www.anosaterra.org/index.php?p=nova&id_nova=4743
enviado por osusinho hai 189 dias 20 horas 54 minutos, publicado hai 189 dias 18 horas 58 minutos
Unha ducia de mozos boicotea a charla da política vasca María San Gil (PP) na Facultade de Económicas da USC. San Gil vincula violencia con nacionalismo. Berráronlle "facista" e "fóra da Galiza!".
comentarios
A ligazón non vai.
Non sei se a protesta se limitou a exercer a liberdade de expresión dos manifestantes, pero daí a impedir a celebración do acto hai un abismo. Se se lle impediu dar a charla, é denunciable. Quen son eses ou calquesquera outros a impedirlle a ninguén exercer a súa liberdade de expresión?
Esa actitude chámase autoritarismo, sectarismo e fundamentalismo, notas que polo visto seguen a caracterizar a algúns nacionalistas, tan excluíntes como a dereita que pretenden denunciar.
E aviso. Eu papei unha conferencia de Ruíz Mateos só para poder facerlle unha pregunta ao final e dicirlle o que eu quería e oque eu pensaba. Non precisei rebentar acto ningún nin limitar os dereitos de ninguén. Pero hai xente que acredita nos dereitos e xente que mentres os di defender na realidade os conculca.
www.anosaterra.org/nova/a-golpes-na-universidade.html (sem traço ao final)
editada: cambiada url
Totalmente dacordo con Calidonia. Se o máis interesante é escoitalos para poder rebatir ou discutir tódolos seus argumentos.
Imaxino o tipo de xente que está detrás destes incidentes, e o aburrimento que deben ter, en plena época de exames, para andar con estas vainas. De todo o mundo se pode aprender algo. Se non é algo bo, é algo malo o cal non facer... pero nunca impedir a liberdade de expresión. Non hai causa xustificada.
Tamén, María San Gil non desperdiciou a ocasión de culpar a Zapatero por todo. Da gusto cómo sacan rédito electoral do que sexa!!.
En fin...
Todos os que somos minimamente amantes da liberdade de expresión estaremos dacordo en que boicots deste tipo son inxustificábeis, por moi en desacordo que se esteamos con María San Gil (novamente moi desafortunada na conferencia misturando allos -os violentos- e bugallos - o nacionalismo). E non hai que darlle máis importancia da que merecen a este tipo de colectivos nacionalistas violentos que todos coñecemos e que non só boicotan a políticos do PP, do PSOE, senón mesmo ao BNG (aínda lembro aquelas pintadas de "Beiras traidor" e outras lindezas). Fanáticos hainos en todas as ideoloxías, e o nacionalismo, como movemento que é, tamén ten os seus, mas non hai que confundir allos con bugallos.
fan charlas na universidade ás que só acuden os concelleiros do PP e os seus amiguiños..
da gusto en que gastan os cuartos das nosas matriculas!
www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=5616
q de xente!
#6 No que gastan os cartos das matrículas pódoche contar eu mil e unha (en polbo para toda a facultade, por exemplo). Pero iso non xustifica nada. Simplemente son dous temas diferentes a abordar en sitios diferentes.
Pois eu creo que a dereita españoleira tan só está exercendo o seu papel victimista habitual cando lle toca estar fóra do poder, buscando agresores ata debaixo das pedras, e aproveitando para adxuntar na noticia de rigor a súa carga de profundidade moral (neste caso, "Co tempo o Bloque vai querer interiorizar na sociedade que ser bo galego é ser nacionalista").
Necesitan golpes de efecto mediáticos aos que aferrarse para tratar de trepar nunhas eleccións que posibelmente dan por perdidas de antemán.
E de paso a conferenciante en cuestión aproveita a ocasión, posta en bandexa, para vencellar nacionalismo con terrorismo, incluíndo a presenza do BNG no Goberno.
#7 eu non estou xustificando nada. só digo que a conferencia podia ser na sede do PP en san lazaro, ou na casa de Conde Roa que seguro que cabían todos.
Que pouca vista.. Afinal a María Sangil ganharia de qualquer forma (pouco sentidinho). Ganharia ao esparcir o seu vírus espanholista e bacilos sementadores do ódio, e ganharia aparecendo como vítima do totalitarismo independentista.
O único jeito de 'vencê-la', como diz Calidónia, é com o respeito e as boas formas, e procurando agir com sentidinho para desarmá-la com os seus próprios (contra-)argumentos.
REL: www.agir-galiza.org/HTML/principal.php?pag=lerm
concordo coa opinión xeralizada en Chuza!, non teñen nengún dereito a boicotear o acto. Insultos do tipo "asasina" ou "zorra" aínda ridiculizan máis a súa postura.
Do lamentábel e evitábel forcexeo coa escolta e policía a supor un intento de agresión hai un mundo, e despois aproveitar o suceso para vinculalo con Zapatero e o Bloque non deixa en moi bo lugar á sra.
