grueiro.blogaliza.org/
enviado por susinho hai 695 dias 4 horas 32 minutos
Alegría! Mariano Grueiro revive o seu blog levándoo para Blogaliza. É un dos pioneiros da internet galega, participante do 1º encontro hacker galego, creador polifacético, autor do primeiro podcast en galego e da primeira peli con licenza libre galega, activista sen descanso pola extensión de banda ancha e contra o Plan Galicia, autor do mellor documental sobre a manifa de Nunca Máis... mais un exemplo deses galegos dos que non sabemos nada... até que un día lles dan o nobel.
comentarios
relacionada?
chuza.org/historia/adeus-blogger-calidonia-emigra-pra-blogaliza/
hahahahahha
Irrelevante? Endogamia ou ignorancia?
Contéstome á miña retórica pergunta. Relacionando, claro.
Web de protesto sobre o Plan Galicia
www.enderezo.com/plangalicia/
Psalmus, peli en CC
www.youtube.com/watch?v=Qh3XqNmJzgk
No primeiro encontro hacker galego
hacklab.causaencantada.org/html/demo/registo/ardetroia.html
Podcast en galego
www.podcast-es.org/pipermail/podcast_podcast-es.org/2005-July/001650.hl
Petición para o rural galego
www.petitiononline.com/f2004/petition.html
Podería seguir, pero supoño que debería ser suficiente.
Ben. Eliminada a posibilidade da ignorancia -e como algunhas desas apareceron xa eiquí, ou cando isto aínda non existía en sitios como Barrapunto, outro coñecido niño de trolls- supoño que a cousa ficará en pura e simples endogamia.
É endogámica a comunidade de chuza? Deixo plantexada a pregunta para os chuzanews.
Como cura de humildade há vir quenindiós.
E ademáis será amigo teu, eso non o pos no curriculum?
si creo que ninguen dixo que grueiro fixera cousas molonas (de feito chuzaronse cousas do seu blog regularmente), pero o feito de que migrara a blogaliza é bastante irrelevante, polo menos para min...
Tomo nota da pregunta, susinho.
Que o anónimo X leve o seu blog para blogilandia non é relevante. Que Grueiro -il, non calquera outro... ou é que hai alguén niste país que poida asemellarselle aínda que sexa un pouquiño?- decida cambiar de estratéxia comunicativa, e que escolla Blogaliza sí que o é. Como o foi cando Linus cambiou de CVS, ou cando se lle queimou o portátil a Alan Cox: cuestións que non terían relevancia algunha, de non ser a personaxe que está detrás delas.

En calquera caso discutir por iso non ten sentido. Quería deixar constancia da miña perspectiva, e nada máis.
Ascarida (con ou sen til?): falei máis con Berto do que puiden ter falado nunca con Grueiro, por si che sirve de métrica. Así que non te preocupes, que hai sitio no star system do microcosmos da net galaica dabondo para que brilles todo o que precises. Bonito avatar, por certo.
Modesto: txatxi. Prometo tomarmo con humor
still trolling you
e se muda de móbil, tamén é un cambio de estratexia comunicativa?
déixao estar muller. a cagada xa está feita; non é necesario xustificala e todo kiski ten direito a equivocarse.
ademais, qué. estas cousas pasan non? dos erros apréndese.
hale. non obsesionarse.