Máis plaxio dos media galegos de contidos de Galicia Gastronómica

Semella que Galicia Gastronómica estase a converter en referencia da información gastronómica para os grandes xornais galegos. Despois de La Voz de Galicia (chuza.org/historia/que-feliz-coincidencia-entre-cocineiros/) agora é El Correo Gallego que copia e pega sen misericordia (nin citar a fonte). Comparar (www.elcorreogallego.es/indexCanales.php?idMenu=666) do 9 de decembero con (www.galiciagastronomica.com/index.php?option=com_content5) publicado o 20 de outubro.
15 comentariosen denuncia
tags: plaxio, galicia gastronómica, correo, voz karma: 170.00
votos de usuarios: 31, votos anónimos: 12

comentarios

  1. #1   

    boas colineta, moita xente lee chuza a través do RSS polo que so consultan os titulares das historias e moitas veces son os que determinan o interese de seguir lendo, esa é a xente que normalmente se queixa polos titulares pouco explicativos... eu creo que é mellor pa todos meter máis información no titular para contextualizar un pouco...

    un saúdo e quizais poderíades considerar unhas licenzas abertas dos contidos que creades para normalizar esta situación... :-)

    votos: 0, karma: 0
    escrito por berto hai 592 dias 1 hora 49 minutosberto
  2. #2   

    Aquelei um chisco o título (e os tags) agardo que a Colineta nom lhe moleste :-P

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Fer hai 592 dias 1 hora 42 minutosFer
  3. #3   

    Gracias, Berto e Fer, pola axuda. Sempre se aprende algo novo.
    Galicia Gastronómica é un medio comercial, o mesmo que La Voz de Galicia e El Correo Gallego, polo que a solución non son as licenzas abertas. O problema non está realmente en que me copien, senón en que o faigan sen polo menos citar a fonte. La Voz de Galicia asina a nova como "agencias", co que se quita o morto de enriba de cara ao público. El Correo ten a desfachatez de atribuir o traballo a "redacción-Santiago", cando a reportaxe a escribín eu despois de pegarme unha panzada de quilómetros ata o Barco nun día de diluvio, patear a adega e as viñas con López Isla e chegar de volta á casa pasadas as doce da noite. Mentres "redacción-Santiago" empregou o copio-pego ben quentiño na redacción.
    Se a cousa segue medrando, ao mellor hai que pensar en crear unha sección nova en GG sobre plaxios.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Colineta hai 592 dias 52 minutosColineta
  4. #4   

    Palabra por palabra, iso si, traducidas ao galego.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Modesto hai 592 dias 42 minutosModesto
  5. #5   

    #3 Os medios comerciais poden utilizar licenzas máis flexibles, o diario 20 Minutos publícase baixo Creative Commons e é un medio tan comercial coma La Voz de Galicia e Galicia Gastronómica. Pensar que, por exemplo, utilizar CC é igual a perder o control ou a autoría sobre o contido é un erro, hai diferentes modelos de licenza que se poden aplicar, pódeste asegurar a cita, que o material non sexa utilizado de xeito comercial, que non sexa modificado... Hai que facelo creativecommons.org/license/?lang=gl

    votos: 0, karma: 0
    escrito por ascarida hai 592 dias 38 minutosascarida
  6. #6   

    Galicia Gastronómica é un medio comercial, o mesmo que La Voz de Galicia e El Correo Gallego, polo que a solución non son as licenzas abertas.

    eu creo que as licencias abertas non teñen moito que ver coa comercialidade, xornais como 20minutos permiten a reproducción dos contidos con só citar de donde proveñen...

    o problema do plaxio que contas é un dos cáncros do copyright, que con todos os respetos, en si mesmo é un cáncro... o proceso do plaxio actual é copiar con subterfuxios como eses que comentas... se galicia gastronomica dixera: cópiame o que queiras, pero coa condición de que poñas de donde ven o texto (creativecommons.org/licenses/by/2.1/es/) os mecanismos de intercambio engrasaríanse moito e non habería necesidade de "plaxiar" senon de referenciar ... e desa forma GG gañaria relevancia, visibilidade e realmente... non creo que GG vaia vivir de vender os seus artigos a outros medios.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por berto hai 592 dias 29 minutosberto
  7. #7   

    joer asca!, temos telepatillas

    votos: 0, karma: 0
    escrito por berto hai 592 dias 29 minutosberto
  8. #8   

    Pero se está traducido ó galego xa é un artigo distinto, non? :-D :-D (e sen tradutor automático!)

    votos: 0, karma: 0
    escrito por ifrit hai 591 dias 23 horas 9 minutosifrit
  9. #9   

    Modesto, Ifrit, El Correo non traduciu o texto ao galego, copiouno directamente en galego. A versión orixinal de Galicia Gastronómica é a galega. De seguido traducimos os artigos ao castelán e publicanse nos dous idiomas.
    Sucede que, en casos coma o de GG, con versión en dous idiomas, o explorador selecciona o idioma que cada un ten como preferente. Quen teña o castelán accederá á versión de GG neste idioma. Quen teña o galego accede directamente á versión galega. (No Firefox hai que ir a ferramentas-opcións-avanzado para atopar o botón que nos permite editar os idiomas e poñer a orde que nos interese).
    E insisto, non critico que me copien, senón que o vendan como traballo propio sen citar a procedencia.
    ¿E se alguén copia de El Correo Gallego a reportaxe da que estamos a falar, vanlle aplicar o que di o seu aviso legal? (www.elcorreogallego.es/popAvisoLegal.php?idWeb=1)

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Colineta hai 591 dias 22 horas 42 minutosColineta
  10. #10   

    Pois sí que estamos bos.
    Se o tema é legal, non habería que mandarlle unha cartiña ós dous medios dende algún despachos de avogados?.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por makeijan hai 591 dias 21 horas 54 minutosmakeijan
  11. #11   

    Si, ben, se cadra, coa lei na man, Chuza comeza a recibir misivas desas tamén, polo C+P... Ao mellor os xornais tradicionais só están vingándose

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Calidonia hai 591 dias 19 horas 54 minutosCalidonia
  12. #12   

    Eu teño o navegador en galego do sul, pero saíume en castelán. En fins... Ai, ese lang=es...

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Modesto hai 591 dias 19 horas 45 minutosModesto
  13. #13   

    Reclama os royalties e se non, farémoslles unha oferta que non podan rexeitar.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por AnxoD hai 591 dias 18 horasAnxoD
  14. #14   

    #11 Pero cando menos xa comezan con C+P, e citan as fontes, que semella ser todo o que pide Colinta.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por makeijan hai 591 dias 17 horas 37 minutosmakeijan
  15. #15   

    Modesto, se tes o navegador nun idioma distinto do galego e o castelán GG debería saírche no idioma en que se escrebe orixinalmente, é dicir, galego. Polo menos iso é o que me dixeron os informáticos que programaron a web. Consultarei o caso.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Colineta hai 591 dias 3 horas 38 minutosColineta

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]