www.vieiros.com/nova/66446/o-reino-unido-pedira-o-...
enviado por vagalume hai 156 dias 10 horas 50 minutos, publicado hai 156 dias 9 horas 11 minutos
O goberno británico pedirá ao Consello de Ministros da UE que dúas das súas linguas nacionais, o galés e o gaélico escocés, se recoñezan como idiomas co-oficiais
comentarios
cona, qué diferencia. A gran nación espanhola de Rajoy e companhia protesta cada vez que a lingua galega é considerada nalgún foro.
#1 Nom sempre, só quando os que a falam som galegos.
Vale, pedem o reconhecimento do galês e o gaélico escocês... e do córnico? o scots? o Ullans?
A Illa de man co seu Manx quedan fóra da Unión Europea. O UK asinou a carta europea de linguas rexionais e minoritarias excluindo o córnico. O Lallans ou Scots está xa no ensino público de Escocia e dos 6 condados do norte de Irlanda. Así mesmo o ensino do gaélico irlandés está presente dende hai anos nos "6 counties" e ainda que conta nesa parte da illa con milleiros de falantes non hai nengún Gaeltach.
Organizacións políticas e culturais de Escocia e Gales pretenden un estatuto para os condados galesófonos de Gales e as comarcas gaelófonas de Escocia que determine a obriga de coñecer a lingua propia aos habitantes desas zonas, sobre todo de cara aos chamados "white-settlers", os ricos ingleses que establecen nesas zonas as suas residencias e que adoitan ter un comportamento pouco respectuoso coa lingua e cultura locais.
Tranqui, Fer, que o córnico deixou de falarse no século XVIII... e os mortos non precisan oficialidade ningunha.
#4 Estes 3.500 estam mortos?
en.wikipedia.org/wiki/Cornish_language
Tamén hai falantes de arameo, e mais non por iso se fai oficial. Os falantes de córnico que coñecín estudiárano na universidade e quedaban unha vez ao mes para practicar.
Non é exactamente o que se chama unha lingua "viva". Como tal deixou de existir a finais do XVIII, insisto.
A ver se os Estados español, francés e italiano fan o mesmo.