O sabor do ano son os mexillóns con porros

O sabor do ano son os mexillóns con porros
O porro é unha planta de horta parecida á cebola, cun bulbo pequeno que se prolonga nun talo cilíndrico de cór branca. Os productos Naturalmar misturan o sabor destes porros co de mexillóns galegos de primeira calidade. En Alimentaria un xurado composto por 80 persoas declarou a esta semiconserva como o sabor do ano. Xa sei que o titular pode dar lugar a engano, pero penso que en galego non hai un sinónimo para este tipo de porros.
8 comentariosen gastronomía
tags: mexillóns, porros, sabor, ano karma: 259.00
votos negativos 2, votos de usuarios: 28, votos anónimos: 6

comentarios

  1. #1   

    con porros todo sabe mellor...

    votos: 1, karma: 32
    escrito por berto hai 46 dias 18 horas 8 minutosberto
  2. #2   

    Boa parte do éxito da "delicatessen" supoño que estará no contraste do sabor dos mexillóns co dos porros.

    votos: 0, karma: 9
    escrito por Nachinho hai 46 dias 17 horas 55 minutosNachinho
  3. #3   

    xD xD xD xD

    votos: 0, karma: 7
    escrito por Xesteira hai 46 dias 17 horas 43 minutosXesteira
  4. #4   

    Dobremente enganado, a min o do "sabor do ano" xa me levou diretamente aos comentarios sen ler o resumo da nova. A ver se había algún comentando que si, que a mexillóns con porros lle sabía o ano xD

    votos: 4, karma: 70
    escrito por colazo hai 46 dias 17 horas 42 minutoscolazo
  5. #5   

    está claro: titular xenial... descuido ou intencionado? :-D

    votos: 0, karma: 13
    escrito por berto hai 46 dias 17 horas 41 minutosberto
  6. #6   

    voulle preguntar a Ferrín o sinónimo de "puerro": non será o chamado na miña zona "ceboliño branco"?
    RAE: puerro. (Del lat. porrum). En castelán non hai dúbida.
    A ligazón da "novidade" da empresa é www.disbeconsa.es/index.php?/es/novedades/

    votos: 0, karma: 8
    escrito por Ander998 hai 46 dias 15 horas 56 minutosAnder998
  7. #7   

    #4 xD xD os reintegratas nom temos esses problemas :-D

    votos: 0, karma: 10
    escrito por one2 hai 46 dias 15 horas 34 minutosone2
  8. #8   

    #4 Coprófilo pervertido :-D!

    votos: 0, karma: 17
    escrito por gerardinho2000 hai 46 dias 12 horas 45 minutosgerardinho2000

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]