Galiza non existe para o «Foro dos pobos en loita»

Galiza non existe para o «Foro dos pobos en loita»
Este foro virtual de solidariedade internacional entre os pobos e linguas minoritarias trata as cuestións nacionais corsa, occitana, catalá, basca, cabila, bretoa, quebequense e das nacións celtas, menos Galiza. En toda a páxina -escrita maiormente en francés (!)- só se menta o nome do noso país en 3 ocasións. O seu logotipo mesmo suma a causa asturiana, aínda que parece que o interese rematou ai pois aparentemente en ningún outro punto se menta esta reivindicación nacional.
8 comentariosen nacionalismo
tags: nación, solidariedade, lingua karma: 248.00
votos de usuarios: 32, votos anónimos: 14

comentarios

  1. #1   

    o galego não é uma língua minoritária; é uma língua falada por 230 milhões de pessoas... não há nada a denunciar... não está a bandeira portuguesa? :-P :-D

    votos: 6, karma: -12
    escrito por alema hai 90 dias 3 horas 24 minutosalema
  2. #2   

    En todo caso de ser....igual e culpa nosa

    votos: 1, karma: 30
    escrito por doceasubio hai 90 dias 3 horas 20 minutosdoceasubio
  3. #3   

    O que nom entendo é porque pos causa asturiana em cursiva, cheira a pensamento chungo de "somos mais ca os asturianos" ou "temos mais dereito" ou algo assim, as comparaçons som moi chungas.

    #2 Totalmente de acordo contigo, a culpa será dos galegos e galegas que estam em loita que nom participam do foro, a ideia de chorimicar porque nom nos ponhem no logotipo paréceme penosa igual que contar as veces que se nomea a Galiza, e o tema de que esté escrito em frances.... só faltaría que sem participar no foro, a web estibese escrita em galego.

    votos: 3, karma: 25
    escrito por Damch hai 90 dias 1 hora 49 minutosDamch
  4. #4   

    #3 Non se ofenda ho, só quería suxerir que é un movemento aínda moi tímido.
    Nun foro dese tipo son habituais as referencias a outras nacións en loita, aínda que non haxa un número de participantes directos desa nacionalidade no foro nin un tema específico. Por iso o dato do número de referencias.
    Tampouco dixen que a web teña que estar en galego, só que me sorprendeu que nun foro de defensa dos pobos e linguas minoritarias practicamente o único idioma empregado sexa o francés.
    Na miña opinión a conclusión da chuzada é que entre esa poboación concienciada e solidaria coas reivindicacións nacionais ou non se nos considera nación en loita, ou non nos coñecen... en todo caso algo paréceme que algo está a fallar no contacto con eles.
    (como andamos hoxe, eh?)

    votos: 1, karma: 26
    escrito por maceirax hai 90 dias 55 minutosmaceirax
  5. #5   

    #4 Para que se nos considere nación en loita ou nos coñezan é claro o que hai que facer... participar.

    votos: 0, karma: 19
    escrito por Galegoman hai 90 dias 52 minutosGalegoman
  6. #6   

    tampouco existe para kaosenlared :-D

    # TERRITORIOS

    * Terrassa i Comarca
    * Països Catalans
    * Euskal Herria
    * Extremadura
    * Madrid
    * Estado Español
    * Internacional

    votos: 3, karma: 55
    escrito por berto hai 90 dias 49 minutosberto
  7. #7   

    #6 :???

    votos: 0, karma: 15
    escrito por maceirax hai 90 dias 41 minutosmaceirax
  8. #8   

    Parece-me evidente que o foro esse está feito por gentes do Estado francês e por isso a língua principal é o francês e aparecem o foro catalám, o occitano, o corso, o bretom, o basco e depois o quebequês e o cabila. E o das naçons celtas, que nom nos incluem (se nom me engano quitando os festivais de música nom costumamos aparecer nas reivindicações políticas da causa celta). O das bandeirinhas, pois umha curiosidade. Nom vejo a notícia por ningures...

    votos: 0, karma: 6
    escrito por maria_castanha hai 88 dias 20 horas 55 minutosmaria_castanha

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]