Obviades o facto de que esta "democrata" que agora cacareja o seu (e só o seu) direito à liberdade de expressom, defende e promove um apartheid civil e político contra o 20% da sociedade basca, aos que nom é que lhes berrem numha conferência pública, senom que lhe proíbem votar, manifestar-se, reunir-se... Além de estar em permanente suspeita de ser parte do insólito "entorno" de ETA (a única violência condenável, seica) e portanto em perigo de acabar na cadeia por delitos de opiniom.
Quem aplaude ante o feche dum meio de comunicaçom ou ante a detençom de portavozes políticos, pouca legitimidade tem para pedir que a deixem falar.
É lógico e ao meu ver imprescindível que neste país haja estudantes que protestem por que usem o dinheiro das suas matrículas para trair esta gente.
#10 Non digo que o estés a xustificar. Digo que son dúas cousas diferentes non relacionadas.
#13 Os estudantes, se están en contra diso, onde se teñen que manifestar é en San Xerome. Hai consellos de goberno cada mes. Se tanto preocupan os prezos, pq non se armou bronca este ano, ante a notable suba das matrículas?.
Sigo opinando que a xestión económica e os actos [ironía on]"académico-culturais"[ironía off] son batallas diferentes. Non escoitei ningunha consigna de "Non cos meus cartos" ou similar. Seguro que é por iso?. Pregunto...
o caso é que a universidade é lugar para odebate de ideas, non para mitins e campañas electorais
marabilloume o pé que ANT lle puxo a esta foto www.anosaterra.org/media.php?id_media=22862
"Na universidade houbo intres de moita tensión" (he he)
e derréteme o epíteto de El País: "un grupo de PERSONAS"!
Eu nunca entenderei qual é o plano de AGIR, nem se tenhem a mais mínima concepçom do significado da política. Assim concordo 100% com Calidonia em #1, mas.... nom podemos esquezer quem é Maria San Gil, é os calificativos de "fascista" ficam pequenos para a sua pessoa. Como nom protestar quando a USC actua cos nossos quartos como alto-falante dumha pessoa que procura com todas as suas forças que boa parte da sociedade basca nom tenha jeito de exprimir as suas ideias? O PP e as FAES já tenhem medias, organizaçons e lugares suficientes para sementar a sua política do ódio.
Assim, entendo perfeitamente o protesto pola palestra de San Gil, nom comparto os insultos. E com todo penso que muito dodito é parte da campanha mediática do PP para tomar o papel de vítima eterna. E por desgraça os tolinhos de AGIR entram como os touros no trapo e deixam a cena que os espanholistas querem. E assim estamos.
Alé, o que dizia:
www.libertaddigital.com/noticias/kw/agresion/artistas/elecciones/galicl
Obrigado AGIR, agora os espanholistas já tenhem o quadro da Galiza pasto dos nacionalistas que procuram.
Bem, falei agora com umha amiga de AGIR e a versom é bem diferente, ou tem algum matiz. Os guarda-costas de San Gil atacarom de primeiros o grupo de gente que apupava a política ("política", melhor) e entom a cousa estourou. A cousa e que este cenário nom muda muito os resultados.
Eu pessoalmente considero apropriado manifestarem a sua discordáncia coa presença dumha personagem como a Maria San Gil, sempre que nom dem razons para que o PP continua coa sua propaganda. Um protesto pacífico e fronte de económicas, evitando declaraçons que som do gosto de Libertad Digital evitaria muitos problemas. E perguntas como as que di Calidonia em #1 muito melhor. Porém todos sabemos quem est...
» ver todo o comentario
Beeeeem! E agora já somam o que eram actos lícitos e agressons contra nós numha série de campanhas ligadas com isto:
www.viguesesporlalibertad.es/web/?p=79
Beeeeem! Que meninhos, contentos?
#15 Mas esse da foto ainda está na Universidade?

como envexan estes gudaris non ter unha ETA galaica para meter máis medo...
#21 o peor de todo é que estes dentro de vinte anos votarán ao PP
Esas burradas non axudan nin a nacionalistas nin a Galiza. De vergoña se alguén os enviou a rebentar o acto. Esto non é facer política nin nada.
eu boto de menos que ningún medio fale de alopecia nos manifestantes
Os de sempre facendo o de sempre...
Eu teño unha teoría segundo a cal a USC organiza (dalgunha maneira que inda non conseguín explicar) ós estudantes de tal maneira que ano tras anos, década tras década, haxa unha cuota de estereotipos po-lo xeral agrupados da mesma maneira e facendo o mesmo (xeralmente cometendo os mesmos erros) [o comentario é o máis xeral posíbel]
Os videos nos informativos non sempren amosan todo, mais podemos facer unha idea... br.youtube.com/watch?v=R0Q08VfXXvs
Espanha se rompe
María San Gil patriota espanhola que loita nas Vascongadas e nas Jalicias contra independentistas radicais. Esta mulher vai chegar lonxe na politica ejpanhola...
