www.hoy.es/prensa/20070427/regional/microsoft-puede-aportar-mucho_2007...
enviado por amieiro hai 572 dias 21 horas 51 minutos, publicado hai 572 dias 7 horas 3 minutos
Nesta entrevista, vista Vía Barrapunto, a Presidenta de Microsoft Ibérica, Rosa María García, ademais de soltar unhas perlas sobre linux (por non dicir mentiras), comenta que "estamos pendientes de llegar a un acuerdo con la Xunta de Galicia."
¿Será esta unha das medidas do PEGSI, encamiñadas a difundir o coñecemento "libre"? :D:D
comentarios
Eu dos de Microsoft non me creo nada, pero dos políticos tampouco. Deámoslle tempo, pero como se confirme...
É un globo sonda. Iso sí, se non hai reacción contraria por parte de empresas e cidadanía, sería fácil que tiraran pradiante. Non é coa Xunta con quen debe negociar Microsoft, é co pobo, que é quen paga as licenzas e quen sufre o efecto negativo do sofware privativo na economía e na cultura. Ante este tipo de lobbies, quen cala outorga...
Dende logo...Perfiren pagarlle a unha empresa americana que nin sequera vai virlles amañar os programas ou adapatalos as necesidades da Xunta, que pagarlle ós novos informáticos galegos para que implanten, manteñan e creen programas de software libre para o mesmo uso e incluso cun menor orzamento (precisanse menos requisitos de hardware...). E logo din que queren o mellor para o pobo. Si¡¡¡ pero ¿para que pobo?
P.D.: E pasa o mesmo nos concellos, sergas, policias, bibliotecas, institutos, escolas, universidades...
+Internet, + Galego, + Futuro, + Microsoft
Dende logo este goberno ou sofre dun forte trastorno bipolar ou dunha falsedade manifesta. Fai uns días fainos chegar a declaración de intencións do PEGSI no que se mostra partidario no avance do software libre como mellora da nosa sociedade do coñecemento e agora descubrimos atónitos, eu polo menos, que está en tratos ca empresa máis anti soft. libre. O colmo de colmos e que a representante desta empresa da a entender no entorno da entrevista que os tratos ca Xunta de Galicia son un paso importante para evitar que o sofware libre siga avanzando nas administracións autonómicas españolas. Outra decepción máis, e xa parece que me estou acostumando
.