O PP usa a imaxe de Che Guevara na súa campaña na Pastoriza

O Partido Popular vende camisetas na pastoriza (Lugo) nas que se pode ver a imaxe de Ernesto Che Guevara e o lema "Ponte en Pé por A Pastoriza. Hasta la victoria siempre". Os populares tamén reparten pegatinas nas que se le: «Podrán cortar todas las flores, pero no marchitarán la primavera. Vota PP». Vese que son obedientes e seguen as consignas do seu lider supremo Aznar dándolle forte ao Don Simón... hic!
9 comentariosen política
tags: che guevara, pp, campaña, tolemia karma: 218.00
votos de usuarios: 35, votos anónimos: 11

comentarios

  1. #1   

    Nom é um uso mais espúreo que qualquer outra da imagem desse senhor... O Che vale para todo. (Até os patriotas púberes e post-púberes da Galiza tenhem alteres para ele...)

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Fer hai 421 dias 15 horas 1 minutoFer
  2. #2   

    Conste que sustituiron a estrela por unha gaivota :-P

    Notese a publicidade subliminal PP AP...

    Por outra banda banda coñecendo como coñezo a algúns desa lista teño serias dúbidas de que sepan quen é o Che e simplemente viron que a cousa era "cool"... podían poñen o Che como o logo de Nike ou unha foto de Michael Jordan.

    Algúns, cando soupemos o das camisolas, temos apostado a que a nova chegaba ó Caiga :-)

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Seve hai 421 dias 13 horas 28 minutosSeve
  3. #3   

    A imaxe do Ché está moi manida, todo o mundo o sabe, xa se usou para todo tipo de historias publicitarias, non sei porqué vos asombra tanto...

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Spaviladiyo hai 421 dias 12 horas 26 minutosSpaviladiyo
  4. #4   

    Ai, que cousas passam na casa...

    votos: 0, karma: 0
    escrito por gerardinho2000 hai 421 dias 12 horas 10 minutosgerardinho2000
  5. #5   

    Supoño que pagarán os dereitos de autor pola foto, que pertencen ao goberno cubano, por certo...

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Pablinho hai 421 dias 11 horas 33 minutosPablinho
  6. #6   

    Confirma que o Che -militarista, mitificador da xerarquia e a violencia, divulgador das bondades das élites, machista...- é un personaxe moi conservador. Un reaccionario, se mo permiten dicir con claridade.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por marinha hai 421 dias 11 horas 27 minutosmarinha
  7. #7   

    Ufff. É certo: ten que haber un virus no aire que lle licúa os miolos a máis dunha. O Che Guevara é un reaccionario e o PP da Pastoriza o confirma rotundamente. Para revolucionarios: os marielitos de Miami.:-D

    votos: 0, karma: 0
    escrito por pingheiras hai 421 dias 9 horas 13 minutospingheiras
  8. #8   

    "Ponte en Pé por (la victoria) A Pastoriza"

    friki-galiza profunda

    votos: 0, karma: 0
    escrito por xel hai 420 dias 16 horas 55 minutosxel
  9. #9   

    Centrismo o Muerte! kompañeros kamaradas :-D

    votos: 0, karma: 0
    escrito por susorubio hai 420 dias 16 horas 51 minutossusorubio

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]