O Castro das Grobas, um tesouro arqueológico desconhecido

Neste pais, no que os dirigentes adoitam soterrar os tesouros arqueológicos baixo o formigom (afirmando: Castros hay de sobra) está bem lembrar algum desses lugares, sobretodo se nom conta coa projecçom turística apropiada.
5 comentariosen historia
tags: ribadeu, grobas, castro karma: 158.03
votos de usuarios: 21, votos anónimos: 2

comentarios

  1. #1   

    A verdade é que essa história me é muito familiar.

    Na minha freguesia também há ao menos um castro. Soubem da sua existência de forma casual, perguntando ao meu pai (pola orografia, dava-me que devia haver algum).

    O seu estado de conservação é toda uma incógnita. Que eu saiba, nunca foi escavado (nem, pois, espoliado). Os seus únicos vestígios visíveis, as pedras, fôrom reutilizadas para fazer valados (como em tantos outros casos).

    Actualmente está dividido entre as duas leiras de duas famílias, e polo meio passa um carreiro que em tempos foi de terra mas que hoje em dia está asfaltado.

    Numa outra freguesia vizinha também têm um castro. Nesse caso, sob uma leir...

    » ver todo o comentario

    votos: 0, karma: 0
    escrito por galeguzo hai 1227 dias 14 horas 6 minutosgaleguzo
  2. #2   

    Na miña vila pasa algo parecido. Castros agochados, sen escavar e espoliados (eu mesmo collín un trozo de ceramíca cando era neno, porque todos o facían...). Dolmens e mamoas cheos de basura. Se ves dentro dalgunha mamoma comprobarás que están chegos de bolsas de plástico, bolsas de patatas fritas, condóns... etc. Dolméns quitados de sitio e postos noutro sitio porque pasaba unha estrada por ese lugar (unhas pedras que puxeron hai miles de anos nun determinado sitio e por unha determinada razón, agora están noutro sitio...). E petroglifos cheos de basura, case sen señalizar e en moi mal estado.

    É nefasta a política en Galiza respecto á arqueoloxía e ao noso máis antergo pasado.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por IaRRoVaWo hai 1227 dias 1 hora 2 minutosIaRRoVaWo
  3. #3   

    Alá de por onde eu son creo que non hai tantos castros nin mámoas, ainda que nun monte illado na parroquia do lado preto do cumio habia unha especie de orografia estraña, unha especie de valado onde non habia leira nin case medraban os toxos, e pequenos montonciños de terra esparexidos por dentro. Podería ser calquera cousa, pero eu non son deses que andan a investigar.

    O da política respecto á arqueloxía é lamentable, xa que esta é totalmente inexistente. Só de moi cando en cando se oe algo sobre que para facer a concentración parcelaria se escarallaron mámoas a ducias, ou que para construir un novo edificio en Lugo van soterrar un xacemento romano embaixo do cemento.

    Ago...

    » ver todo o comentario

    votos: 0, karma: 0
    escrito por unho hai 1227 dias 45 minutosunho
  4. #4   

    Uma outra história de castros, a do idem do Logoso (Dumbria): www.manuelgago.org/blog/?p=1563

    votos: 0, karma: 0
    escrito por galeguzo hai 1226 dias 13 horas 54 minutosgaleguzo
  5. #5   

    Para quen lle interese, hai un grupo de flickr para xuntar fotos de castros, dólmenes, mámoas, ... De momento tan só temos 3 fotos engadidas, pero creo que será un bo xeito de coñecer os nosos restos arqueolóxicos e de paso poder facer algunha denuncia ao respecto. www.flickr.com/groups/castrosdolmenesmamoas

    votos: 0, karma: 0
    escrito por birnarem hai 1226 dias 7 horas 45 minutosbirnarem

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]