Xa podedes ver a nova en LD, os comentarios son moi axeitados
br.youtube.com/watch?v=Qor08x5e-8s
Qualquer cousa que faga o PP é umha PProvocaçom...
Pois eu o que miro nas imaxes de #27 é a uns rapaces berrando e a gardacostas e seguretas mallando neles...
Eu estivem lá, e nem todo eram estudantes de AGIR (de facto deviam ser 4) nem se tentou agredir em nengum momento a Maria San Gil.
Os videos, se nengumha de nós está cega, nom amosam a nengumha estudante tentando dar-lhe umha malheira à dirigente popular, nem muito menos.
Impediu-se-nos entrar na palestra polas nossas "pintas". Depois, iniciamos a nossa protesta com cartazes (democrático, nom?) nas escaleiras sobre as que está a entrada ao salom de actos. Ao chegar Maria San Gil nom nos abalançamos sobre ela para assasina-la como se di por ai. Tentamos (simbolicamente) imperdir-lhes o passo pondo-nos diante, e em vez de apartar-nos como adoita fazer a polícia, fomos golpeados...
» ver todo o comentario
#30 Clarísimo:
"ela nom tem espaço na nossa Universidade, nem na nossa ideia de democracia"
"Nom lhe vamos dar voz a umha pessoa"
E esta non é a señora que promove en Euskadi unha campaña para que o Leendakari non poida dar unha conferencia en Inglaterra? A portada en papel do abc de hoxe non ten desperdicio. Eu a versión que escoitei foi moi semellante a que dá radikalivre.
Mágoa que moitos chuzeiros de boa vontade caian na trampa mediatica e crean en versións interesadas. Agora até van a polo reitorado dende a prensa por non ter, disque, protexido a San Gil. E quen nos protexe a nós dos seus gorilas?
Noraboa
A nova máis vista do día en El País:
www.elpais.com/videos/espana/Abucheos/San/Gil/Santiago/Compostela/elpv/
Eu nom vejo nas images intento de agressom por parte de quem apupa a María San Gil, os golpes semelham vir sobretodo de quem está com ela.
É claro que se isto fosse feito contra Zapatero (e especialmente se nom fossem independentistas) os média da direita estariam a falar de que o estudantado universitário rejeita a Zapatero, identificando este feito co começo do fim do governo do PSOE.
Isto que digo nom me impede rejeitar as práticas desta gente que temos no mundilho independentista galego, que som sempre igual de erradas e denunciáveis, que partem de posturas intolerantes, totalitárias e agressivas, que jogam à violência física e à guerrilha urbana, à acçom-reacçom que só consegue, com sorte, dar-lhes algum titular e rebentar mobilizaçons e movimentos pacíficos e sensatos.
Som umha panda de iluminados sectários que só conseguírom duas cousas: encher o seu ego patriarcal de machote "radical" e condenar o independentismo galego à marginalidade.
#32 a mesmiña, si, e a colega do Mayor defensor das liberdades (Oreja)

#34 que non o ves, o "intento" de agresión? :-0
E logo non ves o intento de lanzar obxectos contundentes? logo non ves o intento de guindar ovos e tomates? logo non ves o intento de poñeren unha boa bomba?...Ti non tes visión de futuro!
Agora a decana que financiou este acto electoral do PP pide a expulsión dos agredidos polos gorilas. O rectorado vese acosado mediaticamente por non ter disposto máis protección e alega na sua defensa que San Gil xa levaba escolta dabondo, carallo se non a levaba e ben armada que ía con porras para afastar ao que se lle puxera por medio. E logo repasamos os videos e vemos a San Gil co seu cínico sorriso mentres é victima dunha "agresión dos intolerantes".
Eu non coincido con AGIR en moitas das suas ideas e tampouco na estratexia de acción/represión que pretende pór en marcha UNHA PARTE do independentismo.
O que si sei é que de estar en Compostela como estudante posibelmen...
» ver todo o comentario
muito gosto das vossas opiniões aí sentadinhos no sofá de casa, quentinhos e a criticardes o que fazem outras pessoas e dando lições do que há e nom que fazer. parabéns para vós.
No Gara, ao final: www.gara.net/paperezkoa/20080213/62601/es/El-Gobierno-PSOE-ha-perdido-a
#37 a próxima vez, levántome para escribir. Que pasa con estar sentado e criticar?. Os que deron esa "lección de civismo a San Gil", éralles mellor que estiveran precisamente na súa casiña sentados. E eu defendo Galiza a morte, pero non así.
#37 E ti que cona sabes quen son eu e que fago ou non fago da miña vida? salvapatrias do carallo