www.lavozdegalicia.es/galicia/2008/08/21/0003_7076846.htm
enviado por xoseanton hai 317 dias 6 horas 54 minutos, publicado hai 316 dias 23 horas 58 minutos
O BNG asume o adianto eleitoral e fixa a súa Asembela para o 5 de outubro (á espera da ratificación do Consello Nacional). A primeira con compromisarios e non por voto directo de militantes como ate agora.
comentarios
É pouco comprensíbel que se vaia estrear o dos delegados na elección do candidato á presidencia da xunta.
Non sería mellor para Quintana unha asemblea aberta na que participasen todas e todos?
Máis parece o interese da UPG o que prevalece; contando co control do aparello faranse os imprescindíbeis e a eles tanto lles ten 13 deputados coma 20 con tal de controlar.
Quin recciona ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡
¿5 de Outubro? ¡San Froilán!
Penso que o dos delegados foi un dos grandes erros do BNG nos últimos tempos (aínda que non o único). Aprobouse na anterior Asemblea e agora penso que nin o propio Consello Nacional poida recuar. Quintana é un candidato moi cómodo para a UPG polo que, se segue sen facer ruido, ten o futuro garantizado ao frente da organización.
Os que queren os delegados son os das upg co que poderan visualizar, como lles gusta decir, o seu poder sobre quintana, o menos importante é o candidato senón a composicion das listas e o reparto futuro de consellarias.
#1, #3, #4 Só lembrarvos que o pulso de poderes entre os distintos partidos en función do número de votos fui cousa de todos, e na miña opinión non foi precisamente a UPG quen o forzou. Loxicamente era a que máis posibilidades tiña de vencer nese contexto (e máis cunha alternativa tan dividida), e asi foi. Non entendo a que vén tanto mamoneo se todos os partidos quixeron que a cousa se resolvera asi, ou só nos vale se gañamos? Por certo, logo da votación non houbera un acordo entre todos as forzas (exceptuando a MpB, que se negou libremente a participar)? Por que agora facemos como se non existira e só houbera un tándem UPG/Quintana, porque falta un mes para outra Asemblea Na...
» ver todo o comentario
E conste que nin sequera me postulei no tema dos partidos ou se estou de acordo co asunto dos delegados, só falei de cuestións que me parecen de ABC e que cría que todos tíñamos asumidas por defecto.
Ai ai, avanzando na democracia. E pensar que me apuntei ao bloque só pra poder participar das Asembleas...............
#5 Falo de memoria, se estou trabucado que me corrixan, pero o que se votou na asemblea non era a posibilidade de que as asembleas foran por delegados/as?
A palabra clave é entón 'posibilidade' de aí que haxa opción de que sexa ou non.
Atopei esto. Non sei se serán os estatutos da última asemblea:
3. DA ASEMBLEA NACIONAL.
A Asemblea Nacional é o órgano supremo do BNG e o titular da soberanía da organización. Será
competente para a discusión e crítica política e para todas aquelas cuestións que atinxiren á
expresión da vontade política da organización.
Son funcións específicas da Asemblea Nacional a aprobación dos principios políticos e
organizativos e dos Estatutos do BNG e calquera modificación que se introducir nos mesmos.
Asimesmo á Asemblea Nacional correspóndelle elixir 50 membros do Consello Nacional
entrante, as persoas integrantes da Executiva Nacional, o/a Portavoz Nacional e o Presidente do
Consello Nacional.
Serán membros de pleno dereito da mesma todos os militantes do BNG que tivesen solicitado a
alta antes da data da convocatoria da mesma e coas cotizacións ao día, podendo participar nos
plenos e comisións da mesma de forma directa ou mediante a elección de delegados e delegadas.
Que sí, que sí, que o touro que matou a Manolote chamábase UPG. Iso sí, logo cando hai que ir á praza só aparece o mesmo touro.
Tes razón. Nas manifestacións contra Reganosa so había xente da UPG...
Estiven sacando o pó aos documentos da anterior Asemblea e o que dí é:
"A XII Asemblea Nacional do BNG aproba que as Asembleas Nacionais no sucesivo se celebren por medio de delegados/as electos/as, como posibilitan os actuais Estatutos do BNG".
Así que de posibilidade nada. Será unha Asemblea por delegados/as.