos do seu concello, non colla e diga, eu como concelleiro de facenda do concello de Fene ... e opine cun seudonimo.
Douche a miña opinión con pseudónimo coma ti. Na condición que ti gostes máis de atribuírme, pero infórmate ben e antes de calificar a ninguén bótate unha ollada a ti mesmo.
Daste de alta en Chuza! para mandar esta noticia. Iso aquí podería ser considerado autobombo, pero non me cortei en chuzar a noticia como cousa interesante en vez de provocación, irrelevante ou simplemente lixo.
O interesante é que quen fala nesa noticia non ten nin idea de que fala nin dos conceptos que utiliza, e só procura publidade política na rede. Seica a alguén se lle queda pequena a rede de blogs socialistas?
Ánimo e sorte, que ides precisar unha chea dela.
que non te enteras, doume de alta en chuza pq non coñecia esto, dixeronme que existia esta seman, metín esta noticia pq me gusta, e se de verdade crees que son Iván non te enteras de nada, non te das conta que no voso propio blog Iván se identifica, que el nunca faría anónimos.
Eu non teño ningún cargo político nen público, polo que quen son eu non é relevante na noticia, se houbese unha noticia da Asociación Galega de Ciencia Ficción da que eu fun socio, non opinaria como anónimo, ou se falasemos do colexio galego de adestradores de futbol, tampouco o faria anónimamente, porque son adestrador de futbol. Pero sobre os orzamentos de Fene, que é do que vai o post, non me parec...
» ver todo o comentario
Deixando de lado toda esta reveladora discusión, a pregunta é: ¿quen ten permisos para engadir o tag:autobombo despois de enviada a chuzada?
Máxime cando ate o de agora ninguén a votou coma tal.