galizaid.com/
enviado por chimpin hai 483 dias 11 horas 16 minutos, publicado hai 483 dias 1 hora 44 minutos
Farto de ter que lembrar tódolos nomes de usuario e contrasinais dos servizos web que utilizas habitualmente? OpenID é a solución que buscabas. cun identificador proporcionado por GalizaID poderás acceder a tódolos servizos compatibles con OpenID sen ter que crear un novo usuario. O sistema é válido para sítios como Blogaliza, Lareta ou o próprio Chuza!
comentarios
Sorprendido de que ninguén chuzara ainda isto!
#1 Merda! Merda! Merda! Chuzei-a antes de comprová-lo.... Chimpín, se reparas nos Chios chuceiros, verás que GalizaID ainda não está finalizada, polo que não se podem criar contas de usuário

Por sorte, se se cumpre o dito por um dos criadores, Andrés Milleiro, em poucas horas (ou minutos?) já estará acessível chuza.org/chios/andresmilleiro/7390
#1 Gerardinho, o chio de @andresmilleiro é de onte. Eu estou felizmente rexistrado (agardando polo mail de confirmación), así que supoño que se poderá.
#3 ¿queres probalo? rexistrate --> Aínda estamos en beta, só faltan dúas semanas, polo que non podes crear a túa conta todavía.
#4 Pois a min logo do queres probalo? rexistrate Seu-me un formulário que enchín e enviei.
Non podo descarta-la xa.
Agora sae iso.
#5 Idem, e despois de ler o comentário do suevo.

O que si, o correio-e prometido nom chega...
A min tampouco me deixa rexistrarme. E facer publicidade en Chuza dun sitio inactivo chámase...
pois non che sei, asi que chimpin acábase de aforrar un negativiño 
Cómo presta ser betatester...
Firefox lembra todas as senhas por mim...
Non me lembro de nada
#5 Eu precisamente fiz o cmentário porque me saiu a mesma mensagem que há várias semanas: que ainda anda em beta e no se pode criar conta
Tu seguro que tens enchufe e por isso pudeste

#9 Aaaamén!
Boas Rapaces,
son o programador de GalizaID
a verdade e que vos adiastedes un pouco, agora mesmo están a bailar as dns, supoño que mañán se estabilizarán.
na instancia nova xa está activado o rexistro ademáis moitas outras cousas.
esperamos que nos votedes unha man a atopar erros e ter por tanto un sistema de identificación en galego e para os galegos cunha calidade decente.
engadir tamén que en canto se vexa que o nivel de fallas é minimo ou nulo, as fontes do mesmo estarán licenzadas baixo a GPL e polo tanto poderedes fodellar nas fontes. Aínda que moito hai que retocar para iso.
Esperamos vos goste
#12 Obri cuppido.

Logo a nova está ben!
#12 Eu votar já votei... se tal logo boto umha mão para atopar erros

Contas novas activas e xa poden loguearse, como era previsible teño unha pequena falla no postfix (encargado de enviar os correos en galizaid)
Si, está ben, o tema é das DNS e que cicais ata mañá non estea todo. Impacientes, que sodes uns impacientes do carallo
#13 Relativamente bem, porque eu afinal consegui solicitar o cadastro ontem à noite... e ainda estou esperando o mail de confirmação

#16
Obrigado a Fran, Martín e Andrés polo traballo! Confío non ter esquecido a ninguén e, se así fora, obrigado a "quen fora" tamén!
#18 O Equipo de GalizaID somos Fran, Héctor e mais eu
: galizaid.com/quen-somos
Xa furrula ao cento por cento!!!