www.moendo.net/2009/02/22/a-terra-prometida/
enviado por zaratustra hai 350 dias 8 horas 47 minutos, publicado hai 350 dias 1 hora
O Alcalde de Xunqueira de Ambía, José Luis Gavilanes Losada (PP), interrompeu unha misa, no día de hoxe, para falarlle ós feligreses alí reunidos sobre os seus proxectos de futuro: a construcción dun novo cemiterio para a Parroquia de Abeleda. Pero, antes de rematar esta, e sen que ninguén lle dese a palabra, o Sr. Gavilanes tomouna, para evitar que os alí reunidos se fosen “en paz” como é costume e coa bendición do párroco. As misas en Xunqueira de Ambía remantan cando di o Sr. Alcalde que para iso é o Alcalde. E punto
comentarios
Pois a ver canto tardan os de Antena3, TVE, Cuatro, Tele5 e compañía en falar deste novo caso de secuestro

#1 Pero é que aínda non falaron del? Non o podo crer...
#2 Pois nom, mas na Ser o Fernando Delgado explicou que "Ancho Quintana" (sic) fora de passeio num iate e como resultado regalou um jornal e todo o vento da Galiza ao dono do barco.
#3 Que La SER e ABC coinciden na analise da actualidade a poucos días das eleccións falando dunha foto de hai 3 anos? Que curioso! tempo tardaron en falar da foto , non si?
Secuestro, secuestro!!!
De tanto mallar no BNG Touriño acabará sendo un divertido xefe da oposición. Iso sí, os molinillos acabarán en mans de quenes eles querían, ou sexa, nin un só galego.
chuza.org/historia/setecientos-mayores-en-ruta-a-portugal-son-desviado/
Ligada
O máis triste deste caso é o xeito en que dende a igrexa lle preparan o terreo ó Sr. Gavilanes, anunciando durante días nas súas misas a celebración do acto e a importancia de acudir a el. Apremiábase ós veciños para que fosen de xeito masivo para tratar un tema de gran interese para todos. Non fai falla dicir que a convocatoria foi todo un éxito. É triste que para un pobo envellecido como Xunqueira de Ambía, como moitos outros de Galiza, o relevante sexan políticas post morten e non políticas para mellorar o nivel de vida.
Ligada: chuza.org/historia/ppasion-de-gavilanes-e-para-reflexionar-unha-excurs/