La Sexta arrebata 'Caiga quien Caiga' a Telecinco

 
La Sexta comezará a emitir o espazo en abril e, en principio, non conta con Manel Fuentes, o condutor do programa, porque ten contrato directamente con Telecinco. Máis coñecido polas súas siglas 'CQC', é un informativo satírico semanal que viviu distintas épocas, con cambios de presentadores e de horario desde a súa chegada á televisión española en 1996, da man do Gran Wyoming. O humorista liderou o equipo ata o ano 2002 e agora presenta na Sexta outro espazo de humor, 'El Intermedio'.
10 comentariosen medios
tags: cqc, la sexta, telecinco, wyoming karma: 273.00
votos negativos 2, votos de usuarios: 30, votos anónimos: 10

comentarios

  1. #1   

    Alédame sabelo porque non aturo a Manel Fuentes, pareceme un presentador malísimo; sempre interrumpindo ós entrevistados para poder colar el os seus chistes.

    votos: 0, karma: 6
    escrito por hormiga hai 155 dias 3 horas 28 minutoshormiga
  2. #2   

    hostia señor mourullo, é vostede un as da xeolocalización!

    votos: 0, karma: 19
    escrito por Galegoman hai 155 dias 3 horas 25 minutosGalegoman
  3. #3   

    #1 Concordo.

    #2 Verdade que sim? Mais um dos mistérios da personalidade de Mourullo :-)

    Por certo, El Intermedio é uma máquina, mágoa do pouco orçamento, que os faz cair em alguma paródia cotrosa e em periódicas repetições de argumentos e gags.

    votos: 0, karma: 17
    escrito por gerardinho2000 hai 155 dias 3 horas 19 minutosgerardinho2000
  4. #4   

    Haberá que empezar a facer apostas sobre os presentadores, non? :-)

    El Gran Wyoming, Dani Mateo y... Ángel Martín? Ou será todo xente nova?

    votos: 0, karma: 12
    escrito por ifrit hai 155 dias 18 minutosifrit
  5. #5   

    eu teño outra teoría: telecinco non quixo o formato (o programa leva rexistrando constantes caídas de audiencia e cambios de horario) e globomedia opta por ofrecerllo á súa cadea (LaSexta) para seguir explotando o formato nunha canle que non esixe tanto a nivel de audiencia. así que... deixemos a cousa en que CQC vai parar a LaSexta (non creo que fose un arrebato)

    votos: 0, karma: 19
    escrito por alema hai 154 dias 21 horas 46 minutosalema
  6. #6   

    Mentres non quiten ó Intermedio nin marchen co Wyoming, vale xD pero poden levarse a Usun Yoon (non a aturo :-P)

    votos: 0, karma: 6
    escrito por bibaheu hai 154 dias 21 horas 14 minutosbibaheu
  7. #7   

    #4 Duvido que regresse o Wyoming a esse programa, enquanto Dani Mateo e Ángel Martín... duvido também que se movam de SLQH :-)

    #5 Boa teoria, e acho que não está nada desencaminhada, ao menos à vista dos dados de audiência.

    #6 xD

    votos: 0, karma: 17
    escrito por gerardinho2000 hai 154 dias 20 horas 19 minutosgerardinho2000
  8. #8   

    Pois xa lle poden dar un bo cambio, porque CQC leva xa, penso eu, sendo unha merda moitos anos. E, con todos os meus respectos, SLQH e o Intermedio tamén o son cada vez máis. Moita sobreactuación, os guións vense por todos os lados e cada vez están máis frouxos, polo menos cando me cadra a min de velos. Bo é que en SLQH teñen a Patricia Conde, que defende calquera cousa, e a Ángel Martín, porque o resto xa cansa.

    votos: 0, karma: 11
    escrito por Trollo hai 154 dias 19 horas 54 minutosTrollo
  9. #9   

    #8 A SLQH estao matando Fama (A bailar! A bailar!!)

    votos: 0, karma: 12
    escrito por ifrit hai 154 dias 19 horas 11 minutosifrit
  10. #10   

    #9 Mais bem diria que o está matando a fama, isto é, o sucesso que foi colheitando que os fez passar de semanal a diário de 30 minutos, logo a diário de 60 minutos e agora diário de 90 minutos (e cheio de publicidade). Vamos, morrer de sucesso...

    votos: 0, karma: 17
    escrito por gerardinho2000 hai 154 dias 5 horas 34 minutosgerardinho2000

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]