www.avoz.com/veinticuatro_horas/noticia.jsp?CAT=39160&TEXTO=1000001230...
enviado por Kiko_das_leiras hai 830 dias 5 horas 59 minutos, publicado hai 830 dias 37 minutos
Despois de centos de correios envíados, campanhas na rede, artigos nos xornais e moitas accións máis chegou o intre no que o Parlamentinho Espanhol vai falar sobre o significado de "gallego" no diccionario da R.A.E. Lembrade que pra os espanhois "gallego" é sinónimo de "bobo" ou "tartamudo". Qué pasará??
comentarios
Está ben a ligazón? Devólveme un "Error: Page not found".
dicir para os espanhois é tendencioso, aparte de que ofende quen pode, non quen quer, ou iso din...
Iso de quitar palabras do dicionario non ten sentido ningún... o desexábel sería que chegara a pór "en desuso"
ou "deprecated" hehehe. non creo que se trate de quitar palabras do dicionário. supoño que do que se trata é de empregar as adecuadas.
Pero que van debater exactamente? se realemente eses trazos descritos na definicón responde á realidade ou que cousa? Opóñome a que o debatan!!!!!
Do que se trata é de eliminar esas acepcións porque nunca deberían existir como tales nun diccionario oficial. Un documento como ese nunca deberá reflexar a intrasixencia, racismo, machismo, ... da sociedade, porque se mostrase tal cual todo o que xurda da sociedade deixaría de ser necesario tal diccionario. Se non aceptamos que esté nel por exemplo a seguinte acepción (zorra: muller que non cumpre as súas tarefas do fogar e sae a divertirse coas súas amigas en contra de esperar, como debe ser, ao seu marido na casa), a pesar de que haxa moitos zopencos que sigan pensando así, tampouco deberiamos aceptar a acepción de gallego.
Dizer, si se me permite que na Ciberimandade há um fio aberto sobre este tema, e tem umhas cousas bem curiosas. Um companheiro colgou a definiçom de "judeu" em dicionarios de principios do S. XIX e de hoje em día. Desaparecerom todas as acepçons negativas, como nom podía ser doutra forma.
Que nom se rectifique este insulto a tod@s @s galeg@s nom tem nome.
Nen parvos nen tatexos, somos galegos. Eu optaría por non quitar estas verbas do Dicionario Español, senón incluír no noso: "Español: opresor, invasor, que gosta de colonizar e impoñer."