www.galiciae.com/nova/5165.html
enviado por Pirixel hai 756 dias 9 horas 28 minutos
Os Pitufos cumpren 50 anos. Os personaxes de Peyo (Bruxelas, 1928-1992)alcanzaron a fama mundial grazas á repercusión dos seus cómics e sobre todo á adaptación televisiva da serie do ano 1981.Os Pitufos viron a luz o 23 de outubro de 1958 como personaxes secundarios, e un ano máis tarde protagonizaron o seu primeiro título propio: Os Pitufos negros. As aventuras destes personaxes azuis foron publicadas en catalán como Els Barrufets por vez primeira en 1967, tres anos antes de aparecer en castelán como Los Pitufos.
comentarios
Para o 23 de outubro aínda falta un chisquiño, non?
#2 Home, son 50 anos este ano... non sexa vostede tan pitufo gruñón, mourullo