O PP tenta silenciar os blogueiros de novo

 
O PP do Salnés de novo tenta ameazar os blogueiros polas súas críticas e di que loitará para conquerir que os blogueiros teñan que dar os seus datos reais e máis o seu documento de identidade. O PP do Salnés xa denunciara o ano pasado a dous blogs por consideralos ofensivos, estas denuncias foron admitidas a trámite polo xulgado de Cambados. Parece ser que os populares buscan silenciar aos blogueiros para rematar coas críticas que estes realizan, principalmente nos concellos de Ogrobe e Cambados.
14 comentariosen política
tags: pp, blog, censura karma: 302.00
votos negativos 1, votos de usuarios: 45, votos anónimos: 23

comentarios

  1. #1   

    Por aquí hai xente que sabe máis, pero coido que a LSSI xa obriga ós autores das páxinas web a identificarse...

    votos: 0, karma: 10
    escrito por ifrit hai 528 dias 23 horas 57 minutosifrit
  2. #2   

    #1 coido que se nom se tiver publicidade nom seria necessário.

    votos: 0, karma: 11
    escrito por one2 hai 528 dias 23 horas 54 minutosone2
  3. votos: 0, karma: 17
    escrito por chimpin hai 528 dias 23 horas 52 minutoschimpin
  4. votos: 0, karma: 18
    escrito por gerardinho2000 hai 528 dias 16 horas 49 minutosgerardinho2000
  5. #5   

    #1 si, pero os que fan comentarios non teñen por qué... ou pechas os comentarios, ou pódente amolar. Polo de agora aínda non se atreveron, pero o día que os blogs e os comentaristas dos blogs toquen moito a "moral" do poder, vai haber peches ao estilo chinés. Chuza! vaite preparando ;)

    votos: 1, karma: 16
    escrito por esperfulino hai 528 dias 15 horas 16 minutosesperfulino
  6. #6   

    #5 confío en que en chuza nos portemos moderadamente ben como ata agora ... :-)

    votos: 0, karma: 19
    escrito por berto hai 528 dias 13 horas 40 minutosberto
  7. votos: 0, karma: 10
    escrito por ifrit hai 528 dias 11 horas 10 minutosifrit
  8. #8   

    A Solidariedade do blogue "Meis, Caderno de Bitácoras" (O Salnés) contra a pretensión do PP de silenciarnos.

    meis.blogaliza.org/

    Eles son a causa de que existamos...

    votos: 0, karma: 6
    escrito por Meisalnes hai 528 dias 10 horas 48 minutosMeisalnes
  9. #9   

    En troques de pechar blogs... porque non se pechan eles na súa casa (e tiran a chave ao río), e deixan de dar motivos aos blogueiros para falar sobre eles.
    Porque sempre hai que matar ao mensaxeiro??
    Se un acto non está ben, a culpa é de quen o fai, non de quen o conta!!!

    votos: 0, karma: 7
    escrito por rundinaire hai 528 dias 10 horas 4 minutosrundinaire
  10. #10   

    Amigo escevola, o PP non tenta calar blogueiros. Quererás dicir o PP do Salnés. Se La Voz o di, xa sabemos que a maioría das veces é por intereses políticos, e polas subvencións que lle choven da Xunta de Touri. Nós alomenos, non deberíamos entrar nese xogo.

    votos: 3, karma: -35
    escrito por boboras hai 528 dias 3 horas 35 minutosboboras
  11. #11   

    Ola a tod@s: Se queredes ler a diatriba completa do PP de Ogrobe contra os blogs locais aquí a deixo: ppdogrove.blogspot.com/2008/01/plataformas-de-linchamiento.html

    votos: 0, karma: 7
    escrito por escevola hai 528 dias 8 minutosescevola
  12. #12   

    E os votos negativos pódese saber por que son?. Onde está o erro?. Acaso a Voz non chupa do bote?. En lugar de tocar as narices cos negativos, dar a cara. Escribir o que un pensa e punto.
    Eu na miña vida daría un ou dous votos negativos como moito, tanto aquí coma en menéame. Cada un é libre de opinar como quere, e cando se discrepa, polo menos dar a cara e dicilo.

    votos: 0, karma: 5
    escrito por boboras hai 527 dias 4 horas 57 minutosboboras
  13. #13   

    #12 O erro está en que o PP si tenta calar blogueiros. Ou acaso o PP do Salnés non é do PP?
    É moi fácil botar-lle a culpa á voz, pero quen levou a eses dous blogues ao xulgado (ver comentário #3) non foi ningún xornal. Foi o PP.

    votos: 0, karma: 19
    escrito por chimpin hai 527 dias 4 horas 51 minutoschimpin
  14. #14   

    # o PP do Salnés quererás dicir. E precisamente eu non defendo ó PP, pero o xusto, é xusto. A "merda" no mundo da política, haina en todos os partidos. Por suposto, a xente boa tamén a hai.
    Do que faga o PP do Salnés non é culpable todo o PP. A Ría do Burgo, está chea de merda ata os bordes, e precisamente os concellos limítrofes con ela son do PSOE.
    Entón eu escribo: "O PSOE é culpable das malas capturas de marisco na Ria do Burgo", ou tamén, "O PSOE é culpable de estar en paro 200 familias que viven no marisqueo na Ria do Burgo".
    Non se debe manipular a información nun interese determinado.

    votos: 0, karma: 5
    escrito por boboras hai 527 dias 2 horas 49 minutosboboras

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]