La Voz de Galicia regala máis de 500 xornais nun barrio de Ferrol durante dous meses e provoca unha grave crise

Estanse a repartir pola empresa periodística mais de 500 exemplares gratuítos, que son levados a propia casa dos consumidores (nunha area de 5000 a 6000 habitantes). Estimando unha media de ventas por punto de venta de 70 xornais de , a perda destas ventas supón poñer en serio perigo os puntos de venta dunha zona. Si se ten en conta que un punto de venta está ocupado por ao menos unha persoa, cando non de dúas, a difusión gratuíta da prensa ( ) fai perigar o traballo a 8 ou 9 persoas, e provocar o peche de puntos de venta.
17 comentariosen denuncia
tags: prensa, parro karma: 264.00
votos negativos 1, votos de usuarios: 35, votos anónimos: 17

comentarios

  1. #1   

    Sem pretender fazer de advogado das silveiras, acho que esta notícia ademais de ser de duvidosa verificabilidade, é bastante sensacionalista. O que acontece, que a gente de Ferrol só lê a Voz e os quiosques só vendem esse jornal? Se repartem de graça 500 jornais, a um euro por jornal, são 500 euros ao dia que deixam de ingressar entre todos os vendedores. Talvez a difusão de outra imprensa gratuita tenha causado mais impacto :-P O que será o seguinte, acusar os bares de deixarem ler os jornais de graça?

    votos: 1, karma: 25
    escrito por gerardinho2000 hai 44 dias 6 horas 28 minutosgerardinho2000
  2. #2   

    #1 Falando dos xornais dos bares, había que lembrarlles a algúns que eses xornais son só para ler a primeira páxina, a contracapa, e logo como moito as esquelas. ¡¡¡Rachemos o monopolio a que está sometido o xornal de barra!!!

    votos: 4, karma: 61
    escrito por diogo hai 44 dias 6 horas 23 minutosdiogo
  3. #3   

    Non botemos a lingua a pacer, que non somos gando. A nova e rigurosamente certa, e mais non son 500 senon 800 e pra dentro duns días 1200 xornais da Voz gratis en Santa Icia (o barrio máis poboado de Narón,7000 habitantes). gerardinho algo de sentidinho

    votos: 3, karma: -11
    escrito por cascudo hai 44 dias 6 horas 18 minutoscascudo
  4. #4   

    #3 É um modelo de negócio como qualquer outro. Vivemos numa sociedade capitalista, meu. Por outra parte, duvido que seja uma campanha 'eterna', já que tem o seu custo. A resposta da Voz, de que é para fidelizar clientela, parece-me do mais verossímil, por não dizer que não é nada novo, mas algo que periodicamente fazem.

    Precisamente por esse motivo em praticamente toda feira medianamente importante lá há um balcão da Voz para repartir jornais de graça (mais o seu voluminoso anuário).

    Também nalgumas faculdades o repartem grátis até dous meses, e que eu saiba não se queixou nenhum quiosque... Sentidinho, sim, fazes bem em lembrá-lo :-D

    votos: 0, karma: 17
    escrito por gerardinho2000 hai 44 dias 4 horas 25 minutosgerardinho2000
  5. #5   

    Se se trata dunha campaña publicitaria en favor das subscricións, non tería sentido ningún obrigar aos beneficiarios a que teñan que ir ao quiosque para recoller o xornal, digo eu. E cantos dos 500 mercaban LVG decote e deixaron de facelo? Non creo que as perdas señan tantas, sobre todo tendo en conta que é unha estratexia temporal de marketing.

    votos: 2, karma: 39
    escrito por lourixe hai 44 dias 4 horas 17 minutoslourixe
  6. #6   

    #5 Aleluia! Alguém opina igual que eu! :-D

    votos: 0, karma: 17
    escrito por gerardinho2000 hai 44 dias 2 horas 53 minutosgerardinho2000
  7. #7   

    Os quiosqueiros fan ben en protestar na defensa do seu pan, aínda que concordo con gerardinho en que é unha estratexia que hai anos que levan a cabo.

    Iso si, non quixera deixar pasar a ocasión de alegrarme porque lle vaia mal á Voz. Están caindo espectacularmente en vendas xa desde ben antes da crise e fan o que sexa para non baixar da barreira dos 100.000.

    E tamén quixera salientar que moitos deses xornais que reparten son pagados por algunhas consellarías que fan (mellor dito, pagan) calquera cousa para que mr. Santiago Rey non se meta con elas, como fan con algunha en concreto.

    Este é o modo co que conseguen facturar eses xornais e que OJD llos recoñeza (para non teren que rebaixar os seus prezos).

    votos: 5, karma: 71
    escrito por ghalisia hai 44 dias 2 horas 29 minutosghalisia
  8. #8   

    #7 Concordo. Esse é o autêntico escândalo: os convénios e a publicidade institucional e meios de comunicação que não cumprem os mínimos exigíveis de uso da língua deste país.

