www.galizacig.com/avantar/novas/9-11-2009/reducense-nun-09-os-orzament...
enviado por raxozorza hai 92 dias 4 horas 50 minutos, publicado hai 92 dias 2 horas 29 minutos
A consellaría ten previsto destinar máis diñeiro público a subvencionar o ensino privado concertado (259.504millóns) que á suma do que orzamenta para comedores escolares, gastos de funcionamento de todos os centros públicos, formación do profesorado, prevención do abandono escolar, gratuidade dos libros de texto, política lingüística ou bibliotecas escolares. Tamén hai partidas para a RAE e para a fundación Camilo José Cela. As axudas ao fomento do galego baixan un 20%.
comentarios
Para a CIG-Ensino é especialmente rechamante a grande cantidade destinada, no capítulo IV, á subvención do ensino concertado: 259.504.675 euros. “Increméntase nun 1,06, mentres que a Consellaría reduce o seu orzamento. Esta partida supón o 11% do orzamento total da Consellaría”, lembrou Anxo Louzao, quen matizou que, “isto contrasta coa redución nun 9,02% do orzamento previsto para a universidade, que pasa dos 336.273.138 euros de 2009 aos 305.927.472”.
O secretario nacional de CIG-Ensino cualificou de “inxustificábel e sorprendente” a contemplación da subvención de 25.543 euros que se recolle para a “Real Academia Española, mentres se reducen nun 20% as destinadas á potenciación do noso idioma”. Ao igual que considerou inxustificábel que se subvencione a fundación Camilo José Cela con 154.360 euros.
como le corresponde a estes administradores do alheo...som filhos/as da malversaçom e do des-caro...
de sempre e máis agora umha dereita tramontana e chabacanera...