www.galiciae.com/nova/4333.html#anchor_login
enviado por Galegoman hai 558 dias 6 horas 8 minutos, publicado hai 557 dias 13 horas 35 minutos
O profesor de Historia Contemporánea da USC Xavier Castro desmitifica o matriarcado galego nun libro sobre a vida cotiá dos galegos nos últimos 200 anos no seu libro 'Historia da vida cotiá de Galicia nos séculos XIX e XX'. "Aínda agora non é infrecuente escoitar a unha muller dicir que prefire a cabeza do peixe ou raspar do fondo da pota o arroz queimado e pegado, porque aínda está interiorizada a súa educación de sacrificio que se completa coa normalidade con que se vía o feito de que un home pegase á súa muller".
comentarios
Eso do arroz queimado, a cabeza do peixe, do cordeiro/cabrito, dase moito nas mulleres da miña familia. Supoño que é un matriarcado subversivo... Eran as que "gobernaban" as casas pero sin que os homes se disen conta do feito.Era sentirse importantes ó sentirse en certo modo "mártires".. menos mal que as cousas están cambiando
Pero como pode desmitificar un fenómeno ancestral estudando só os últimos 200 anos? O matriarcado galego é moito máis antigo e remóntase ás organizacións tribais previas aos romanos. Non se pode desmitificar algo estudando só os séculos finais do seu declive e substitución por unha imposición máis do modelo latino-castelán-católico-patriarcal.
De todos xeitos o libro pinta moi ben. As conclusións xa as tirará cada quen.