Morre o ministro de interior mexicano, o galego Juan Mouriño

Morre o ministro de interior mexicano, o galego Juan Mouriño
 
O ministro de interior mexicano, o galego Juan Mouriño, faleceu hoxe nun accidente de avioneta a canda outras nove persoas máis. Mouriño era a segunda persoa en importancia do goberno mexicano, por detrás do presidente Calderón. Descoñécense as causas do accidente. Mouriño era fillo do presidente do Celta de Vigo.
12 comentariosen obituarios
tags: méxico, celta, emigración karma: 264.00
votos de usuarios: 41, votos anónimos: 15

comentarios

  1. #1   

    Home, digo eu que case mellor en obituarios, ou?

    votos: 1, karma: 28
    escrito por doceasubio hai 461 dias 18 horas 55 minutosdoceasubio
  2. #2   

    #1 Feito

    votos: 0, karma: 9
    escrito por Cesare hai 461 dias 18 horas 28 minutosCesare
  3. #3   

    Falece en accidente de avioneta en México o fillo do presidente do R.C. Celta de Vigo
    www.europapress.es/galego/noticia-falece-accidente-avioneta-mexico-fill

    votos: 0, karma: 9
    escrito por tximbalee hai 461 dias 12 horas 16 minutostximbalee
  4. votos: 7, karma: -10
    escrito por galeku hai 461 dias 8 horas 56 minutosgaleku
  5. #5   

    Vendo como está a situación en México isto ten moi mala pinta...

    votos: 0, karma: 6
    escrito por ramix hai 461 dias 8 horas 55 minutosramix
  6. #6   

    #4 Que sexa bo ou malo non é o debate acó. Calquer galego fora e máis con un certo poder sempre é bo para Galiza, evidentemente sempre podía ser mellor, mais é un contacto ou unha proxección internacional, e por suposto antes que Chiapas está Galiza para min, e o problema deles non o creou o Mouriño aínda que fose cómplice nesta xeira. Así que cando mollen bolachas no leite, non as confundan coa tona.

    votos: 6, karma: -14
    escrito por doceasubio hai 461 dias 8 horas 46 minutosdoceasubio
  7. #7   

    #6 Bem, se para ti a 'tona' e o superficial neste caso é o feito de serem um filho de puta explotador sem escrúpulos ao que se pode anteponher éticamente á accesoria pertenza a um territorio cultural imaxinario, pos falem. Eu tenho outra medida e outra idea do que é bó e do que merece ser proxectado de e neste país, pero em todo caso o debate acó nom creo que o definas ti de xeito exclusivo.

    votos: 5, karma: 28
    escrito por galeku hai 461 dias 8 horas 17 minutosgaleku
  8. #8   

    #7 Eu non me refiro ao debate en Chuza senón na nova, non é que eu sinta ningunha simpatía por este fenómeno nin o seu pai, só digo que a nova é simplemente a información do pasamento e debe ser salientada por ser un contacto económico, penso que non me expliquei ben. Nese senso é relativamente importante para Galiza e para estar en Chuza.

    votos: 0, karma: 19
    escrito por doceasubio hai 461 dias 8 horas 10 minutosdoceasubio
  9. #9   

    #8 Oks, queda claro. Em calquera caso nunca dixem que a nova nom debera estar e os comentarios som para o que som: para comentar e opinar livremente.

    votos: 0, karma: 6
    escrito por galeku hai 461 dias 7 horas 59 minutosgaleku
  10. #10   

    #6 'Calquer galego fora e máis con un certo poder sempre é bo para Galiza' --> tinyurl.com/ywkl6v

    votos: 3, karma: 57
    escrito por Galegoman hai 461 dias 7 horas 43 minutosGalegoman
  11. #11   

    xD xD ese non estaba fora que estaba dentro o condanado, e por riba non tirou para á terra xD xD

    votos: 1, karma: 7
    escrito por doceasubio hai 461 dias 7 horas 41 minutosdoceasubio
  12. #12   

    #10 certamente, a frase dispara alarmas no meu cortex cerebral "Calquer galego fora..." xD xD

    votos: 0, karma: 11
    escrito por xel hai 461 dias 7 horas 35 minutosxel

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]