www.crtvg.es/programas/?p=375&m=1
enviado por mourullo hai 235 dias 22 horas 48 minutos, publicado hai 235 dias 20 horas 23 minutos
Rapaces galegos de Primaria, entre 6 e 11 anos, exporán en voz alta e clara, sen atrancos, a súa visión do mundo, da vida dos adultos e de si mesmos. Saber como viven e como pensan hoxe os nenos galegos ofrece unha idea de como se irá conformando a sociedade galega do futuro, ou esa é unha das ideas do programa, que está presentado por Belén Regueira e dirixido por María Yáñez. O programa comeza este domingo 30 de marzo, ás 21.26 h, con Alfredo Suárez Canal, conselleiro do Medio Rural da Xunta de Galicia, como invitado.
comentarios
por fin volve á tele! a ver se é o comezo da renovación da tvg...
sorte co programa
Alfredo Suarez Canal como invitado....
....

O clam dos Yañez comeza a tomar poder... Isso si que é preocupante.
Eu declárome fan desta muller, dende que facía o Chambo sempre a admirei, é das poucas/os presentadoras/es da TVG que nótase qué e galegofalante normalmente, ademáis de facer o súa laboura como presentadora moi moi ben. Os meu mellores desexos para ela nesta nova aventura.
Pero este programa non o había xa con outro nome? E porque poñen un programa de nenos ás nove da noite? Os Lunnis non van durmir ás oito?
#5 É às nova hora espanhola. Às oito hora solar para os nenos galegos

A mín cando me gustaba Belén Regueira era cando facía "Os Antípodas" en Radiofusión.
#7 concordo completamente...
O peiteado de Belén Regueira é unha clara homenaxe a Julia Otero cando esta saltou á fama, aló por 1988, por presentar o concurso '3x4' en TVE (www.redclic.es/julia/imagenes/jo027b.jpg)
Para algo, a monfortina presenta agora o país dos ananos catalán, 'No em ratllis!': www.tv3.cat/programa/216210913/
O País dos ananos?!? Se Celso Emilio levanta a cabeza!
Había un programa semellante até hai ben pouco. A ver como vai este. Sorte a Belén Regueira co proxecto. Se o fai tan ben como no Extrarradio éxito seguro.
eu desexolle o millor, pareceme unha moi boa idea!
si, pero só é "unha idea" a medias: é mais ben un plaxio
Este programa é unha volta de folla ao programa que presentaba antes Paco Lodeiro e emitían os domingos despois de comer (Pequeno Gran Show). Fixádevos nos créditos e xa me diredes se son os mesmos ou non...