aberabade.com/blog/index.php/2007/06/10/premios-xerais-e-pequenos-cast...
enviado por lourixe hai 751 dias 11 horas 43 minutos, publicado hai 750 dias 15 horas 27 minutos
Que nun certame literario se decida finalmente non premiar unha obra de ficción porque a personaxe protagonista é a avogada dun preso independentista galego, aducindo motivos de corrección política, é mais unha proba da falta de madurez dos presuntos intelectuais deste país.
comentarios
E non sería mellor que as calificasen polo seu valor literario??
Home, imos a ver é a opinión subxectiva dun membro do xurado non? Lua neghra disinte desa tese..de ahi a facer a xeralización do título "Inxustamente premiada" hai un anaquiño..
Non vaia ser que ilegalicen a Xerais por apoloxía do independentismo

Síntoo, neste caso non puiden ser imparcial. Admito que Xerais ten todo o dereito a se guiar por criterios comerciais para premiar e promocionar os libros que lle interesan e que lle serán mais doados de vender. Pola miña parte só espero que algunha editorial con menos escrúpulos anti-nacionalistas publique a obra non premiada.
Recomendolhe ao autor que a deixe de balde na Rede... Seguro que ten máis suceso
Pois chegou a nova á portada

Forza Lourixe
O próximo Xerais para Lourixe.
Ou estou parvo ou non dou visto o título da obra... Por favor, que alguén me alumee
Eu quero ler esse livro!
É pública a deliberación do xurado dos Premios Xerais??
Eso é o que a mín me parece máis grave. Que un membro do xurí faga esas valoracións en público é unha anomalía gravísima. Desde logo, Abe Rábade coroouse.
Quem é Abe Rábade? No seu blogue só se percebe que gosta do jazz.
Qual é o título da novela nao premiada?
Realmente, a gentinha coma mim, nao andamos nada bem informados.
#12 gl.wikipedia.org/wiki/Abe_R%C3%A1bade
Obrigada pola informaçao, senhor Modesto.
Tenha você boa nuite.
A obra non premiada é "A perspectiva desde a porta" de Patricia A. Janeiro, quen xa publicara "Caixa de Mistos" nas Ed. Sotelo Blanco hai un par de anos.
lourixe, coido que non deberas facer público o nome da autora sen o seu consentimento, primeiro porque tratábase dun concurso baixo plica e segundo porque non se deberían tratar os datos persoais con tanta alegría.
#16 Tamén concordo pero ao mellor ten o consentimento
non
Concordo. Non son datos para facer públicos, nin para andar elucubrando. É @ autor/a quen decide se quere que se saiba ou non. Tamén penso que se sobredimensionou un conflito que realmente non foi tal: nin a novela é panfleto ningún, nin houbo outro método que non fose o normal para escoller a novela gañadora: había cinco persoas e cada unha votou o que lle pareceu. E punto. Darlle máis bombo ao tema non ten sentido nin procede.