Fillos precisa axuda para custear o seu novo servidor

Se me perdoades a auto-chuzada... Quero que saibades que agora por 25,44 euros podedes ter 10x10 pixeles na Parcelaria.com ate o ano que ven e axudarnos a pagar o novo servidor dedicado ao que nos tivemos que trasladar para aturar o preto de millón de páxinas vistas que temos ao mes. Ese mapa tense que encher, compañeiros!!
34 comentariosen rede
tags: fillos, parcelaria, emigración, net-art karma: 192.83
votos de usuarios: 18, votos anónimos: 31

comentarios

  1. #1   

    Loxicamente non pretendemos financiar coa Parcelaria unicamente os 5 mil euros que nos sae en total o servidor, os back-ups, etc. senón que precisamos poder contratar máis persoal cás 5 h/día que podemos pagar, nunha precariedade abraiante, ao noso único traballador. ;)

    votos: 0, karma: 0
    escrito por casdeiro hai 431 dias 17 horas 36 minutoscasdeiro
  2. #2   

    Desculpa, um milhão? não quadram as contas: Technorati diz que há 175 ligações a fillos.org, 90 Google e na Alexa estais no posto 462.156...

    Com estes números semelha difícil ter um milhão de visitas ao mês.

    Criatividade estatística...? negocio...? fachenda...?

    votos: 0, karma: 0
    escrito por roicinho hai 431 dias 2 horas 11 minutosroicinho
  3. #3   

    Home, roicinho, non sei eu que fórmula aplicas para calcular el número de visitas en función desas 3 variables (sobre todo a link-pop de google que xa é ban sabido que agachan datos), pero xa ma podías pasar porque sería todo un descobremento! ;)

    Por certo, tamén podías ter ollado o noso pagerank, que é de 5, nonsí?

    votos: 0, karma: 0
    escrito por casdeiro hai 431 dias 1 hora 48 minutoscasdeiro
  4. #4   

    Ademais, ninguén dixo "un millón de visitas", senón "páginas vistas". É unha diferenza básica que deberías facer antes de sementar dúbidas.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por casdeiro hai 431 dias 1 hora 47 minutoscasdeiro
  5. #5   

    Igual tamén desconfías das nosas propias estatísticas, pero velaquí as tes ti e calquera que queira comprobar o tráfico que temos: www.fillos.org/dinastats2/

    votos: 0, karma: 0
    escrito por casdeiro hai 431 dias 1 hora 44 minutoscasdeiro
  6. #6   

    E por certo, nin tan sequera deches ben a link-pop en Google. Acabo de comprobar que é 295: www.google.com/search?q=link%3Awww.fillos.org

    votos: 0, karma: 0
    escrito por casdeiro hai 431 dias 1 hora 43 minutoscasdeiro
  7. #7   

    Certo, desculpa a minha precipitação: quiz dizer páginas vistas.

    Ainda assim vejo que se trata do primeiro: um exercício de criatividade estatística.

    Esses três dados abondam para ter uma ideia da imporatancia da web (alexa, technorati, google).

    A página principal foi vista umas 18.000 vezes em maio. Uma boa coisa, pêro que implica uma interpretação mais realista. As estatísticas há que filtra-las antes de usar. Ter 262144 dos EE.UU tem uma explicação, não sim?

    Ainda assim, fico obrigado por publicar as estatísticas, que sempre está bem recolher dados de outras webs.

    O que não entendo é que se tantas visitas diz que tes: como é que não da mais dinheiro?

    votos: 0, karma: 0
    escrito por roicinho hai 431 dias 48 minutosroicinho
  8. #8   

    Copio e pego de Vieiros:

    Coa campaña pretenden financiar os gastos do novo servidor, necesario para soportar o crecente número de visitas, e mais os salarios dos traballadores do portal.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por amieiro hai 430 dias 21 horas 22 minutosamieiro
  9. #9   

    Tudo semelha mui exagerado, a verdade. A carga sob o servidor de fillos.org não é nada excepcional.

