www.agalega.info/videos/?orixe=2&texto=chistes+galegos#
enviado por Garrano hai 100 dias 14 horas 24 minutos, publicado hai 100 dias 8 horas 41 minutos
Unha vez máis sae un livro de "chistes de gallegos" coa sua xa habitual carga xenófoba. Se o mesmo suposto se dera para con outras colectividades, homosexuais, ciganos, negros... teriamos unha polémica, mais neste caso trátase de galegos, ou sexa, os que nunca se queixan, ou case nunca. Por sorte ainda queda algo de dignidade entre os galegos de Arxentina, algúns deles non dubidaran en demandar á xustiza aos autores e editorial que exibe estes días na Feira do Livro de B. Aires. O autor agochase baixo un pseudonimo.
comentarios
algo de razón seguro que leva o libro
Dirá algo o embaixador da emigración Sr. Cortizo? A que se adica este home? E a Conselleira de Cultura Sra. Bugallo? Pensará asistir a esta Feira do Livro un ano destes?
Por certo Editorial Sudamericana:
www.edsudamericana.com.ar/fichalibro/?isbn=9789500729178
» ver comentario
#3 aínda que seguro que o comentario desaparecerá por votos negativos avísote que xusto ese tipo de comentarios non encaixan nada ben nas condicións de uso de chuza, polo que o seguinte que fagas de ese tipo non será eliminado a negativos, senón por min, e se hai outro a túa conta será suspendida...
se non estás de acordo con algo seguro que podes discrepar con outras palabras...
#3 Pois si que te sentiches ofendido, meu. Eu como son unha galega sen dignidade tanto me ten o que poñan os libriños eses de chistes, pero vexo que hai outros que axiña vos poñedes tolos. Que pasa, son mellores os teus insultos cós dos arxentinos?
Desculpade os insultos a orsinia a berto e aos demáis usuarios. Considero a autocritica, sa sexa esta individual ou colectiva coma un sintoma de madurez. Considero así mesmo o quitarlle ferro a xenofobia e ao racismo un sintoma de estupidez.
O enlace directo é este: www.agalega.info/videos/?emi=26921
Se cadra o chiste do galego con Hitler e Bin Laden máis a pistola agocha algunha "razón" que non acado a entender. Algún/ha que tivera o detalle de consultar a noticia poida que non lle importe explicarmo. No 01:17" do video enlazado por Galegoman.
isto so ten a importancia que se lle dea... para min, ningunha
Concordo con #9...
Mellor non meneallo, a ademais, que coño, temos que aprender a rirnos de nos mesmos...
Por certo, eu non censuraría a #3, penso que na idiosincrasia natural do falar dos galegos están isas expresións, e non hai que tomalas a mal...
¿No chamaban en moitos sitios aos galegos "os carallos"?... e supoño que é fácil entender o motivo...
#10 Sintocho moito costadamorte mais a chuzada segue a subir. O de Pepe Muleiro é un pseudonimo, probabelmente o autor non é galego e coa mesma non sexamos nós os que nos estamos a rir de nós mesmos, cousa que sería en todo caso moi saudábel... En calquera caso cóido que se trata de xenofobia e non de humor, se ti atopas humor no chiste que non estou a pillar e polo cal pergunto en #8 , ao mellor serías tan amabel de me dicir onde está a graza.
Maravilhosa a neutralidade da TVG: "pois a ver como se resolve este assunto". Mijam por nós e temos que dizer "pois a ver como se resolve este assunto".
Talvez seja a Argentina e toda a Latinoamérica quem deva apreender a rir de si próprios e deixar dumha vez de nos tocar o caralho. As piadas após um tempo acabam por cansar. Em saber parar a tempo está diferença entre quem é ocurrente e quem é fato perdido.
Que Deus lhes conserve o humor, que boa falta lhes fai.
O próprio Governo Galego (que está para isso) deveria ser o encarregado de denunciar ao autor (e editorial) desse livro. Para que serve a delegação da Xunta aberta em Buenos Aires? O salario que cobra a Sra. Mª Xosé Porteiro (responsável da delegação) é para quê?
#1 Muito desafortunado o teu comentário.
#13 MaisUm, muitos chuzeiros nunca viviron na emigración e nunca lle tocou escoitar para eles ou para a suas familias aquilo de "gallego de mierda". Mais todos tranquilos, somos un pobo con altas doses de auto estima que xa case chega ao chauvinismo... non hai de que se preocupar.
#12 Por sorte a TVG neste caso fíxose eco da noticia, outros medios ou non saben ou non queren saber.
xenofobia?!? Medo ao de fóra? Non... isto é racismo. COmo podedes ver o tipo é de orixe "tano" (italiano), que polo que teño entendido sempre se levaron mal cos outros inmigrantes maioritarios naquel país. É algo semellante ao que lles teño escoitado aos inmigrantes oriundos de Castela con respecto aos oriundos de Galiza, na diáspora vasca.
Aquí tedes ao impresentable este (Ricardo Parrotta): www.elmundo.es/encuentros/invitados/2003/02/633/
Que pensarían en Arxentina dun posible libro "Superchistes de sudacas"??
Que collan cada chiste dese libro e troquen "gallego" por "argentino" e a ver se lles fai graza...
Unha cousa é rirmos de nós mesmos e outra moi distinta que se rían de nós. Grazas a Deus xa non somos tan mansiños coma antes. Parece que algún aínda non se decatou...
Por suposto a denuncia non prosperará, amparada na liberdade de expresión. Pero penso que un boycott contra esa editorial e todos os seus clientes por parte dos millóns de galegoarxentinos e protesta formal do noso goberno, poderán ser máis efectivos.
Por suposto a denuncia non prosperará, amparada na liberdade de expresión...
A liberdade de expresión non ampara os delictos de racismo e xenofobia contemplados no código penal español. Non sei se en Arxentina terán algunha lei contra do racismo ou algo polo semellante, en calquera caso tratase de inxurias e calumnias contra dunha colectividade e isto si que ten posibilidades de prosperar, sempre e cando a avogacía e os apoios sexan efectivos.
Eu teño familia en Venezuela e o racismo antigalego está moi presente naquela sociedade. Se o goberno galego ou, algún membro do goberno galego di BASTA! abofé que sería ben correspondido polas comunidades galegas destes paises.