www.galiciae.com/nova/7708.html
enviado por Galegoman hai 177 dias 21 horas 9 minutos, publicado hai 177 dias 10 horas 41 minutos
Galiza produciu en 2006 un total de 27.914 gigavatios hora (GWh), pero só consumiu 19.199 GWh. O resto da potencia eléctrica destinouse a outras rexións españolas. Deses 27.914 GWh xerados en Galiza durante o exercicio de 2006, case un 46% procede das centrais térmicas (12.826 GWh) e un 23% das centrais hidráulicas (6.594 GWh), mentres que a queima de fuel xerou só un 1,3%. Pola súa banda, o réxime especial -principalmente enerxía eólica- produciu o restante 30%.
comentarios
Relacionada: chuza.org/historia/varias-familias-vivem-sem-electricidade-ao-lado-do-/
E se lle descontamos Alúmina, ou como se chame agora, queda que consumimos pouco máis do 50%
tamén facemos traballos para multinacionais por soldos de risa, tal como no terceiro mundo
Agora xa entendo ese anuncio do bloque de que somos unha potencia... si .... unha potencia explotada descaradamente e se escrúpolos, pra que? esacarallar ríos e innzar os montes de muíños para logo que se venda por ahí afora sen recibir nada a cambio
#4 Diches no cravo. ¿Para cando un imposto a estas empresas?
PD: Soñar sae de balde.
Quase a metade da electricidade gerada em Galiza tem coma orige o carvom importado, e quando entrem em funcionamento os ciclos combinados haverá que engadir o gás, tamém importado. E, se falamos de energia em geral, e nom só de electricidade, importamos todo o petróleo que consumimos e imos começar a importar azeites para elaborar agrocombustíveis.
Galiza exporta electricidade, mas importa energia. Quem "coloniza" logo? Quantos partidos políticos e sindicatos apoiam o feche das térmicas neste país? (por nom falar de galegos e galegas em geral).
Signatus, é evidente que Galicia non é autosuficiente en materia enerxética. Mais non hai nin unha soa comunidade que o sexa, pois o uranio das centrais nucleares non se cultiva en Guadalaxara (impórtase), nin o gas dos ciclos combinados está na profundidade de Soria (impórtase). O único que lle dá autosuficiencia enerxética a España é o carbón dalgunhas minas, como o que se usa en Compostilla.
Tendo en conta isto, a cuestión é ver onde se están potenciando as renovables, que en realidade si son as que dan "autosuficiencia enerxética" a un país. Aí é onde Galicia destaca, e exporta. É lider en produción eólica (ten menos potencia que Castela A Mancha, e aínda así produce máis), e sobresae na hidráulica. A pregunta é: ¿como repercuten eses danos ambientais e sociais en Galicia?
Ningunha comunidade é autosuficiente en enerxía, polo menos ata que apareza petróleo nas serras de Cuenca. Pero os encoros, os parques eólicos e as térmicas... ¿onde carallo están situados?
Galegoman. Deculpa, mas esse titular é errado. Quando alguém exporta algo quer dizer que cobra uma contrapartida por esse algo q exporta. Não é o caso. O títular adequado aí seria. "Galiza regala 31% da energia elétrica que produz" ou algo similar.
Remitome ó meu comentario de outra nova chuza.org/historia/jove-tojeiro-e-barreiras-contan-co-vento-e-co-bng#c5 sobre o tema...
O comentario de Bautista é moi acertado. O mais triste é que esas empresas enerxéticas que producen eiquí asolagando vales, afumando aires e poñendo muiños en Galicia pagan os impostos en Madrid.
Titular: O 31% da enerxía producida en galicia vai para outra parte.