    Por certo, Fraga também diz que fixo o melhor para Galiza. Outra coisa é que concordemos com ele.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por roicinho hai 430 dias 19 horas 33 minutosroicinho
  10. #10   

    que ROICINHO discorde das estatísticas e fórmulas de cálculo apresentadas por Casdeiro, isso não lhe dá direito a utilizar a lábia do fascista criminoso, homem de campo do ditador Franco, como termo de comparação.
    Registo a ofensa e não desculpo!
    !GALIZA VIVE EM NÓS!

    FRIDAMARGA
    SÓCIA Nº 62 DA ASOCIACIÓN CULTURAL FILLOS DE GALÍCIA

    na rede desde 1997!!!
    www.fillos.org

    votos: 0, karma: 0
    escrito por fridamarga hai 430 dias 16 horas 35 minutosfridamarga
  11. #11   

    #10, o meu comentario era por #9. Há gente que tem um problema aceitando que Fraga foi votado pola maioria dos galegos durante muitos anos. Foi terrível para o pais, mais foi a maioria dos galegos quem decidiu que fosse o presidente.

    E o das estatísticas não há outra: não podes contar como visitas reais as feitas no gestor do sitio ou os robots, ou similares. As unicas que valem são as feitas por pessoas que visitiam a parte publica da web.

    Não pude evitar lembrar este video:

    youtube.com/watch?v=9G_8a5ybLbo

    Um saudo

    votos: 0, karma: 0
    escrito por roicinho hai 430 dias 15 horas 28 minutosroicinho
  12. #12   

    por certo, os 5000€ de alojamento semelha uma barbaridade para a web que é. Ao melhor havia que começar por rebaixar custes dentro da casa.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por roicinho hai 430 dias 15 horas 26 minutosroicinho
  13. #13   

    #12 Roicinho, deixa de facer de inspector Closeau :-P

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Kiko_das_leiras hai 430 dias 15 horas 22 minutosKiko_das_leiras
  14. #14   

    #13, por que? o inspector Closeau é tão entranhável...

    Há muita vaca sagrada nacional!

    votos: 0, karma: 0
    escrito por roicinho hai 430 dias 10 horas 37 minutosroicinho
  15. #15   

    Desculpade por terzar,

    Roicinho: esta cadea de comentarios comezou penso que pouco afortunadamente cuestionando dun xeito ou doutro o proxecto fillos.org. Independentemente de como se queiran interpretar as cifras que públicamente (gostariame ver a outros moitos "medios" da internet galega que se gaban de ser o non-plus-vltra en Alexa ofrecer as estatísticas de seus servidores).

    Penso que o enroque da discusión leva a dicir cousas que están fóra de sitio e das que non creo que ti mesmo acredites, como o custe do servidor (pode custar eses 5mil e máis); pero tamén clarexan que é para gastos adicionais, entroutros o de persoal que mantén o sitio. Outra afirmación como que moita...

    » ver todo o comentario

    votos: 0, karma: 0
    escrito por derrelicto hai 430 dias 59 minutosderrelicto
  16. #16   

    Olá Xaps,

    Não podo evitar um sorriso ao ler o teu comentario; vejo que tens feito uma completa tarefa de investigação ;)

    Concordo contigo: não se fale mais!

    votos: 0, karma: 0
    escrito por roicinho hai 429 dias 11 horas 49 minutosroicinho
  17. #17   

    Xa que sodes una asociación constituída, apoiavos a Secretaría de Emigración, por que non solicitades aloxamento no CESGA?

    votos: 0, karma: 0
    escrito por ascarida hai 429 dias 11 horas 30 minutosascarida
  18. #18   

    Carallo, xaps, grazas pola info, agora entendo todo mellor!! ;)

    E ascarida, grazas polo teu consello, a verdade é que non sabiamos que se podía solicitar. Non dubides que o imos ter en conta.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por casdeiro hai 428 dias 21 horas 28 minutoscasdeiro
  19. #19   

