Fillos.org supera os 6.000 membros e afiánzase entre as principais comunidades virtuais da emigración

Fillos.org supera os 6.000 membros e afiánzase entre as principais comunidades virtuais da emigración
Fillos.org, portal da emigración galega que ten xa tras de si máis dunha década unindo aos galegos do exterior e do interior a través das novas tecnoloxías, vén de superar a cifra de seis mil usuarios rexistrados. Con este número total de afiliados e con claras perspectivas de ampliación a curto e medio prazo, a comunidade virtual sitúase entre as oito de maior envergadura do mundo.
6 comentariosen rede
tags: fillos.org, emigración karma: 187.00
votos de usuarios: 31, votos anónimos: 17

comentarios

  1. #1   

    Esto apoia a tese de que sen sabelo e a pesar das curiosidades políticas, a nosa patria é aínda hoxe a máis nacionalista e concienciada, magoa que sexa dun xeito inconsciente no político, pero da azos para seguir a concienciar ao pobo galego de quen é , e que foi

    votos: 2, karma: 38
    escrito por doceasubio hai 92 dias 12 horas 9 minutosdoceasubio
  2. #2   

    "a comunidade virtual sitúase entre as oito de maior envergadura do mundo"
    Como se menea...

    votos: 0, karma: 7
    escrito por peeler hai 92 dias 11 horas 51 minutospeeler
  3. #3   

    Grazas pola chuzada... xa pensei que non houbera eco ningún do asunto... Ben sei que é unha cifra coma outra calquera... Mellor será o día que superemos os 6.700 e nese momento seremos o 7º centro galego en número de participantes ;-D

    Datos: www.fillos.org/galicia/modules.php?op=modload6

    O que está claro é que o titular non é moi axeitado, xa que comunidade virtual somos a 1ª que eu saiba, e a nivel global tradicionais/virtuais, o 8º.

    votos: 1, karma: 13
    escrito por casdeiro hai 91 dias 18 horas 31 minutoscasdeiro
  4. #4   

    #1 Poderías explicar o teu comentario, doceasubío? Semella interesante e congratúlame que se pense así a raíz da nova, pero non acabo de pillar por que dis que "máis nacionalista"...

    votos: 1, karma: 13
    escrito por casdeiro hai 91 dias 18 horas 30 minutoscasdeiro
  5. #5   

    #4 O concepto de nación que teñen os galegos non se amosa como en Euskadi ou Catalunya de forma belixerante , por contra un votante do PP que se atopa contigo fora de Galiza, ao momento establece inconscientemente unha empatía contigo que non ten con un de Soria (ex), aínda cando o coñecese antes. Tamén podes ver como se asocian en grupos non cerrados a ninguén, pero onde sempre está presente Galiza, e establecen como os irlandeses unha especie de pacto de autoaxuda. Esto xurde ao longo da historia espontaneamente, alá onde mires, hospitais ,bibliotecas, escolas de indianos,...Se ti vas identificado como galego por Europa, asegúroche que non te cruzarás con un galego sin sabelo, esto vivino moitos anos, en moitas viaxes, e con xente de todo o abano político, ou xeralmente sin interés ningún na política, Xurde como unha chama..desde o fondo da alma

    votos: 0, karma: 19
    escrito por doceasubio hai 91 dias 18 horas 9 minutosdoceasubio
  6. #6   

    #5 Si, iso é certo. Eu teño a mesma experiencia e é algo gratificante. Supoño que Fillos é en certa medida consecuencia diso. Grazas por facer o vencello entre ambos fenómenos :-)

    votos: 1, karma: 13
    escrito por casdeiro hai 91 dias 3 horas 31 minutoscasdeiro

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]