galiza.abrazosgratis.org/2007/02/12/ono-intenta-aproveitarse-do-noso-m...
enviado por birnarem hai 607 dias 45 minutos, publicado hai 606 dias 16 horas 24 minutos
Recentemente a empresa ONO sacou unha campaña publicitaria que se aproveita da imaxe positiva creada polo movemento de apertas gratis. Ademáis de coller unha imaxe presente optimista, positiva, … para que o público a relacione coa marca publicitada, pretende deslexitimar o noso movemento futuro, xa que, cando saiamos novamente á rúa a repartir apertas haberá moita xente que dirá: “mira, os de ONO”.
comentarios
Também pode ser que todo o tema este de "apertas de balde" ocule um novo marketing viral de ONO...
E ollo con que non o patenten...
#1 pode ser, sexa o que sexa creo que hai que pararlles os pes (se é posible) a empresas coma estas, porque creo que non todo pode valer na publicidade. De feito acabo de ver un anuncio un anuncio dun coche no que anuncia que "se respetas a natureza a natureza respétate a tí", ¿un coche respeta a natureza? confusión, falsedade, aproveitamento das loitas con outros obxectivos, ... como non lles paremos os pes isto será tan só o comezo.