    De todos xeitos son escéptico a priori sobre o de que o apoio que nos presta (?) a Secretaría de Emigración poida aforrarnos custos de aloxamento, habida conta de que eles tamén están pagando polos seus hostings.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por casdeiro hai 428 dias 21 horas 26 minutoscasdeiro
  20. #20   

    Por certo, non entendo moi ben a quen ven no fundo todo este ataque e desconfianza do roicinho. Nótase que non visita nunca Fillos, polo menos non ultimamente porque tería visto que (con independencia das cifras, nas que tanto se fixa) o noso servidor estaba nas últimas. Aconsellados polo noso fornecedor, Dinahosting, tivemos que pasar ao servidor superior, para poder mover o MySQL sen que fixera kaputt cada 2x3. Igual é que eles nos enganan, non sei. Para a vindeira vez acudiremos a que nos asesore esa empresa: Galinus.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por casdeiro hai 428 dias 21 horas 20 minutoscasdeiro
  21. #21   

    não é a primeira vez que posteas algo em Chuza e nunca fiz um comentario, mas esta vez todo cheira algo raro. Os 5000€ são uma barbaridade ou estades a montar um negocio com fillos.

    Plano profissional+ de Dinahosting: 700€ anuais, back-up diario, etc, etc.

    www.dinahosting.com/es/hosting/profesionalPlus/?dh4sid=e7c0f2bbc29b1b2d

    votos: 0, karma: 0
    escrito por roicinho hai 428 dias 20 horas 2 minutosroicinho
  22. #22   

    E como semelha que gostas do 'marketing viral' :-P e escreves coma um furacão, eu deixo este comentario para que esta chuzada siga sendo vista nas "mais comentadas".

    votos: 0, karma: 0
    escrito por roicinho hai 428 dias 19 horas 59 minutosroicinho
  23. #23   

    #21 Non tes nada melhor que facer Roicinho...

    Os teus argumentos son probres e as túas intencións un pouco escuras.

    Se non tes nadar que facer podes apuntarte na seguinte ligazón a diversas actividades onde podes conhecer a xente nova a fantasear noutras leiras...

    www.ucm.es/info/solidarios/frames/f_servicios.htm

    Deica

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Kiko_das_leiras hai 428 dias 19 horas 57 minutosKiko_das_leiras
  24. #24   

    #23 Argumentos pobres? quales?

    votos: 0, karma: 0
    escrito por roicinho hai 428 dias 19 horas 27 minutosroicinho
  25. #25   

    #24 Comentarios: #2, #7 e #21

    Isto xa comeza a cheirar mal :-P

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Kiko_das_leiras hai 428 dias 19 horas 25 minutosKiko_das_leiras
  26. #26   

    #16, As vezes estou tocagüevos e atá falo castelhano :-P

    De novo acho que o teu conselho é o mais sensato. Calo.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por roicinho hai 428 dias 18 horas 59 minutosroicinho
  27. #27   

    A ver, Roi, ou Rodrigo ou... Se queres saber por que pagamos o que pagamos por que non preguntas? E eu escribo tanto porque non podo deixar que segas a enlixar o bo nome de Fillos, que xa abondo temos cos que non axudan, como para ter que aturar que nos des-axuden. Para a túa información, que nunca agachamos, e se te pararas a visitar Fillos xa saberías a estas alturas, nós temos contratado un servidor dedicado porque non hai quen ature como viciño a un web con tanto tráfico e consumo de máquina coma o noso. O actual é xa o segundo que temos! Comezamos co máis básico e baratiño que tiña Dinahosting e agora pasámonos ao seguinte, o cal foi un esforzo terrible porque tiñamos un b...