    Exemplo da submissão à Voz temo-lo quando se falou da participação da Deputação de Ourense no accionariado de La Región, uma operação bendita por Touriño até que Fernández-Latorre interveio para criticá-la. Touriño, como bom servo, se la envainó.

    votos: 1, karma: 29
    escrito por gerardinho2000 hai 43 dias 22 horas 25 minutosgerardinho2000
  9. #9   

    Na comarca de Ferrol, por mor do seu posicionamento a prol de Reganosa " La Coz de Galicia", está sendo desprazada por Diario de Ferrol, El País, desde que este ten unha edición para Galicia, e tamén por La Opinión. Por eso está a facer a distribución de exemplares gratuítos por toda a comarca de Ferrol. Para eso recibe subvencións de Vicepresidencia e para eso ten en Radio Voz máis de media ducia de tertulianos do BN Gas

    votos: 3, karma: 35
    escrito por remexendo hai 43 dias 22 horas 6 minutosremexendo
  10. #10   

    A Voz que lle dean, pero é de recibo arruinar aos vendedores?. Deixar de vender 800 afecta a 10 puntos de venta. E moi grave a situación co reparto gratuíto xa pecharon varios quioscos, non se arruinou nin Touriño nin La-torre,quedou sen curro o meu veciño.

    votos: 3, karma: -3
    escrito por cascudo hai 43 dias 20 horas 34 minutoscascudo
  11. #11   

    #10 Se fidelizam leitores mesmo é possível que depois disso cresçam as vendas nos quiosques ;)

    votos: 2, karma: 34
    escrito por gerardinho2000 hai 43 dias 19 horas 54 minutosgerardinho2000
  12. #12   

    "marketing agresivo" e "difusión gratuita"... se mesturamos os dous conceptos temos un interesante combinado que bascula entre o fraude estatístico e a competencia desleal.

    votos: 0, karma: 6
    escrito por derrelicto hai 43 dias 18 horas 20 minutosderrelicto
  13. #13   

    Tampouco lhes custava tanto 'indemnizar' aos quiosqueiros em proporçom ao que deixam de ganhar. A empresa sabe as cantidades que estavam a distribuir esses pontos de venda.

    votos: 0, karma: 6
    escrito por estevo hai 43 dias 17 horas 14 minutosestevo
  14. #14   

    #1 Não exageremos. Quando o SLG montou o "mercado transparente" também fazia concorrência desleal? Cada um com o seu produto faz o que lhe peta. Os do Mettro, Que, ADN, etc., por exemplo, distribuem de graça o seu produto... A ver, que vivemos numa sociedade capitalista. E quem não gostar, que trabalhe polo socialismo real :-D

    votos: 0, karma: 17
    escrito por gerardinho2000 hai 43 dias 16 horas 48 minutosgerardinho2000
  15. #15   

    #14 Desprestixiar á túa cadea de distribución cando é competencia directa para o teu produto (neste caso as subscricións) é un comportamento desleal. Eu vivo (vivía) noutro barrio de Ferrol e puiden comprobar en primeira persoa que a técnica que utilizan os comerciais telefónicos de La Voz para subliñar as vantaxes da subscrición bordean o desprestixio profesional do punto de venda, pois son os quiosqueiros o factor máis importante para decidir ou non a subscrición. Nin a rebaixa do prezo nin a discutíbel comodidade de que te deixen o xornal na porta (menos en comunidades de veciños!) teñen peso dabondo para decidir deixar de mercar o xornal no quiosco (porque o mercas cando ...

    » ver todo o comentario

    votos: 2, karma: 19
    escrito por derrelicto hai 43 dias 4 horas 50 minutosderrelicto
  16. #16   

    #15 Os vendedores podem reagir deixando de ofertar La Voz de Galicia. Verias como o jornal de Fernández-Latorre logo lhes ofertaria cousas :-D

    votos: 0, karma: 17
    escrito por gerardinho2000 hai 42 dias 22 horas 14 minutosgerardinho2000
  17. #17   

    O sentidiño que lle falta a algún, parece que o tes tí derrelicto. Moi atinados os teus comentarios, aportan e serven par centrar o debate. A voz está a pasalo mal, cecáis faltanlle as manganchas do Patrón, ou que hai outros xornais que aprentan. Pero iso non é escusa para este comportamento fraudulento, caciquil, contra os seus vendedores.
    A quen non lle guste a Voz que non a merque, carallo, pero isto que fan non está ben, estemos no capitalismo que tanto bendice algún ou non.
    Para ver mais tema aquí tedes o que publicou o faro fai un ano:www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=3157_8_174575__Sociedad-ys

    votos: 0, karma: 7
    escrito por cascudo hai 42 dias 21 horas 18 minutoscascudo

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]