oposicions.blogaliza.org/2006/05/14/o-persoal-das-fundacions-integrara...
enviado por Calidonia hai 1136 dias 22 horas 9 minutos, publicado hai 1136 dias 16 horas 24 minutos
Xunto ao proceso de integración das fundacións na sanidade pública moitos traballadores acadarán un posto de traballo público sen ter pasado por un concurso ou oposición. Moitos foron contratados por decisións tomadas en entrevistas persoais. Cada vez que á dereita (e á esquerda?) fomenta a xestión privada da sanidade pública estanse cometendo agravios comparativos con milleiros de opositores e interinos, porque a xente que vén da privada verá recoñecido o seu tempo de traballo coa integración.
comentarios
non sería millor oposicions.blogaliza.org/2006/05/14/o-persoal-das-fundacions-integrara/
si, xa o cambio
obrigado, despiste.
Non chegaba ca xente que colou Cacharro...
¡Hai que foderse!
Ehh... nas fundacions facer fixeronse oposicions claro que con probas tipo "psicotécnico" i entrevistas mais fixéronse. O traballo que alí se leva a cabo non desmerece en nada ó que se fai no resto dos centros públicos (que públicas son as fundacions ainda que non as xestione a administración) sen que o "corsé" do estatuto limite as funcions e cree situacions esperpénticas como que se deban empregar dúas persoas para trasladar unha mostra a un laboratorio... Relacionada (chuza.org/historia/fundir-as-fundacions/)