Non hai acordo....

Parece que definitivamente non hai acordo para un novo Estatuto, o PP péchase en banda.
5 comentariosen política
tags: estatuto, bng, psoe, pp karma: 269.00
votos de usuarios: 36, votos anónimos: 15

comentarios

  1. #1   

    [mode=berto] Há muita gente que sigue chuza por RSS e ve as novas fora do contexto, os titulares aclarativos som mais agradecidos co usuario. [/mode]

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Fer hai 638 dias 3 horas 30 minutosFer
  2. #2   

    dicir que o PP chegou a presentar un recoñecemento do sentimento nacional galego para o preámbulo na reunión. Se é certo, creo que é un paso adiante, tendo en conta o que se está vendo do PP, especialmente certos sectores do partido en Madrid.

    Está claro que non é unha definición moi ambiciosa, en comparación coa plantexada en Catalunya, pero hai que ter en conta que ven asinada polo PP.

    ¿Non chega para un acordo? Se cadra non, pero paréceme que non é unha conclusión tan negativa, e que se había acordo noutras cuestións se podía tentar manter viva a negociación.

    Repito, pensade que é o PP, con todo o que iso supón, o que fai esa proposta de "sentimento nacional". A min sorprendeme para ben.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por zavou hai 638 dias 37 minutoszavou
  3. #3   

    Aida há moito esclavo... No pp non foron quen de aceptar isto...
    "
    O preámbulo proposto polo presidente da Xunta foi o seguinte:

    "Ao longo da súa historia, Galicia forxou un sólido carácter nacional, que é froito da vontade dos seus cidadáns e do seu pasado común, pero tamén dun territorio diferenciado, dunha cultura senlleira e dunha lingua propia.

    Galicia desenvolveu unha clara identidade cultural e política reflectida na vixente Lei de Símbolos de Galicia, que recolle a formulación do sentimento galeguista e do pasado compartido falando do fogar e da nación común dos galegos.

    O devandito carácter nacional atopa a súa expresión na Constitución e no artigo prime...

    » ver todo o comentario

    votos: 0, karma: 0
    escrito por petopitopato hai 637 dias 20 horas 34 minutospetopitopato
  4. votos: 0, karma: 0
    escrito por maceirax hai 637 dias 11 horas 49 minutosmaceirax
  5. #5   

    Este Frijolito ten de 'galegista' o que eu de americano...

    votos: 0, karma: 0
    escrito por tonio hai 637 dias 9 horas 23 minutostonio

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]