www.vertele.com/noticias/detail.php?id=18769
enviado por alema hai 152 dias 15 horas 19 minutos, publicado hai 152 dias 9 horas 26 minutos
Antena 3 ten previsto estrear o próximo 26 de maio "O método Gonzo", o seu novo magacín para as tardes presentado polo ex reportero galego de "CQC", Fernando González "Gonzo". "O método Gonzo" ofrecerase de luns a venres, previsiblemente na franxa de 17:00 a 19:00 horas. O programa combinará contidos de humor e actualidade, entrevistas e reportaxes, xunto cunha sección moi similar ao 'Proteste xa!' que o reportero popularizou en CQC. Triunfará?
comentarios
"Triunfará?" A miña aposta: NON
explícate, ifrit
#2 É unha aposta sen máis
Pois eu concordo con #1
se o trouxeran á jalleja..
alema, o Gonzo é reintegrata!! br.youtube.com/watch?v=dBNxKo9fHts

concordo con #1, e por ende con #4.
#6 en Portugal si, pero asegúroche que en Galicia é cervantino.
Coincidín con el no colexio, o rapaz xa prometía daquela. E o outro galego que estaba no CQC, Fran, estabamos todos na mesma clase. Espero que lle vaia ben.
concordo con #8; a min paréceme que fala galego com sotaquezito português ; por certo: para min que cando fala castelán ten bastante acento galego...
#10 Como Paco Vasques
#10 Só bastante??

#9 Por curiosidade, falava galego? Cuidado com o que respondes, não me vaias tirar abaixo um mito!
Eu só coincidi com ele no meu acto de licenciatura
galego sabe falar porque na entrevista ben que o emprega... outra cousa é que sexa galegofalante habitual.
#12 Eu coincidín con el uns meses estando de prácticas. El traballaba en Santiago cubrindo ao Compos (creo que daquela aínda estaba en Segunda) e non era galegofalante. Moi simpático, iso si, co seu BX do ano da polca e unha indumentaria hiphopera.
Pois eu non concidín con el en ningures. Son rara avis...