HACK: o parche de Touriño para o Windows Vista é unha chapuza [Vídeo]

Adícolle iste vídeo á Secretaria Xeral de Politica Lingüística, Marisol López, a muller que está traballando para que o galego morra dignamente.Asinado: Isaak Díaz Pardo. Con estas verbas alguén responde cun vídeo ao chamamento da Indymedia para hackear o Windows Vista e demostrar o que xa nos estabamos esperando: que esa tradución é unha chapuza incompleta e que ademais provoca o mal funcionamento do sistema.
18 comentariosen lingua
tags: windows vista, touriño, ridículo, fracaso karma: 283.00
votos negativos 1, votos de usuarios: 36, votos anónimos: 26

comentarios

  1. #1   

    O paquete de tradución do Windows Vista descríbese oficialmente así:
    O Paquete de Interface de Galego de Windows Vista (LIP) fornece unha versión parcialmente traducida das áreas máis utilizadas do sistema. Após a instalación mostraranse no idioma do paquete os textos dos asistentes, as caixas de diálogo, os temas da Axuda e de asistencia así como outros elementos da interface de usuario. O texto non traducido móstrase na lingua base de Windows Vista. Por exemplo, se adquiriu a versión en español de Windows Vista e instala o paquete de galego, parte do texto permanecerá en español. É posible instalar máis dun paquete de idiomas para que, desta forma, as persoas que utilicen...

    » ver todo o comentario

    votos: 2, karma: 17
    escrito por marcus hai 71 dias 22 horas 3 minutosmarcus
  2. #2   

    O anterior "parche" idiomático para Windows XP tamén podía facer que certas aplicacións que antes non daban problemas empezasen a dalos, aínda que non fose habitual.

    votos: 0, karma: 10
    escrito por orzan hai 71 dias 20 horas 6 minutosorzan
  3. #3   

    de facto já existe em Vista em galego: www.microsoft.com/portugal/windows/products/windowsvista/default.mspx

    funciona igual de mal ou bem que as outras localizações de Vista e não custou um peso aos contribuintes galegos, isso sim! Não serve para conferencias de imprensa com Marisol, Touri e M$ a "defender o galego", ah, claro!

    votos: 2, karma: 5
    escrito por Sal hai 71 dias 17 horas 15 minutosSal
  4. #4   

    De feito xa hai un sistema operativo cáseque ao cento por cento en galego e que non da problema ningún. E ainda por riba, de balde: www.ubuntu-es.org/

    votos: 2, karma: 7
    escrito por xosemarcote hai 71 dias 16 horasxosemarcote
  5. #5   

    Tourinho é programador? :-O

    votos: 2, karma: -1
    escrito por hpimu hai 71 dias 15 horas 57 minutoshpimu
  6. #6   

    Certamente o titular é moi tendencioso. Qué tal? "O parche que presentou a Xunta é moi defectuoso".

    votos: 1, karma: 13
    escrito por xosemarcote hai 71 dias 15 horas 45 minutosxosemarcote
  7. #7   

    #6 Foi Touriño quen se meteu a facer de comercial de Microsoft... agora que asuma as responsabilidades e a próxima vez que se lle ocurra apdriñar un software, polo menos que teña a precaución de probalo.

    En todo caso, sería incorrecto dizer que foi a Xunta quen presentou o parche. Foi unha iniciativa de Touriño facelo, da man da señora esa encargada de enterrar o galego dignamente e da Fundación Galega Sociedade do Coñecemento, tamén coñecida como Consellería de Industria-bis. O único que a Xunta presentou propriamente dito nesta materia foi o PEGSI, aprobado polo Consello da Xunta e depois polo Parlamento. E o PEGSI fala de interoperabilidade, estándares abertos e software...

    » ver todo o comentario

    votos: 2, karma: 20
    escrito por susinho hai 71 dias 15 horas 25 minutossusinho
  8. #8   

    #5 Mais ben contraprogramador: das iniciativas da Xunta (estas sí son da Xunta) en materia en software libre. E tendo en conta que tanto Extremadura como Andalucía son CCAA PSOE puras e duras, a min que alguén me explique a insistencia do PSOE galego en boicotear -ou no mellor dos casos ignorar- o que se fai en software libre en Galiza. Sinceramente non o entendo.

    votos: 3, karma: 14
    escrito por susinho hai 71 dias 15 horas 22 minutossusinho
  9. #9   

