Nova liorta cultureta Jaureguízar-Caneiro

Os dous escritores e xornalistas bilingües levan tempo póndose podres un ao outro, incluso Manuel Rivas chegara a entrar no sarillo. O desencadeante deste novo round foi este post de Caneiro: avidanovademadamebovary.wordpress.com/2008/07/02/polemicas/, que comeza coa frase: Santiago Jaureguízar, un redactor de escasa lucidez e ínfimo talento. En categoría lercheo mentres non haxa a de patio de galescola.
9 comentariosen lercheo
tags: liorta, jaureguízar, caneiro, rivas karma: 256.39
votos negativos 3, votos de usuarios: 28, votos anónimos: 6

comentarios

  1. #1   

    votei irrelevante porque o pelma do Caneiro non é quen el pensa (Otero Pedrayo), e a súa estratexia é a do lercheo tipo Gran Hermano para vender libros (só vendelos, porque ninguén pasa da páxina 10)

    votos: 0, karma: 16
    escrito por mortiza hai 47 dias 8 horas 36 minutosmortiza
  2. #2   

    É precisamente a razón polo que chucei a nova: dous "adolescentes entrados en anos" pelexando por quen a ten máis longa, a ver se algún día se decatan do ridícula que é a súa actitude. Pero as novas da categoría lercheo raramente chegan a portada a menos de ser espidos de Interviú :-D

    votos: 0, karma: 16
    escrito por lourixe hai 47 dias 8 horas 23 minutoslourixe
  3. #3   

    Caneiro - Jaureguízar, Jaureguízar - Caneiro... estes acaban liados, dígocho eu...

    votos: 1, karma: 29
    escrito por maceirax hai 47 dias 8 horas 2 minutosmaceirax
  4. #4   

    Categoria pátio de galescola já!
    Para todas estas liortas internas![Internas de quê?]

    votos: 1, karma: -1
    escrito por Fer hai 47 dias 2 horas 9 minutosFer
  5. #5   

    Cuanto mas se pelean, mas se desean. Estes o unico que querem é dar que falar para que nom os esqueçamos

    votos: 0, karma: 15
    escrito por odeteresa hai 46 dias 17 horas 46 minutosodeteresa
  6. #6   

    O Caneiro atreve-se a dizer do Jaureguizar que este é "un redactor de escasa lucidez e ínfimo talento" !!! xD xD xD Isso sim que é ver a palha no olho alheio e nom ver a trave no próprio olho!!! Relacionada: chuza.org/historia/xose-carlos-caneiro-um-vogon/

    votos: 0, karma: 11
    escrito por osanma hai 46 dias 17 horas 36 minutososanma
  7. #7   

    Outra volta de porca: Manuel Rivas en El País: Ocorre que se criticas o que alguén opina, e nomeas o autor (por respecto a el e ao lector), hai quen o toma como unha terríbel ofensa persoal. E logo os vigairos: "Que lle fixeches a fulano?". Como se lle deses coa Minerva nos parafusos da cabeza.
    www.elpais.com/articulo/Galicia/Alguen/ten/ocuparse/da/verdade/elpepias

    votos: 0, karma: 15
    escrito por lourixe hai 46 dias 16 horas 32 minutoslourixe
  8. #8   

    Estes son de segunda división. A ver cando topamos un diálogo Ferrín-Rivas en páxinas alternas! Iso si sería a Champions.

    votos: 1, karma: 26
    escrito por Calidonia hai 46 dias 12 horas 42 minutosCalidonia
  9. #9   

    #8 ese pareceriame pouco rival, con todo o meu respecto por Rivas. Ferrín aprendeu de Paco del Riego, coñeceu a Ramón Piñeiro, é da xeración de Franco Grande... xoga noutra liga.

    (por certo, 2008 é o CINCUENTENARIO do "Percival", non sei se se vai celebrar)

    votos: 0, karma: 17
    escrito por mortiza hai 46 dias 10 horas 47 minutosmortiza

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]