    » ver todo o comentario

    votos: 0, karma: 0
    escrito por casdeiro hai 428 dias 17 horas 5 minutoscasdeiro
  28. #28   

    E unha derradeira cousa, roicinho. De acordo con que contabilizar as visitas invisibles, as dos robots, etc. non vaia á efectos de contar visitantes reais ou persoas, pero as efectos de consumo de largura de faixa, e de procesador... seica non contan ou? En fin, macho, que non sei o que che fixo Fillos, pero se tes algo contra min critícame a min noutro lugar e deixa en paz a nosa Asociación.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por casdeiro hai 428 dias 17 horas 2 minutoscasdeiro
  29. #29   

    E dígame vostede cos 700 euros que ten de custo o aloxamento do Plan profesional plus windows (xa vexo que vostede visitou a nosa web), se o fixera xa se decataría de que o Windows témolo "missing", como lle damos contas de correo os nosos 4700 membros a data de hoxe, e moitas mais cousas.
    O que hai que ter é unha pouquiña de seriedade cando se fala de cousas que se descoñecen, xa sabe falar por falar.....fala calquera, agora falar dicindo cousas que sexan verdade é outro mundo que moitos non descobren en toda a súa vida.
    Se vostede chegara a visitala nosa paxina decataríase de moitas cousas, claro que o mellor a súa intención é outra moi de moda nos derradeiros tempos......esp...

    » ver todo o comentario

    votos: 0, karma: 0
    escrito por edreira hai 428 dias 12 horas 56 minutosedreira
  30. #30   

    4700 membros, arf arf, case mellor montar un match.com

    votos: 0, karma: 0
    escrito por ascarida hai 427 dias 21 horas 55 minutosascarida
  31. #31   

    Eu penso que roicinho non sabe o que está a facer. Non é consciente do dano que pode facer difamar desta forma a unha entidade non lucrativa, co momento que está pasando o sector, e xa sabemos que só se ve o que sae na tele e que por un pecador pagan 100 xustos... Eu invitaríao non só a visitar Fillos senón a se dar unha volta pola nosa oficina en Barakaldo, ver en que condicións traballamos, escoitar a nosa historia, coñecer ás persoas que facemos e utilizamos esta comunidade virtual... Quen e como erguemos esta historia. O tratamento que nos deu o anterior goberno galego, o que nos dá este... os centos de portas que temos tocado para recibir como moito unha palmadiña na espalda...

    » ver todo o comentario

    votos: 0, karma: 0
    escrito por casdeiro hai 427 dias 13 horas 13 minutoscasdeiro
  32. #32   

    Quero puntualizar un dato do meu compañeiro edreira: cando di "como lle damos contas de correo os nosos 4700 membros". Loxicamente non damos contas de correo en DeGalicia.org a todos eles. Hoxe en día só os socios desfrutan dunha conta de mail gratuita nese dominio, así como dun blog e doutros pequenos agasallos que temos con eles como deferencia por seren os únicos que pagan cota e apoian de maneira constante (son os nosos únicos ingresos fixos!!!) o proxecto. Puntualmente temos vendido contas de e-mail nese dominio a quen lle interesaban, por medio de tenda.fillos.org e regalado a algúns membros que participaron nunha enquisa. Pero debo aclarar que non, non damos e-mail de balde a 4.700 membros... por desgracia.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por casdeiro hai 427 dias 13 horas 9 minutoscasdeiro
  33. #33   

    Por certo, para os "realmente" interesados en coñecer como funciona Fillos de Galicia, ou que ingresos e gastos temos, a onde vai o que se ingresa na Parcelaria.com e outras vías que temos, estaremos moi gostosos de os atender nos nosos mails de contacto: fillos@fillos.org etc.

    Tamén pode descargar www.parcelaria.com/proxecto-parcelaria-GL.pdf onde veñen un desglose dos ingresos anuais.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por casdeiro hai 427 dias 13 horas 7 minutoscasdeiro
  34. #34   

    Ascarida, non penses que non sabemos o importante que é a cantidade de membros que temos inscritos e sabemos que debemos traballar arreo para lograr que esa importancia numérica se traduza nunha maior rendabilización e que sen perder o noso carácter gratuito, mediante publicidade online ou novos servizos (mesmo o que dis ti dos contactos podería ser interesante), poder obter algúns ingresos maiores, precisamente para poder atender mellor a eses usuarios e fornecerlles máis e mellores contidos.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por casdeiro hai 427 dias 13 horas 2 minutoscasdeiro

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]