periodistas21.blogspot.com/2006/08/golazo-de-la-sexta.html
enviado por Snob hai 1047 dias 1 hora 13 minutos, publicado hai 1046 dias 23 horas 48 minutos
La Sexta en todo o estado e TV3 en Cataluña retransmitirán os partidos dos sábados da vindeira tempada da Liga de Fútbol. Outra televisión autonómica podería sumarse ao acordo estes días... Desaparecerá da TVG todo un clásico coma o fútbol do sábado noite, e os ingresos por publicidade que supón?
comentarios
¡Menuda tolemia! A min paréceme ben que haxa un mercado aberto co fútbol, pero coido que as cantidades que se están a pagar polos partidos da liga non son acordes á súa audiencia nin ós seus beneficios publicitarios, polo que canles como La Sexta estanse a empeñar con estratexias futboleiras.
Coido que, para pagar o pasado Mundial de Fútbol La Sexta terá que dedicar tódolos seus ingresos durante este ano e parte do que vén... ó que lle engaden agora o custo da Liga... vale, é unha aposta para captar audiencia, ¿pero non sería mellor que mercasen series de televisión de éxito, películas ou debuxos animados? Porque dubido moito que as produtoras cobrasen máis de 2 millóns de euros por cada película, e non nos enganemos, normalmente as boas películas e series superan ó fútbol en audiencia. Agora non hai só 3 ou 4 canles de televisión, polo que as canles terían que pensar mellor a súa estratexia a longo prazo.