"Non pode haber municipios de 200 habitantes"

O secretario xeral da Vicepresidencia da Xunta, Xabier Ferreira, subliñou a fusión de concellos como mecanismo para aumentar a calidade dos servizos a nivel local.
9 comentariosen política
tags: concello, ordenación, territorio karma: 257.00
votos de usuarios: 31, votos anónimos: 9

comentarios

  1. #1   

    200 habitantes? isso é umha aldeia!

    votos: 0, karma: 9
    escrito por Xesteira hai 65 dias 12 horas 31 minutosXesteira
  2. #2   

    O máis pequeno que atopei foi Negueira de Muñiz con 213

    votos: 0, karma: 13
    escrito por xindilo hai 65 dias 12 horas 22 minutosxindilo
  3. #3   

    Moi lóxico: o marco administrativo máis amplo está directamente vencellado á superación das deficiencias económicas e á prestación de servizos de calidade, polo tanto hai que renunciar a calquera tipo de razón que poña en cuestión afirmación tan simple como categórica e avogar pola fusión de comunidades autónomas como mecanismo para aumentar a calidade dos servizos :-P
    Cansa fico con estas luminarias

    votos: 0, karma: 10
    escrito por pingheiras hai 65 dias 12 horas 19 minutospingheiras
  4. #4   

    Só umha simples comparança.

    Condados é a Gales o que comarcas a ??????

    votos: 0, karma: 7
    escrito por Scaaveiro hai 65 dias 11 horas 37 minutosScaaveiro
  5. #5   

    #4 Cataluña??

    A verdade é que é lóxico que se unan concellos, pero moito político pequeno protestará por medo a perder a súa taifa.

    votos: 3, karma: 46
    escrito por anxo hai 65 dias 10 horas 51 minutosanxo
  6. #6   

    Nem estados de 1000...

    Cidade do Vaticano > Populaçom - Estimativa de 2007: 800 hab.

    votos: 0, karma: 9
    escrito por malpocado hai 65 dias 10 horas 10 minutosmalpocado
  7. #7   

    #5 Ala! Animalote!

    votos: 0, karma: 7
    escrito por Scaaveiro hai 65 dias 10 horas 6 minutosScaaveiro
  8. #8   

    O señor Ferreira estanos a propoñer que a solución contra a dispersión poboacional e o recentralismo?
    Non entendo que vai solucionar iso.
    Unir varios concellos para dar un servizo implicará que algún dos antigos concellos quedará sin el, non? Porque se non vai a quedar ningún sen o servizo para qué carallo hai que unilos?

    votos: 1, karma: 28
    escrito por zaratustra hai 65 dias 9 horas 27 minutoszaratustra
  9. #9   

    #7 Non tanto... O sistema de comarcas funciona razoablemente ben a nivel administrativo en Cataluña, aquí tentouse copiar mal, e así está.

    #8 Non vexo por qué

    votos: 0, karma: 10
    escrito por anxo hai 65 dias 6 horas 31 minutosanxo

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]