www.ciberirmandade.org/sitio2007/component/option,com_obxetivos/task,e...
enviado por Cleoninha hai 429 dias 19 horas 32 minutos, publicado hai 429 dias 14 horas 57 minutos
Nova campaña da Ciberirmandade da Fala sobre a
Feira Internacional de Galicia xa que a súa páxina web está en castelán e inglés pero ningún sinal que mostre aos visitantes que se atopa na Galiza, un pais con lingua e cultura diferenciadas. Máis:
www.gznacion.com/web/notic.php?ide=3765 www.ciberirmandade.org/sitio2007/content/view/318/1/ Colaborade!
comentarios
Por que lixo, autobombo? se chuza.org/historia/froiz-unha-empresa-galega/
Se queredes colaborar: www.ciberirmandade.org/sitio2007/component/option,com_obxetivos/task,e/
Chuza a fonte orixinal e bla bla bla, xa sabes o resto...
Por chuzar a fonte orixinal, votáronme autobombo, agora cambieina pero agora cámbioa outra vez
e como esta a votan lixo vala volver mandar?, tres veces a mesma...
Non a volvo mandar simplemento edito. Gracias ascarida
E indo ao conto.... que ven sendo eso de identificarse coa sociedade á que pertences?
¿PROBA SUPERADA? A web xa ten versión en galego.
Coido que a desaparición do galego da web foi un accidente, pois a web era trilingüe dende hai bastantes anos.
baaaaaaa .... asi calquera!
Boas,

Grazas por chuzar esta nova Cleoninha. O dos votos negativos nas novas da CiberIrmandade é bastante fracuente. En chuza! existen algúns usuarios anti-CiberIrmandade e votan sistematicamente en negativo todo o relacionado coa CIF. Non te preocupes por eles
#7 Eu non creo nos accidentes. Por que sempre pasa algo nas versións galegas?
Grazas as máis de cen persoas que enviaron o prego estes primeiros días da campanha
Estou absolutamente a favor das iniciativas da Ciberirmandade. Co que non concordo é con que se apunte éxitos que lle son alleos, como ten acontecido nalgunha ocasión -nesta, na da Deputación de Lugo...-. Se hai máis webs en galego é en beneficio de todos e non duns poucos. Por certo, espero que esta campaña comezase antes do día 12, pois, segundo a caché de Google, ese día xa había versión en galego da web da Semana Verde esta.
#10 Modesto ti es unha mala persoa
Modesto: fun eu quen publicou no web da CIF a campaña que outros prepararon. O fixen a madrugada do sábado a domingo, día 16, e nese intre verifiquei que a información facilitada polos demais, como o correo electrónico e URL eran correctas. Xa que logo, a madrugada do 16 entrei no web da Feira, e aseguro que non tiña opción en galego, nin ese día nin o día 4 de maio de 2006, data na que un usuario da CIF fixo a proposta inicial de ir a pola Feira. Estamos a falar, polo tanto, de mais dun ano, polo menos, sen versión galega. De antes, nin idea.
En todo caso, se non houbesen recibido os correos de todos os que participaron, non teriamos nestes intres versión galega.
Pois mira: 209.85.129.104/search?q=cache:IVLqdsxKyGkJ:www.feira-galicia.com
E tamén me estraña que fixesen a tradución tan rápido.
Si, tes razón en que aparece a data 12/9/07 como captura dese web. Eu non teño coñecementos para discutir o funcionamento do google, se misturan capturas con cousas actuais, se influe nalgo que haxa scripts php polo medio ou non, pero eu, e a xente que participou na preparación do obxectivo, puidemos comprobar que non existía versión galega. Non estou seguro, pero teño a idea de que na columna esquerda non daba opción de idioma, sendo debaixo do flash superior onde aparecían unhas bandeiras ou ligazóns para cambiar de idioma español/inglés.
Para quen poña en dúbida a nosa palabra, convidolle a visitar esta ligazón:
www.ciberirmandade.org/foros/viewtopic.php?p=16797#16797
Nela veño de deixar unha imaxe sacada de Alexa, a todas luces recente, e na que se aprecian certas diferencias no menú da Feira.
Nova no web da ciberirmadnade, sobre a existencia previa ou non de versión galega:
www.ciberirmandade.org/sitio2007/content/view/319/1/
Boas,
Esto vai por Modesto e polo debarte aberto sobre este obxetivo da CIF. Onte recibíronse varios correios de xente que participou nesta campanha no buzón:
----------------------------------------
Ao recibir o voso correio o pasado día 17, o primeiro que fixen foi entrar
na páxina da feira (non porque desconfiase da vosa información, que quede
claro, senón porque sempre que che informan de algo así a indignación fai
que queiras velo por ti mesma). O conto é que eu non vin a opción en galego
por ningún lado, e non creo que o pasase por alto porque vin moi claramente
a opción de inglés, e resulta que na "versión actual" están pegadiñas. Non
me colle na cabeza ...
» ver todo o comentario