blog.chuza.org/2006/05/22/novas-categorias-en-chuza/
enviado por berto hai 830 dias 7 horas 48 minutos, publicado hai 830 dias 3 horas 34 minutos
Ben, chegou a hora de falar sobre as categorías de historias en chuza, acabo de engadir dúas máis: "Universidade" e "Estudos raros" e eliminar "esmorga", nos comments de esta historia podedes decir o que opinades sobre o tema este.
comentarios
"Estudos raros"?
Cousas do tipo:
-"Os galegos perdem mais pelo segundo a escolha da normativa, di estudo da ILG-RAG"
-"Propiedades eróticas do alecrim, nova em Querote"
-"Equipa interdisciplinar da NASA, o MIT, a Universidade de Cambridge, a RAG, A Mesa, AGAL, o Parlamento Europeu e a ONU emprendem estudo para clarexar em que caralho fala Tourinho..."
Nom?
eu diriao máis alto, pero non máis claro
E porque non empregar pra categoria de "Estudos Raros" o teremino "Noticias Frikis"????
porque, kiko, noticias frikis son todas
Abofé que si, pero non sei se son frikis as noticias ou nos.
Eu suprimiría a categoría nacionalismo, porque penso que tamén é politica, ainda que algúns digan que é terrorismo.
E cambiaríalle o nome por outro menos críptico á lgbt. (Ós que non entendemos as mais das veces non entendemos que queren decir esas catro letriñas á primeira)
E incluiría unha categoría de "autobombo chuza!" que ultimamente... ;D
o de lgbt si que é criptico... pero clicando creo que xa se entende o sentido e non hai outro concepto que xunte lesbi-gai-bi-trans en 4 letras...

o de unha categoria interna apuntoo
eu engadiría un "cultura" xenérico, aparte do de cultura libre, ou "arte", porque nese eido só están "letras" e "música", e as veces hai novas referentes a iso e non se sabe onde meter...
Anda Berto, anímate a facer unha tagcloud e así terás unha idea de que categorías inexistentes fai máis falta. Ou xa o fixeches
Outra cousa son os títulos que lles deas, e aí confío plenamente no seu criterio, unha vez convencido de que o de reintegratas es guai.
unha tag cloud en chuza?
chuza.org/cloud.php?range=2
Visto así, non creo que che axude moito a decidirte o tag cloud
Visto o tag cloud semellame que non estou tolo se pido unha categoría para as novas do Bierzo (ou como queirades denominar a este recuncho de terra)
kan, estaba esperando a que alguen o dixera
Bierzo categoría xa!
pero que facemos co resto das zonas raianas?
pois pon categoría "arraianas" e que poñan nos tags a cal delas se referencia a nova, propoño...
uissss, que conste a miña rotunda negativa á categoría "arrainas" ou conceptos asemellados
Mais, si crearía unha categoría tal que "lusofonía" [na que non vería mal que se falare de Portugal, Asturies, Llión, Angola, Moçambique, ...] ;-P
Homem,substituir o tag Portugal e ponhem "Resto da Lusofonia" p.e....nom estariamal...
Eu boto em falta um para de categorias: "internacional" ou "mundo" e "sexismo" ou "género" (nom a chamaria "feminismo"
Tamem aproveito para comentar que às vezes nom me sinto moi cómodo incluindo em "natureza" temas de denúncia ecológica, pois som precissamente "anti-natureza". Podia-se buscar um termo mais amplo ou ambiguo (tipo "verde" ou "ecologia", que poida incluir curiosidades, estudos e denúncias).
E, para demonstrar a "Lei de Berto": para quando umha versoom Reintegrata de "Chuza!"?.