www.poesiagalega.com/
enviado por Bran hai 378 dias 46 minutos, publicado hai 377 dias 11 horas 54 minutos
Poesía galega nace co obxectivo de ofrecer un espazo para que toda persoa que escriba poesía en Galicia poida publicar a súa obra gratuítamente.
comentarios
A picar na mina tinham que ir...
virghensanta
Por fin un espazo onde mandar tantas obras creadas co "Gerador automático de poesía galega": www.aduaneirossemfronteiras.org/blog.php?id=70
cantos espazos existen para que toda persoa que escriba poesía en Galicia poida publicar a súa obra gratuítamente? milleiros, millóns deles?

...e ese .com cheira
Sorte nesta nova iniciativa companheiros e companheiras
Non fagades caso das críticas e trabalhade arreo na vosa utopía

1000 primaveiras máis pra nosa poesía
Son Xabier Figueroa Iglesias, un dos administradores e de quen xurdiu a idea de crear esta web. Respeto as críticas que xorden nestos comentarios, máis siceramente non as comprendo.
A páxina non ten ningún tipo de beneficio, de feito o dominio pagoo eu do meu propio peto e o link de entercom que esta posto é debido a que nos ofertaron sen ningún tipo de interés apoio técnico. Apoio que por outra parte agradezo moito, pois sen el esta iniciativa non podería ir adiante.
Podedes pensar o que queirades, pero doime porque con este proxecto sen ánimo de lucro invertín moitas horas e todo en beneficio das persoas que escriben.
Agora a decisión xa é da xente que escribe.É so un medio máis pero sabede que detrás de un .com ou un .org ou un.net ou do que sexa hai persoas, e neste caso tanto eu como as persoas que se embarcaron neste proxecto son persoas que queren aportar á cultura galega, non ó seu peto.
#6 acabo de rexistrarme en poesiagalega.com e non me deixa enviar unha poesia!!
Non entendo iso, suponse que é para q as persoas poidan publicar as suas poesias
#6 todo o meu apoio e noraboa polo projecto. Nom faças casso do que diga qualquer monicreque que pulule pola rede (e sobre todo nom entres ao trapo, que nom merece a pena), o que fas tem muito mérito.
Um saúdo.
#4 e #6
eu si que comprendo as críticas porque cando xa existen espazos como andar21.fiestras.com e xorde algo novo pois a verdade é que non queda moi claro que achegades "de novo" ou de diferencial. O o de .com é "comercial" de toda a vida, aí estou de acordo con que non foi unha decisión acertada.
Ademais vexo mal ou hai un "copyright" por aí? Que sentido ten?
#6, Xabier, todo o que explicas debería constar no web e deberiades trocar o .com por calquera outro TLD. E ese copyright tamén debería ser diferente. Unhas condicións legais afeito non vos costaban nada
Noraboa e a tirar cara adiante... sen mirar cara atrás
" © 2007 Poesía Galega" Quen é legalmente Poesía Galega, ese pusuidor dos dereitos das poesías que envían os usuarios, quen dis por outra banda que son os "beneficiarios" de todo o que facedes? Aínda estades a tempo de corrixir as incoherencias. Daquela teredes todo o meu apoio.
E se o de EnterCom é un intercambio ou esponsorización ou o que ti explicas antes, non deberiades poñer "Publicidade", pois iso, enténdese que é feito a cambio de diñeiro.
E tampouco estaría mal cumprirdes coa Lei de Protección de Datos ;-D
www.poesiagalega.com/index.php?option=com_registrationr
molan mil os retratos dos poetas ao "carboncillo photoshop".
andar21.fiestras.com tamén ten un ".com", logo porque dicides que non é comercial? Que eu saiba "R" é unha empresa e o proxecto "fiestras" procura beneficios.
que haja um .com ou publicidade nom é um problema, os projetos deste tipo tenhem-se que manter dalgum jeito e a publicidade é um meio moi bom pra isto. O problema é que nom se deixam claros os termos legais e menos co © de embaixo... como di #12 que passa cando alguém envia umha poesia??
Pois a mim tanto me tem que um sítio web tenha .com
Apesar de que na origem tinha significado comercial, nem todos os webs com este tipo de domínio o são. Ademais, o .com é o primeiro domínio que a qualquer pessoa lhe vem à cabeça.
Os tempos mudam, não me sejais tão fundamentalistas
O que sim é importante é a licença.
Son un dos colegas do andar21.net e quero darlle a benvida a esta nova páxina web de poesía.
Tamén quero aclararvos que o copy de R para as fiestras non fai senón protexer os contidos que se están a explotar. É dicer os dereitos son dos autores e R, como proveedor do espazo web, protexe eses dereitos.
Claro que R "procura beneficios", e seica non os obtén, precisamente, con andar21 nin co proxecto fiestras (que como sabedes vén do universo pre-blog), nin seiquera coa publicidade de google que nos quixo cascar.
andar21 non obten cartos de ningún concepto nin sirve para nada que non sexa o desfogue poético dos seus editores e colaboradores. Así foi como andar21, a comezos de século, sen cartos, sen ordenata, sen dios e sen amo se botou ao monte desde un ciber da parte de Ferrol. Como todo o mundo sabe: andar21 non existe desde o ano 2001