    #3 co que custou a anterior "adaptación" do XP xa teñen pagadas languages-upgrades para séculos.

    votos: 0, karma: 7
    escrito por rufus hai 71 dias 15 horas 21 minutosrufus
  10. #10   

    #2 eu tiven que desisntalalo por iso...

    votos: 0, karma: 5
    escrito por martinho hai 71 dias 13 horas 38 minutosmartinho
  11. #11   

    Para o tempo que lle queda ó Vista... case que esta "pequena" tradución foi tirar os cartos xD

    votos: 0, karma: 6
    escrito por bibaheu hai 71 dias 12 horas 15 minutosbibaheu
  12. #12   

    Susinho, instala o Vista em português (galego internacional) e não percas mais tempo com inventos que não levam a nenhum lado.

    Outros já o fizemos há anos, e agora vivemos normalizados.

    votos: 2, karma: -14
    escrito por MaisUm hai 71 dias 10 horas 14 minutosMaisUm
  13. #13   

    #12 non sei a que te refires con vivir "normalizados", a ter un producto como o vista na túa lingua ?????
    Creo que non coñeces ou non queres coñecer cales son os parametros polos que se move M$.
    Sempre é bo coñecer que foi o que pasou co mapuche; a partir de ahí podemos empezar a falar. Mentras, a calar a boquiña, é o mellor que se pode facer para non meter a pata.

    votos: 1, karma: 1
    escrito por rufus hai 71 dias 8 horas 34 minutosrufus
  14. #14   

    #8 Susinho non o entende nadie: nin ti, nin nós, máis o problema grave é que os feitos demostran non só que non teñen a máis mínima idea do que están facendo, se non que lles preocupa ben pouco, razón pola cal nin se asesoran, nin intentan saber o que acontece ao noso redor. Do que se pode deducir que, non só non teñen as ideas claras ao respecto, se non que lles importa un ... Vaia resumindo, ignoracia xunto a irresponsabilidade, resultados... xa os estamos vendo e sufrindo.

    votos: 0, karma: 6
    escrito por verissimo hai 71 dias 1 hora 30 minutosverissimo
  15. #15   

    #12 Ou sexa: que tí vives nun cárcere, pero como o carceleiro che fala en portugués, xa vives 'normalizado'. Estupendo.

    #14 Pois vas ter razón. Ao final vai ser iso.

    votos: 1, karma: 15
    escrito por susinho hai 71 dias 13 minutossusinho
  16. #16   

    O primeiro de todo dicir que son usuario de linux dende fai dez anos e non son votante do PSOE.
    Explicado isto podo dicir que a páxina enlazada paréceme unha bazofia, as persoas que fan este tipo de comentarios e dan este tipo de argumentos sobre Microsoft dentro de dous anos falarán igual ou peor de Google, é un síntoma inherente as pequenas empresas informáticas que se converten en transnacionais cun poder enorme e de xente que sempre ten que levar a contraria, se maña o Linux fora o SO mais usado o friki de turno usaria Amiga, non hai que facerlle.
    Nin windows é o demo nin o Linux é a panacea, é inviable pensar en mudar unha sociedade o software libre ademais de que non é nec...

    » ver todo o comentario

    votos: 0, karma: 6
    escrito por triskel hai 70 dias 14 horas 6 minutostriskel
  17. votos: 0, karma: 9
    escrito por susinho hai 69 dias 17 horas 10 minutossusinho
  18. #18   

    #16 :-P

    chuza.org/historia/linux-en-todas-as-placas-nai-de-asus/

    Ë complicado responder a un emoticono pero intentareino.
    Gústame a idea de que a xente poida elixir, tamén que saiba que existen alternativas a Windows pero sen demonizar a este e sen poñerlle os outros unhas virtudes que non teñen, o que se precisa é educación e que a xente elixa libremente.

    Falas do plan PEPSI pero non sei que é, si un chiringuito de colocación ou unha bebida refrescante o igual que tampouco sei que é a fundacion do torito, non me considero desinformado asi que non sei cal é o punto onde se perde a comunicación entre os políticos e a sociedade para dar a coñecer as ideas que estar a desenvolver.

    Non creo que sexa boa idea que todos andemos co mesmo modelo de coche, nin que todos usemos a mesma marca de pantalóns, porqué todos teriamos que usar o mesmo SO?

    votos: 1, karma: 0
    escrito por triskel hai 68 dias 23 horas 37 minutostriskel

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]