www.elcorreogallego.es/index.php?option=com_content&task=blogsection&i...
enviado por ausente hai 99 dias 16 horas 35 minutos, publicado hai 99 dias 8 horas 49 minutos
Heineken, La Fábrica de Chocolate e Fankani Produccións pretenden obter a mesma repercusión que o festival levantino co proxecto Galicia Escoita. Ou sexa, crear unha marca común para o Festival FAX (Ourense), Cultura Quente (Caldas de Reis), Mar de Fondo (Noia), Vibrasons (Pontevedra), Sonearte (Viveiro) e Reperkusión (Allariz). ¿Chapuza ou inxenio?
comentarios
E o Artenativa de Valga? Esse é o auténtico Benicassim Galego... grupos galegos indies a tutiplen! Eu se nom convidam aos loucos de Porqueyolovalga nom vou chuzar
)
Compartir é vivir!!!! Radchenko e o chorbo de Coristanco!!!! (brincadeiras para iniciados
Cómo carallo se pode votar negativo? Beni...qué? Están de coña, verdade? Eu voto chapuza. 5 de 6 festivais da fábrica de chocolate. Presentan como algo novo que Heineken lle dé cartos á fábrica? ?!?!?!
O FIB vale 170 ouros... eu como que paso... En Galicia andamos ben servidos de concertos (e polo menos non teño queixa) www.last.fm/events/?l=8039805= E se queres algún viaxas, que tampouco vai estar todo na porta da casa
#1 Alguén podería explicar quen é o chorbo de Coristanco (vin algo nun blog, pero non me entero) e a súa relación con Radchenko?
Agradecido.
Boas pois eu penso que é unha boa iniciativa, e xa é hora de que os Resentidos Galegos disfruten da musica e se deixen de criticar todo o que se fai neste país, e que a eles non lles gusta. Un forte abrazo e veremonos en todos os festis de Galicia Escoita. Noraboa pola iniciativa.
SEmpre estamos chorando de que aquí non vén ninguén nin temos festivais e despois veremos cantos imos. Coma o de VAlga do ano pasado, que estiveron catro grupazos indies galegos e estabamos catro cans. E voto que si, é máis, o recinto da Semana Verde sería un marco incomparable, full of facilities!
#4 Vem este ano por Valga e explicamos-che todo
#5 Já vai sendo hora de que a gente deixe de se mirar no espelho de Benicassim... que querem um festival para guiris? e se nom é isso o que querem para que nomear Benicassim... seguro que seria melhor falar do Viña Rock que por algumhas das iniciativas semelha mais próximo que Benicassim e já postos a ter um na casa... temos Paredes de Coura. Penso que isto é como se tres diretores de cinema galego dixeram vamos fazer Titanic e logo algum me chamara Resentido por renegar de tal ideia... Titanic é umha merda e o FIB nom é nada do outro mundo... salvo um come-euros!
O autoodio começa justo ai fronte ao espelho distorsionador da realidade...
Xa pensaba, lendo os comentários, que entendera mal a nova. Pero non. Pon Agrupa en un circuito los seis festivales del verano, non facer un macro-festival tipo Benicássim. Se é iso que se borre o meu voto. Non quero macro-nada. A mostra de para que serven as macro-cousas está no Gaiás.
Aproveito para pedir a renuncia do seu posto do/da jornalista do jornal que vaia jeito de redactar umha notícia... tanta gentinha desempregada trabalhando em inditex e algum a viver do conto...
É que isto é un enganabobos. Resulta que 5 dos 6 festivais foron creados pola mesma promotora. É dicir, simplemente agora o tema é que deciden facer mínimo común múltiplo tirando dos cartos de Heineken. Eu non me opoño, nin me vai nin me ven, pero tal como o presentan están enganando á xente. Non son 6 festivais distintos os que se unen, senon dúas promotoras que entre as dúas montan 5+1. Todo iso presentado na marabillosa Fundación Autor compostelana. É xenial!